13 febreiro: “Día mundial da Radio”

IES CHAMOSO LAMAS

O 13 de febreiro celebramos o Día Mundial da Radio, unha efeméride oficial proclamada pola ONU en 2012. A radio é neste momento, o medio informativo máis emblemático e dinámico, a pesar dos avances e novos sistemas de comunicación que apareceron no último século.

O obxectivo principal deste día é facer da radio un medio interactivo que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan á colectividade. Ademais, a radio ten a vantaxe de chegar a lugares remotos, que non é posible mediante o uso doutras tecnoloxías máis modernas.

OZOCOgz Deseño Galego

¿ Quen inventou a radio, Nikola Tesla ou Marconi ?

Aínda que quedou para a historia que o inventor da radio foi Marconi, realmente foi Nikola Tesla quen en 1985 inventou un sistema para transmitir mensaxes de voz sen fíos.

Tesla era un apaixonado da electricidade desde moi neno. Cóntase que un día, co seu gato no colo, pasou unha das súas mans polo lombo deste para acariñalo e repentinamente, viu saltar faíscas resplandecientes, coma se fosen diminutas estrelas. Tratábase de electricidade estática. Desde ese momento e durante toda a súa vida, dedicouse a investigar este fenómeno, que lle abriu as portas a un mundo máxico, cheo de descubrimentos e inventos. Un deles foi a radio.

Con todo, o crédito de tal fazaña, foille adxudicada a Marconi, quen presentou a patente antes que Tesla (en 1904) e por iso recibiu o Premio Nobel de Física.

No ano 1943 a Corte Suprema de Estados Unidos recoñeceu a Nikola Tesla como o inventor da radio e devolveulle a patente en poder de Marconi ata ese momento.

Máis información en diainternacionalde.com

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

13 de febreiro: 1929
En Santiago de Veraguas (Panamá) nace Omar Torrijos, militar e político panameño. No golpe militar que en 1968 derrocará ao presidente Arnulfo Arias xurdirá como máximo dirixente do novo réxime. Tras as eleccións celebradas en agosto de 1972, a Asemblea Nacional dará a Torrijos poderes extraordinarios durante 6 anos. Negociará con Estados Unidos que a soberanía da zona da Canle transferirase progresivamente ao Estado de Panamá, culminando este proceso o 31 de decembro de 1999.
1903
Nace en Lieja (Bélxica) o escritor belga, Georges Simenon, pai do “comisario Maigret”, entrañable personaxe literario. Por superstición, xa que nace un venres 13, é oficialmente rexistrado como nacido onte, día 12.

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

13 de febreiro: 1883
Morre en Venecia (Italia) o compositor alemán Richard Wagner. Entre as súas óperas destacan “O holandés errante”, ” Tannhauser”, “Tristán e Isolda”, ” Sigfrido” e ” Parsifal
1837
En Madrid (España), se descerraja un tiro na tempa dereita, o novo escritor español romántico Mariano José de Larra aos 26 anos de idade, ao perder toda esperanza de ver a España baixo un réxime liberal, a súa desconformidade e desalento ante o rumbo que está a tomar a sociedade española e polo doloroso abandono definitivo da súa amante Dores Armijo
1542
Enrique VIII, rei de Inglaterra e Irlanda, ordena a execución da súa quinta esposa, Catalina Howard, por adulterio, o que significa traizón ao rei. No día de hoxe é decapitada na Torre de Londres.

SANTORAL

13 de febreiro: Agabo, profeta; Esteban, Gilberto, Lúcimo, obispos; Polieuto (Policeto), Juliana, Benigno, Fusca y Maura, mártires; Esteban, abades; Martiniano, monje; Hermenegilda, abadesa; Acepsimas, eremita; Cástor, confesor.