Os premios Rodolfo Prada á xestión cultural recoñecen a Yolanda Castaño, ao festival de cine de Cans e ao museo do médico rural de Maceda e conceden unha mención espacial á fundación contemporánea

-12.30 horas: Reunión do xurado do premio Rodolfo Prada.- O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, participa na reunión do xurado da quinta edición do premio Rodolfo Prada, un galardón que recoñece o traballo dos xestores de iniciativas culturais e que se entregará dentro da Ourense ICC Week. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.
IES CHAMOSO LAMAS

O primeiro dos Premios Rodolfo Prada á Xestión Cultural, por decisión unánime do xurado, é para o proxecto presentado pola poeta Yolanda Castaño “Poetas Di (N) Versos”. É un ciclo internacional de recitais poéticos mensuais, con entrada aberta e gratuíta, que leva celebrándose dende o 2009. Está dotado con 3.000 euros, diploma e escultura de Manuel Buciños,

O  segundo e terceiro premio recoñecen o traballo en prol da cultura do Festival de Cine de Cans e do Museo do Médico Rural, no concello de Maceda. Ambos foron propostas do propio xurado. Teñen unha dotación de 2.000 e 1.000 euros respectivamente, máis o diploma e a escultura

HIPER MASIDE

Este ano, ademais, concédese unha mención especial, sen dotación económica, á Fundación Contemporánea polo fomento e difusión de proxectos culturais, en especial pola labor co estudo “Observatorio da cultura”.

O acto de entrega dos Rodolfo Prada, organizados pola Deputación de Ourense, será o xoves 28 de abril, a partir das 20 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Enmarcados na Ourense ICC Week, que comeza este venres, contará cos relatorios do profesor de Economía da UB, Manel G. Rodríguez, e de Mariana Pineda, historiadora da Arte e xestora cultural, directora da Fundación Contemporánea.

Ourense, 19 de abril de 2022. A quinta edición dos Premios Rodolfo Prada á Xestión Cultural, organizados pola Deputación de Ourense, xa ten gañadores. O primeiro premio, elixido por unanimidade do xurado entre os proxectos presentados, é para a poeta e xestora cultural Yolanda Castaño, fundadora e directora do ciclo internacional de recitais poéticos mensuais “Poetas Di (n) Versos”.

Estes encontros, nacidos no ano 2009 na Coruña, teñen como obxectivo reunir ao mellor da poesía en galego e do resto do mundo. Baséase en lecturas poéticas públicas na voz dos seus autores e autoras con entrada aberta e gratuíta. Este ciclo é, segundo Yolanda Castaño, “unha exitosa iniciativa pioneira en Galicia, así como o único ciclo estable que presenta poetas internacionais de maneira periódica e regular en toda España”.

O segundo premio, a proposta do xurado, é para o Festival de Cine de Cans, organizado pola Asociación Cultura Arela, dende o ano 2004. Adegas, alpendres, galpóns, baixos de casas ou casas vellas deshabitadas convértense no mes de maio en salas de proxección. Curtas de ficción, de animación, documentais, concurso de videoclips ou webseries pasan por esta aldea que, foneticamente, coincide coa cidade de Cannes, orixe desta iniciativa cinéfila. “A creación galega máis emerxente pasa por Cans, que se converte na gran plataforma de visibilidade dos novos creadores. Cans é unha mestura que non é fácil de definir pero ante todo unha experiencia”, aseveran os seus organizadores.

O Museo do Médico Rural de Maceda, considerado pioneiro no panorama museístico, é o terceiro premiado desta quinta edición, tamén a proposta do xurado. O museo ten como obxectivo resaltar a figura do médico rural, “parte do patrimonio cultural da nosa terra”, segundo os seus promotores. Nace en Maceda porque é a vila onde, durante 40 anos, exerceu o doutor José Manuel Lage, creador do proxecto. Durante anos percorreu distintos puntos de España para recompilar información e solicitar obxectos dos devanditos médicos que agora se poden ver neste espazo.

Nesta ocasión, o xurado dos Premios Rodolfo Prada tamén acordou conceder unha mención especial á Fundación Contemporánea, polo fomento e a difusión de proxectos culturais e, en especial, pola labor que desenrola co estudo “Observatorio de la Cultura”. Unha publicación de referencia que aglutina a todas as autonomías e axuda a visibilizar a profesión da Xestión Cultural. Nesta importante plataforma, Galicia posicionou máis de 15 eventos relevantes. Esta mención ven acompañada do diploma acreditativo e a escultura conmemorativa de Manuel Buciños.

O único premio galego con dotación económica destinado a recoñecer o traballo dos xestores nas industriais culturais e creativas

Estes premios levan o nome de Rodolfo Prada, ourensán emigrado a Bos Aires, quen se adicou fundamentalmente á actividade social no eido da xestión cultural, no que deixou numerosas mostras dentro da colectividade galega en Arxentina. O premio, organizado pola Deputación de Ourense, é o único en Galicia con dotación económica destinado a recoñecer exclusivamente a grande importancia que ten o traballo dos xestores nas industrias culturais e creativas.

O xurado foi presidido por César Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense. Como vogais desta administración provincial estiveron Ana Patricia Torres, Antonio Piñeiro, Juan Rivas, Eva Torres e Tareixa Paz. A Xunta de Galicia estivo representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Manuel Lorenzo; a Asociación Rodolfo Prada por Francisco González e a Asociación de Profesionais da Xestión Cultural, por Carlos Lorenzo. Actuou como secretario o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar.

O acto de entrega terá lugar o xoves 28 de abril, no Centro Cultural Marcos Valcárcel, a partir das 20 horas, dentro da programación desta oitava edición da Ourense ICC Week, que comezará este venres, día 22, e rematará o venres día 29 de abril. Esta xornada contará con dúas intervencións de relevancia no mundo da xestión cultural que abordarán distintas cuestións que afectan aos profesionais deste ámbito. O profesor de Economía na Universidade de Barcelona, Manel G. Piñero, falará de “Innovación na xestión da cultura, reflexión e experiencias” e Mariana Pineda Carbó, directora da premiada Fundación Contemporánea abordará “A cultura, polos seus profesionais”.

ENTREGA DOS PREMIOS RODOLFO PRADA:

CANDO:  Xoves, 28 de abril, 20,00 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel

RELATORIOS MANEL G.PIÑEIRO E MARIANA PINEDA

CANDO:  Xoves, 28 de abril, 20,00 horas

ONDE: Centro Cultural Marcos Valcárcel