A Oficina de Turismo no Carballiño aberta para a tempada de verán

IES CHAMOSO LAMAS

O Concello do Carballiño xa abriu a Oficina Municipal de Turismo da Alameda. Permanecerá aberta ata o 31 de agosto con horario de martes a venres pola mañá de 11:00h a 14:00h e pola tarde de 17:00h a 20:00h. Sábados e domingos estará solo de 11:00h a 14:00h.

Os luns permanecerá pechada pero poderase acudir a solicitar información área de Turismo do concello de 8 a 14h.

SPORTUR GALICIA 2022

O edil Manuel Dacal fala en nome de toda o grupo de goberno e di esperar que a Festa do Pulpo, sen tantas restricións como estes dous últimos anos e con novo recoñecemento outorgado pola Xunta de Galicia, batirá records históricos de participación e chegada de turistas a vila.

A procedencia de turistas de latinoamerica será un dos puntos fortes, debido a existencia de emigrantes da nosa bisbarra. O concello espera que a volta a normalidade sexa total no referente a afluencia de visitas, que se verá incrementada tamen coa chegada do AVE e co impulso do camping municipal.