A Festa do Pulpo do Carballiño estrea a Declaración de Interese Turístico Internacional por todo o alto

IES CHAMOSO LAMAS

Hoxe tivo lugar na Casa do Concello do Carballiño a presentación oficial da Festa do Pulpo do Carballiño. Fronte un considerable número de representantes políticos, patrocinadores e medios, daba comezo unha xuntanza que enxalzaba un novo recoñecemento para a Festa do Pulpo do Carballiño: o título de Declaración de Interese Turístico Internacional. Esta 60 edición estará dedicada ao Xacobeo e ao Camiño de Santiago. O Boletín Oficial do Estado publicou onte mesmo a resolución da Secretaría de Estado de Turismo, do 4 de xullo, pola que se lle concede esta honra. Representantes dos organismos nacionais, autonómicos e locais xunto cos respectivos patrocinadores amosaban a ledicia de esta boa nova.

Paco Fumega, alcalde do Concello do Carballiño, recibía a nora boa dos asistentes recordando a todas as corporacións que traballaron para conseguir dita declaración ao longo dos anos. Animaba a compartir un festexo tan importante coma este “despois de case tres anos sen facelo”.

HIPER MASIDE

O concelleiro de turismo, Manuel Dacal, interveu na sesión de hoxe e emitiu un discurso no que salientaba o seu agradecemento aos presentes e as facilidades que achegaron dende os seus respectivos postos. Enumerou diferentes actividades que se levarán a cabo ademais dos “días grandes”, materializados na celebración da tapa de pulpo máis grande do mundo e por suposto, do domingo 14 de agosto no parque. Citaba a relevancia dunha “tradición ancestral” como é o oficio do pulpeiro.

INTERNACIONAL, NOVO RETO E NOVAS RESPONSABILIDADES

Despois de que en 2012 entrase no rango de Declaración de Interese Turístico Nacional, a Festa do Pulpo tivo que cumprir máis requisitos para recoller a Declaración de Interese Turístico Internacional. Xose Manuel Arias, da Delegación do Goberno e en representación do Estado, explicounos. O posicionamento SEO, o perfil en redes e a presenza en medios internacionais constitúen os principais. O Concello do Carballiño cumpriu con ese expediente. El mesmo definiu a nosa vila como “unha vila grande” que mesmo acada a denominación de cidade no verán, cando duplica os seus visitantes.

Nava Castro, directora xeral de turismo, indicou que este feito tamén comporta unha serie de responsabilidades. Entre elas, a chegada de turistas internacionais supón que as actividades e menús ofrecidos poidan ser facilitados en diferentes idiomas. Por outra banda, ao ser mostrado como “escaparate”, a imaxe da vila ten que ser o máis coidada posible.

A nivel autonómico, a Festa do Pulpo tamén é un reclamo para os visitantes foráneos. A Deputación de Ourense contribúe a darlle pulo a esta festa. A representante, Patricia Torres, manifestou a súa satisfacción polo conseguido. Gema García, cara visible do Inorde nesta ocasión, compartía estas declaracións.

Ari Quintas foi autora unha vez máis da ilustración que amosa o polbo, produto de mar protagonista dunha vila de interior cunha longa historia detrás.

O papel dos patrocinadores foi cualificado como fundamental para este tipo de acontecementos. Neste caso:  Xunta de Galicia, Inorde, Viaqua, Oreco-Balgón, Avatel Telecom,  Cer y Ber, Iberik Hoteles, Abanca, Xacobeo 21-22, GRI Towers Galicia, Aceites Abril, Pazo Tizón, Estrella Galicia e Gadis.