O C.D. Arenteiro enfróntase ó Adarve mañá sábado en Madrid

IES CHAMOSO LAMAS

Partido importante o desta fin de semana para o C.D. Arenteiro. Xa están en Madrid para enfrontarse á Unión Deportiva Adarve, equipo forte, que lidera os primeiros postos da clasificación. O encontro será o sábado día 30, ás 17:00 horas, no Polideportivo Vicente del Bosque. Poderá seguirse online a través da plataforma Footters.

O Sporting Carballiño xogará o domingo, día 1 de maio, ás 18:00 horas, fronte o Celanova no campo do Marco. O Maside xogará mañá sábado, ás 19:00 horas, front eo Barbadás B, no campo dos Carrís. O Leiro xogará o domingo, ás 18:00 horas, fronte o Covadonga, no campo Rozavales.

HIPER MASIDE