Galicia segue reducindo casos activos e mantén estable a presión hospitalaria

A comunidade galega rexistra hoxe 106 contaxios novos. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.624, unha rebaixa de apenas unha vintena con respecto ó venres.  Do total de pacientes positivos en Galicia, 32 (+2) están en UCI, 112 (-4) en unidades de hospitalización.

Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta unha variación positiva. A provincia rexistra hoxe 8 contaxios novos, facendo que a cifra total baixe en 7 persoas con respecto ó venres, ata os 203 casos totais. Nos hospitais hoxe mantense a presión ocupacional. Contamos con 7 (-1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 3 (+1) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES