O C.D. Arenteiro sortea este Nadal agasallos e da a coñecer ós xogadores en redes sociais

O Club Deportivo Arenteiro quere reinventarse cunha iniciativa novidosa, e ademais nunca vista entre os equipos provinciais. Trátase do Adventeiro (un xogo de palabras entre advento e Arenteiro) e que marca unha conta atrás cara o esperado encontro da segunda ronda da Copa do Rei fronte a un dos mellores de Europa na vila carballiñesa.

O Adventeiro levarase a cabo nas redes do club ata o 22 de decembro, día no que xogan o partido contra o Atlético de Madrid. O C.D. Arenteiro xa compartiu coa afección algúns agasallos. Destacan os sorteos para balnearios da provincia, tamén cea para dous, entre outras novidades. Nesta conta atrás tamén están compartindo vídeos dos xogadores e paquetes de stickers, pero aínda se agardan máis sorpresas para as vindeiras semanas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Con estas pequenas publicacións queren, por unha banda, dar a coñecer ó clube máis a fondo. E, por outra banda, queren agradecer dalgunha forma a acollida das persoas que o apoian e interaccionar cos seguidores.

Para coñecer esta campaña e poder participar, so tedes que consultar as redes sociais do club, e ahí descubriredes moitas sorpresas.