Éxito no primeiro día de venta das entradas para o partido de Copa entre o Arenteiro e o Almería

Este próximo domingo, 13 de novembro, terá lugar no campo de Espiñedo, no Carballiño, o encontro histórico entre o C.D. Arenteiro e un equipo de primeira división, o Almería. Os verdes conseguiron chegar ata esta data logo de clasificarse na Copa Federación a nivel nacional, torneo no que finalmente chegaron á final e gañaron o seu primeiro título.
As entradas para poder desfrutar do encontro puxéronse á venda na mañá de hoxe, na taquilla do estadio. O socios teñen acceso anticipado hoxe e mañá xoves, podendo conseguir unha soa entrada, de 10:00 horas a 13:30 horas e de 17:00 horas a 20:00 horas, cun custe de 15 euros e 10 euros para menores de idade.

Longas filas de afeccionados facían fronte á choiva de hoxe para conseguir a súa entrada, e desexando que chegue o ansiado domingo. O venres e o sábado poderán acceder os non socios, por un custe de 30 euros e 20 euros os menores de idade. Neste caso, tamén
poderán acudir o socios, e poderase retirar ata dúas entradas por persoa.

AVANTAR ACTIVIDADES