Empate do Arenteiro co Langreo e derrota do Sporting en Celanova esta fin de semana

O Sporting Carballiño viaxaba onte domingo a Celanova con intención de seguir ca súa racha de vitorias. Pero a xornada non saíu como esperaban, contando cunha derrota 4-0 e ademais con algunhas lesións que esperemos queden nun susto.

O C.D. Arenteiro viaxaba onte domingo para enfrontarse ó Langreo, un encontro que aínda que de altura, deixou un empate a ceros, traendo un punto á casa que os mantén líderes.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mentres, seguimos tachando días no calendario para o encontro da Copa do Rei fronte o Atlético de Madrid, que será o vindeiro día 22.

Dende a posta en marcha o pasado sábado das entradas, desatouse a tolemia, e facendo fronte incluso á choiva, ninguén quere quedar sen elas.

Hoxe e mañá é a quenda dos pases autorizados do 451 ó 900. O mércores e xoves, para os pases do 901 en adiante. E o día 16, para o público xeral.

O club xa confirmou que haberá cinco portas de entrada e o aforo quedará incrementado ca grada supletoria que se está a instalar.

Os prezos serán para socios e patrocinadores, 30 euros; para o plantel base, 20 euros; e para non socios, 60 euros. O horario de apertura da taquilla será das 10:00 horas ata as 13:00 horas e das 16:30 horas ata as 20:00 horas.