O consello da Xunta autoriza a colaboración co concello de Boborás para renovar as redes de abastecemento, saneamento e pluviais no núcleo de Brués cun investimento de 385.000 €

―   Renovaranse  estas  infraestruturas  municipais  no contorno  da estrada  N-541,  que teñen máis de 50 anos de antigüidade e causan perdas de auga e filtracións á rede

―   A  Consellería  de  Infraestruturas  e  Mobilidade,  a  través  de  Augas  de  Galicia, contribuirá ao financiamento desta actuación co 80% do orzamento, 308.000 euros, achegando o Concello o 20% restante  e encargándose da execución das obras

AVANTAR ACTIVIDADES

―   O Goberno galego continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan desenvolver as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito eficiente

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Boborás para a execución das obras de mellora das redes municipais de abastecemento, saneamento e pluviais no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, contribuirá ao financiamento  das actuacións  co 80% do orzamento,  308.000  euros, achegando o Concello o 20% restante.

Ademais,  correspóndelle    a  entidade   local   a  execución  das  obras,   así  como   o mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo.

As actuacións

As redes municipais de abastecemento e saneamento no contorno  da estrada N-541, no núcleo de Brués, teñen máis de 50 anos de antigüidade, presentando  numerosas deficiencias derivadas do vencemento da súa vida útil. Isto tradúcese na existencia de fugas e perdas de auga e filtracións que derivan en ineficiencias no uso da auga.

Ademais, practicamente non existe rede de pluviais, polo que as entradas de auga de chuvia nos colectores está dificultando a depuración das augas residuais.

Mediante  o  convenio  autorizado  hoxe  impúlsanse  as actuacións  necesarias  para  a solución destas deficiencias, a través da renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais na travesía da estrada nacional N-541.

As obras consisten na construción  dun novo tramo de rede de augas pluviais e na renovación das instalacións  vinculadas  á auga na travesía  da N-541  ao seu paso polo núcleo de Brués.

O Goberno galego  continúa  prestando  o seu apoio técnico  e financeiro  aos concellos para que poidan prestar os servizos de saneamento e abastecemento, de competencia municipal, aos seus veciños de xeito eficiente.


VIDEO SPOT BOBORÁS en BADAL TV