Selección do persoal para o obradoiro “Os Arrieiros II”, promovido polos concellos do Irixo, Cea e Piñor

Publicouse hoxe no BOP

Por Resolución de la Alcaldía, con data 27 de setembro de 2021, aprobáronse as bases que rexerán a creación dun proceso selectivo para a selección do persoal directivo, docente e de apoio, do Proxecto obradoiro dual de emprego denominado “Os
Arrieiros II”, promovido polos concellos do Irixo, San Cristovo de Cea e Piñor.
Clase de persoal: laboral temporal.
Duración: 9 meses
Prazas convocadas: director, persoal administrativo e persoal docente.
Prazo de presentación de solicitudes: nos cinco días naturais seguintes aos da publicación deste anuncio de convocatoria no BOP, no Rexistro Xeral do Concello do Irixo en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres, ou en calquera das formas establecidas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.
Poderán consultar máis información e as bases específicas da convocatoria, no taboleiro de anuncios, e na sede electrónica dos concellos do Irixo, San Cristovo de Cea e Piñor

AVANTAR ACTIVIDADES

BP Premer na Imaxe