7 de marzo: Día mundial dos cereais

IES CHAMOSO LAMAS

Cada 7 de marzo celebramos o Día Mundial dos Cereais, para resaltar a súa importancia no consumo humano, animal e na fabricación industrial de diversos produtos.

Os cereais: fonte de enerxía
Os cereais son grans provenientes das plantas da familia das poáceas, cun alto contido de vitaminas, minerais e hidratos de carbono.

HIPER MASIDE

A palabra cereal provén do latín Ceres (nome en latín da Deusa da Agricultura).

Estímase que xurdiron durante a revolución neolítica e o desenvolvemento da agricultura, introducíndose na dieta alimenticia dos seres humanos desde fai uns 10.000 anos.

Obtivéronse diversas variedades de alto rendemento de cereais (como o trigo e o millo) durante a segunda metade do século XX, na denominada Revolución Verde (1960 a 1980).

Algunos de los cereales más conocidos son los siguientes:

  • Trigo.
  • Cebada.
  • Arroz.
  • Maíz.
  • Centeno.
  • Avena.
  • Sorgo.
  • Cebada.
  • Mijo.

3 de marzo: ” Día Mundial da Vida Silvestre”

3 de marzo: ” Día Mundial dos Defectos de Nacemento”

3 de marzo: ” Día Internacional da Audición “

4 de marzo: “Día Mundial da Enxeñería para o Desenvolvemento Sostible”

BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :

clic na imaxe

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS


2 de marzo
1931
En Privolnoie, preto de Stávropol ( URSS), nace Mijail Gorbachov, político e líder reformista que en 1985 será nomeado secretario xeral do PCUS e en 1988 presidente do Sóviet Supremo e xefe do Estado. Comezará a ” glasnost” e a ” perestroika” (reforma do sistema soviético) e por tanto será o útimo dirixente da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. En 1991 producirase un intento de golpe de estado involucionista, que será freado por Boris Yeltsin. Gorbachov resultará apartado.
3 de marzo 1847
Nace en Edimburgo (Reino Unido) Alexander Graham Bell, logopeda británico, que ao longo da súa vida presentará 18 patentes individuais e 12 con colaboradores, aínda que será máis coñecido por ser o inventor do teléfono en 1876
4 de marzo 1678
Nace en Venecia (Italia), Antonio Vivaldi, compositor barroco e violinista italiano, famoso por “As Catro Estaciones” e unha das figuras máis sobresalientes da historia da música.
1394
Nace no Porto (Portugal), Enrique o Navegante, príncipe portugués e notable patrocinador de expedicións exploratorias de finais da Idade Media. Grazas ao seu patronazgo desenvolverase a navegación portuguesa.
5 de marzo 1512
En Rupelmonde (Holanda), nace Gerardo Mercator, cartógrafo e xeógrafo holandés. Concibirá unha nova proxección para o seu uso nos mapas sendo o novo que as liñas de lonxitude serán paralelas, o cal facilitará a navegación por mar ao poderse marcar as direccións dos compases en liñas rectas.
1133
Nace en Le Mans, Francia, Enrique II que será rei de Inglaterra desde 1154 ata a súa morte en 1189. Será o primeiro monarca da Casa de Anjou ou Plantagenet, e reformará amplamente a administración do seu reino e será un dos soberanos europeos máis poderosos da súa época. casará en 1152 con Leonor de Aquitania
6 de marzo 1927
Nace en Aracataca (Colombia), o escritor Gabriel García Márquez, Premio Nobel en 1982. A súa obra máis coñecida talvez sexa “Cen anos de soidade”
1475
Nace en Caprese (Italia) o pintor, escultor, arquitecto e xenio do Renacemento italiano, Michelangelo Buonarotti. A súa obra estará caracterizada polo profundo estudo e coñecemento da figura humana
7 de marzo 1875
En Liboure, Francia, nace o compositor Maurice Ravel, autor do famoso “Bolero” que levará o seu nome
1765
Na Borgoña francesa nace Joseph- Nicéphore Niépce, que será químico e litógrafo e inventará xunto a Daguerre, a fotografía. En 1826 logrará fixar unha imaxe permanente do patio da súa casa. Para realizala utilizará un ferro de peltre recuberto de Betún de Judea
8 de marzo 1886
Na cidade de Norwalk (Estados Unidos) nace Edward Calvin Kendall, bioquímico norteamericano que en 1919 illará a tiroxina, hormona da glándula tiroides. En 1927 será sintetizada en laboratorio. En 1950 logrará o Premio Nobel de Medicina, polo illamento da cortisona, hormona da cortiza suprarrenal, a súa estrutura e os seus efectos biolóxicos no tratamento da artrite.
1714
Nace en Weimar (Alemaña) Carl Philipp Emanuel Bach, músico e compositor alemán, fundador do estilo clásico e un dos compositores máis importantes do período galante e quinto dos sete fillos de Johann S. Bach

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

2 de marzo 1815
En España execútase a garrote vil ao novo anarquista Salvador Puig Antic, acusado de delitos de sangue e terrorismo
1939
Falece en Londres (Reino Unido) o brillante arqueólogo británico Howard Carter, que logrou unha das máis ricas e soadas contribucións á egiptología ao descubrir en 1922 a tumba do faraón Tutankhamon
1783
Falece en Murcia (España) Francisco Salzillo e Alcaraz, escultor e imaxineiro de pasos para as procesións de Semana Santa
3 de marzo 1983
Na localidade belga de Lovaina falece Georges Remi, máis coñecido por Hergé, historietista belga creador das inesquecibles “Aventuras de Tintín e o seu can Milú”
1706
Falece en Nuremberg (Alemaña) o virtuoso organista, clavicembalista e compositor barroco, Johann Pachelbel. Entre as súas numerosas composicións merece mención o seu soado “Canon en Re maior”
4 de marzo 1852
Morre en Moscova (Rusia) o escritor romántico ruso Nicolás Gogol, autor, entre outras, da novela histórica ” Taras Bulba” e do conto sobre un funcionario “O capote”
1193
Na cidade de Damasco, actual Siria, morre Saladino, primeiro sultán da dinastía ayubí e un dos grandes gobernantes do mundo islámico, inimigo dos cristiáns que dirixiu a resistencia musulmá contra as Cruzadas europeas, logrando recapturar Palestina do Reino de Xerusalén. A primeiros de xullo de 1187 venceu na batalla de Hattin ao exército dos cruzados, co que devolveu a cidade de Xerusalén ao control dos musulmáns.
5 de marzo 2013
O Goberno venezolano anuncia en Caracas a morte do presidende Hugo Chávez, de 58 anos, por complicacións médicas tras a súa última operación de cancro. Desde que lle foi detectado un tumor, en xuño de 2011, o Presidente bolivariano que gobernaba desde 1999 fora operado en catro ocasiones. O mandatario designou como sucesor a Nicolás Maduro, que convocará novas eleccións en 30 días
1953
Falece en Moscova, Joseph Stalin, ditador e líder da Unión Soviética desde 1924. Durante o seu mandato promulgou un programa económico que acabou con millóns de campesiños. En 1934, iniciou a depuración de opoñentes políticos sospeitosos, eliminando a varios miles deles. Tan só 3 anos despois da súa morte, o líder soviético Nikita Kruschev denunciará os crimes de Stalin e o culto á súa personalidade no XX Congreso do Partido Comunista da Unión Soviética.
1827
En Como (Italia), falece o físico italiano, inventor da pila eléctrica en 1800, Alessandro Volta.
6 de marzo 1900
Falece en Stuttgart (Alemaña) o enxeñeiro Gottlieb Wilhelm Daimler, un dos pioneiros da industria automobilística mundial
1836
Durante a noite do 5 ao 6, o mítico Davy Crockett atopa a morte xunto a outros 182 soldados texanos mentres defenden a fortaleza de “El Álamo” en Texas (EE. UU.), despois de 13 días de asedio por parte das tropas mejicanas comandadas polo xeneral Santa Ana. Pola súa valentía a non entregarse, este episodio será para os norteamericanos, un símbolo perdurable de heroísmo e sacrificio
7 de marzo 1274
Morre en Fossanova (Italia) Santo Tomás de Aquino, filósofo e teólogo medieval, máximo representante da tradición escolástica e promotor da teoloxía natural ademais de pai da Escola Tomista de filosofía. Autor de ” Summa Theologica”, entre outras importantes obras.
161
Vítima dunhas febres, falece en Lorium, localidade próxima a Roma (actual Italia), o emperador Antonino Pío que gobernou o Imperio romano de 138 a 161. Chegou ao goberno tras demostrar a súa capacidade en diversos cargos. O seu mandato significou un período de paz e estabilidade en todo o imperio, que só se vió perturbada en Britania por algún ataque dos brigantes, o que obrigou a construír o Muro dos Antoninos. Sucederalle o seu fillo adoptivo Marco Aurelio
8 de marzo 1942
Falece en Nova York, Estados Unidos, o xadrecista cubano e campión mundial de xadrez de 1921 a 1927, José Raúl Capablanca. Xenio precoz neste deporte, foi alcumado “o Mozart do xadrez”; por ser imbencilbe na súa mellor época, chamóuselle “a máquina do xadrez”
1869
En París (Francia) falece Hector Berlioz, compositor romántico francés, que está considerado como pai da estrutura da orquestra moderna. A súa “Sinfonía fantástica” tal vez unha das súas máis notables traballos.

SANTORAL

2 de marzo Pedro de Zúñiga, Lucio, Ceada, obispos; Jovino, Basileo, Pablo, Heraclio, Secundila, Jenara, Absalón, Lorgio, mártires; Andrónico, Atanasia, confesores; Fridolino, abad; Simplicio, papa; beata Angela de la Cruz, fundadora de las HH. de la Cruz. Santa Francisca, Santa Catalina.
3 de marzo Anselmo, Emeterio y Celedonio, Marino, Asterio, Cleónico, Eutropio, Basilisco, Félix, Lucíolo, Fortunato, Marcial, mártires; Ticiano, obispo; Anselmo, confesor; Cunegunda, emperatriz.
4 de marzo Casimiro, confesor; Lucio I, papa; Basilio, Eugenio, Agatodoro, Eterio, Capitón, Elpidio, Efrén, Néstor, Arcadio, obispos; Cayo, Cirilo, Focio, Arquelao, Cuadrado, Acacio, Quirino, mártires; Adrián, obispo y mártir
5 de marzo Focas, Eusebio, Pedro, Rústico, Herabo, Mario Palatino, Adrián, mártires; Gerásico, anacoreta; Juan de la Cruz, Eulampio, Eulogio, confesores; Oliva, virgen y mártir; Gregorio, Teófilo, Virgilio y Ciarán de Saighir, obispos; Clemente, abad. San Adriano
6 de marzo Marciano, Olegario, Basilio, Evagrio, Crodegando, Claudiano, obispos; Agapio, Víctor, Victorino, Claudiano, Basa, Marciano, Conón, mártires; Cirilo, Evagrio, confesores; Coleta, Rosa de Viterbo, Kinesburga, Kineswuida, vírgenes; Bauterio, anacoreta
7 de marzo Perpetua y Felicidad, Sátiro, Revocato, Saturnino, Secúndulo, Julián, Eubulo, mártires; Teofilacto, Gaudioso, Pablo, obispos; Pablo el simple, Teresa Margarita del S. C., virgen.
8 de marzo Juan de Dios, confesor y Patrono de los bomberos y practicantes ; Quintilo, Cirilo, obispos; Julián de Toledo, Félix, Filemón, Apolonio, Teótico, Urbano, Rogato, Silvano, mártires; Veremundo, abad; Poncio, diácono; Liberio, Arnoldo, confesores; Antonino, eremita.