Así poderán adquirir as entradas para o C.D. Arenteiro-Atlético de Madrid

IES CHAMOSO LAMAS

O club xa informou hoxe sobre o proceso para adquirir as entradas para o encontro de Copa do Rei fronte o Atlético de Madrid. Mañá sábado e o domingo, comezará a retirada para os socios entre o 1 e o 450 e o plantel do equipo base. O luns e martes próximos, os pases autorizados do 401 ó 900. O mércores e xoves, para os pases do 901 en adiante. E o día 16, para o público xeral.

O club xa confirmou que haberá cinco portas de entrada e 2.800 persoas de aforo grazas á grada supletoria instalada que permitirá aumentar o aforo.

OFERTA DE TRABALLO EN AVIÓN

Os prezos serán para socios e patrocinadores, 30 euros; para o plantel base, 20 euros; e para non socios, 60 euros. Toda a información para a adquisición das entradas poderán atopala na páxina oficial do club e nas súas redes sociais.