O Club Deportivo Arenteiro recibe ó Coruxo este domingo

Nova fin de semana de fútbol na nosa contorna. O Club Deportivo Arenteiro repite esta fin de semana na casa, en Espiñedo. Neste caso recibirá ó Coruxo. O encontro será o vindeiro domingo, ás 12:00 horas.

E xa sabemos tamén que o vindeiro mércores, día 25, os verdes recuperan o encontro que fora suspendido fronte o Guijuelo polas malas condicións climatolóxicas e polo susto co desvanecemento de Pol Bueso, que xa está recuperado.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Arenteiro está líder con 35 puntos, e o Guijuelo ségueo moi preto con 33. Estes dous encontros serán claves para revalidar o liderazgo.