Fin de semana de fútbol. Copa do Rei para o C.D. Arenteiro e manter o liderato para o Sporting Carballiño

Este vindeiro domingo, día 13 de novembro, volve a ilusión da Copa do Rei ó Carballiño. O C.D. Arenteiro repite a experiencia do pasado ano, logo dun gran esforzo por clasificarse na Copa Federación. Este domingo recibirán na casa, en Espiñedo, a un equipo de primeira división, o Almería. O encontro dará comezo ás 21:00 horas.

O Sporting Carballiño, líder esta semana, xoga mañá, ás 16:15 horas, fronte o Melias, para intentar manter o seu primeiro posto unha semana máis. O Atlético Arnoia xoga o domingo, ás 17:00 horas, fronte o Real Castrelos. Tamén o domingo, o Maside enfróntase ó Barbadás B. O Cea xogará na xornada dominical fronte o Ribadavia Atlético. E o Salamonde mañá sábado co Atlético Peroxa.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Arenteiro B xogará mañá sábado, ás 16:15 horas, fronte o Barra de Miño.