Curiosidades, utilidades… 3 a 9 febreiro

xoves 6 febreiro :

día mundial da Tolerancia Cero a  mutilación xenital femenina

BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :

clic na imaxe

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

2 de febreiro:1882
Nace en Dublín (Irlanda) o escritor, recoñecido mundialmente como un dos máis importantes e influentes do século XX, James Joyce
1208
Nace en Montpellier (Francia), Jaime I o Conquistador, rei de Aragón de 1213 a 1276
3 de febreiro: 1909
No seo dunha familia xudía agnóstica, nace en París Simone Weil. Pacifista radical, máis tarde sindicalista revolucionaria
1894
Nace en Nova York, EEUU., o ilustrador e pintor norteamericano Norman Percevel Rockwell. Son coñecidos os seus belos debuxos publicitarios para McDonald´s, Coca-cola, etc.
1809
Nace en Hamburgo (Alemania) o compositor romántico alemán Félix Mendelsohn. 
1795
En Cumaná, actual Venezuela, nace Antonio José de Sucre e Alcalá, alcumado “Gran Mariscal de Ayacucho”. Será político, estadista e militar venezolano, prócer da independencia e presidente de Bolivia e Perú.

4 de febreiro: 1906
En Illinois, Estados Unidos, nace o astrónomo estadounidense Clyde William Tombaugh que en 1930 descubrirá o planeta anano Plutón
1902
Nace en Detroit (EE. UU.) Charles Lindbergh, piloto americano que se converterá no primeiro que atravese o Océano Atlántico nun voo en solitario e sen escalas de Nova York a París, co seu avión o ” Spirit of Saint Louis”.
5 de febreiro: 1919
Nace en Chios (Grecia) Andreas Papandreu, fundador do Movemento Socialista Panhelénico que se opoñerá á ditadura
1914
En Saint Louis ( Missouri, EE. UU.) nace o escritor estadounidense William Seward Burroughs renovador da linguaxe narrativa que será xunto aos tamén escritores Allen Ginsberg e Jack Kerouac fundador do movemento literario coñecido como ” Beat Generation”.
1840
Nace en North Ayrshire (Escocia, Reino Unido), John Boyd Dunlop, veterinario escocés que en 1888 desarrollará el primer neumático con cámara de aire. Un año más tarde fundará la compañía Dunlop Pneumatic Tyre Company
6 de febreiro: 1945
Nace en Nine Miles (Xamaica) Robert Nesta Marley, máis coñecido como Bob Marley, músico jamaicano de reggae e membro do movemento Rastafari, cuxa música cultivará éxito mundial na década dos 70 do século XX. (Hai 74 anos)
1913
En Londres (Reino Unido), nace a arqueóloga británica Mary Nicol, esposa de Louis Leakey, que en 1959 na garganta de Olduvai (Tanzania) descubrirá o cranio de Australopithecus boisei, de máis de 1,75 millóns de anos.
1911
Nace en Tampico (EE. UU.) Ronald Reagan, actor profesional de cinema entre 1937 e 1964, que alcanzará a presidencia de EE. UU. como cuadraxésimo presidente de 1981 a 1989. Coñeceráselle polo seu fervente anti-comunismo, o seu conservadurismo acérrimo e o seu peculiar estilo persoal que lle fará gañarse o alcume de “Gran Comunicador”. 
1644
En Londres, nace Ana I de Estuardo, que será raíña de Inglaterra e Irlanda e máis tarde de Escocia, polo que Ana converterase na primeira soberana da Gran Bretaña. Será a última raíña da Casa dos Estuardo, tomando a substitución a Casa de Hannover.
7 de febreiro1906
Na cidade prohibida de Pequín, China, nace Puyi que será o último emperador que reine sobre este vasto país. Farao desde 1908, con só dous anos, ata a abolición da monarquía chinesa en 1912.
1824
Na cidade de Londres, Reino Unido, vén ao mundo o astrónomo Sir William Huggins. Construirá un observatorio privado ao sur de Londres onde levará a cabo un extenso labor de observación estelar e será o primeiro en distinguir entre nebulosas e galaxias
1812
Nace en Portsmouth (Reino Unido), Charles Dickens, escritor inglés de novelas de aceda denuncia social, combinada con humor, traxedia e ironía. Entre outras, son súas as inmortais obras “Oliver Twist”, “Conto de Nadal”, “David Copperfield”, “Tempos difíciles”, “Historia de dúas cidades” e “Grandes esperanzas”
1478
Nace en Londres, Tomás Moro, político e escritor inglés, coñecido porque adoptará unha postura relixiosa contraria á do rei Enrique VIII, o que, ao cabo, custaralle a vida.
8 de febreiro1955
En Jonesboro, EE. UU., nace John Grisham escritor estadounidense de gran éxito coñecido polos seus thrillers xudiciais
1834
Nace en San Petersburgo, Rusia, Dmitri Ivánovich Mendeléyev, químico ruso, creador en 1869 dunha nova e definitiva Táboa periódica dos elementos.
1828

Nace en Nantes (Francia) Julio Verne, moi prolífico escritor francés considerado o pai da ciencia ficción, que describirá nas súas obras multitude de inventos e logros científicos posteriores á súa época.
1820
En Lancaster (EE. UU.) nace o que será xeneral William Sherman, cuxa participación na guerra civil americana faralle soada
9 de febreiro 1940
En Ciudad do Cabo, Sudáfrica, nace John Maxwell Coetzee, escritor que obterá a nacionalidade australiana e que en 2003 será galardoado co Premio Nobel de Literatura.
1910
Nace en París (Francia) Jacques L. Monod, bioquímico francés. En 1961 xunto con François Jacob propoñerá a existencia do ARN mensaxeiro, e en 1965 será galardoado co Premio Nobel de Medicina, xunto cos seus compatriotas André Lwoff e François Jacob
1854
Na localidade Sappemeer (Holanda) nace Aletta Henriëtte Jacobs, defensora das axudas sociais ás clases baixas, inventora, pacifista e activista do sufraxio feminino, logrará un permiso especial do Ministro de Educación de Holanda para ingresar na Universidade de Groningen, sendo a primeira muller en facelo.
1773
En Berkeley, Virginia (EE. UU.), nace William Henry Harrison que en 1841 converterase no noveno Presidente do seu país. Ostentará o record de menos tempo no cargo, que só ocupará durante un mes, ao morrer por unha pulmonía que collerá durante o discurso de dúas horas que dará durante a súa toma de posesión, por non levar abrigo nun día de moito frío

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

2 de febreiro:1979
Na cidade de Nova York (EE. UU.) morre o líder do grupo de Punk británico Sid Vicius, como consecuencia dunha sobredósis de droga.
1970
Falece en Gales, Reino Unido, o matématico, pacifista e escritor británico Bertrand Russell, premio Nobel de Literatura en 1950 polo seu pensamento e ideais humanitarios.
1907
Morre en San Petersburgo, Rusia, Dmitri Ivánovich Mendeléyev, químico ruso, creador en 1869 dunha nova e definitiva Táboa periódica dos elementos.
3 de febreiro: 1959
Falece en accidente de aviación en EE. UU., Buddy Holly, compositor e cantante estadounidense e un dos máis destacados pioneiros do rock & roll.
1924
Morre en Washington DC (EE.UU.) o ex presidente americano Woodrow Wilson.
1468
En Mainz (Alemaña) falece Johannes Gutenberg, artesán alemán, inventor da imprenta, logrando con iso revolucionar a cultura.
4 de febreiro: 1894
Falece en París, Francia, Adolphe Sax, fabricante belga de instrumentos musicais e inventor do saxofón.
1893
Morre en Vigo (España) Concepción Arenal, escritora, avogada e loitadora pola igualdade da muller. Tal vez a súa frase máis soada sexa: “Odia o delito e compadece ao delincuente”
211
Morre en Eburacum (actual Inglaterra) Lucio Septimio Severo, emperador romano de 193 ao 211 e fundador da dinastía dos Severos. Os seus fillos Geta e Caracalla herdan o trono
5 de febreiro: 1993
En Nova York (EE. UU.), morre o director de cinema estadounidense Joseph L. Mankiewicz. Con “Eva al desnudo”, de 1950, gañou 6 Óscars.
1967
Falece en Santiago de Chile, Violeta Parra, muller polifacética xa que foi cantante, pintora, escultora, bordadora e ceramista chilena, a máis importante folclorista do seu país e fundadora da música popular chilena, autora, entre outras moitas cancións, de “Grazas a la vida”
1881
Morre en Londres (Reino Unido) Thomas Carlyle, historiador, crítico social e ensaísta británico. O seu traballo histórico máis coñecido tal vez sexa “A Revolución francesa”, de 1837.
6 de febreiro: 2013
En Tunes (Tunes) é asasinado a balazos Chokri Belaid, avogado e político crítico co goberno do partido islamita gobernante Ennahda. O venres día 8 durante o seu enterro os laicos farán unha demostración de forza paralizando o país mediante unha folga xeral de 24 horas na que ademais solicitarán a dimisión do Goberno
1929

En Madrid, capital de España, falece dona María Cristina de Habsburgo-Lorena, reina nai rexente de España de 1885 a 1902. Os seus últimos anos de rexencia foron problemáticos por un aumento da conflitividade social. Tamén, a perda das dúas últimas colonias hispanoamericanas e as illas Filipinas en 1898 sumiron ao país nunha grave crise
1916
Falece en León (Nicaragua), pouco tempo despois de chegar dunha Europa absolutamente desgarrada pola Primeira Guerra Mundial, Rubén Darío, escritor nicaraguano, poeta, xornalista e diplomático, creador do movemento modernista en lingua castelá.
7 de febreiro2003
Falece en México o escritor guatemalteco Augusto Monterroso, coñecido polas súas coleccións de relatos breves e hiperbreves
1878
Tras ser, con algo máis de 31 anos, o segundo pontificado máis longo da historia da Igrexa tras o apóstolo San Pedro, morre en Roma o Papa Pío IX. Tamén foi o último soberano dos “Estados da Iglesia”, que se mantiveron como un Estado independente entre os anos 752 e 1870.
1317
En Francia falece o primeiro duque de Borbón, Roberto de Clermont, sexto fillo de San Luís IX de Francia que ao casar con Beatriz de Borbón deu orixe á Casa de Borbón
8 de febreiro1921
Morre en Moscova (actual Rusia), Piotr Kropotkin, xeógrafo, pensador ruso e pai do anarquismo xunto a Bakunin
1725
Falece en San Petesburgo o zar Pedro I o Grande. Fillo do zar Alexis e da súa esposa Natalia Narishkina. En 1689 protagonizou un golpe de estado que desaloxou do poder á súa hermanastra Sofía, quen exercía a rexencia, e ao seu medio irmán Iván IV. Sucederalle no trono a súa esposa Catalina I.
1587
María Estuardo, a que fose raíña de Escocia é executada no patíbulo do castelo de Fontheringhay (Inglaterra), acusada de dirixir unha conspiración de nobres católicos ingleses contra a raíña inglesa Isabel I.
9 de febreiro 1984
Falece en Moscova ( URSS), o premier soviético Yuri Andropov quince meses despois de suceder a Leónidas Brezhnev. Será substituído por Konstantin Chernenko
1981
En Harlingen, Texas (EE. UU.) morre Bill Haley, músico estadounidense e un dos fundadores do rock and roll xunto ao seu grupo “Bill Haley and the Comets”.
1881
Falece en San Petersburgo (Rusia) Fiodor Mijailovich Dostoievsky, escritor ruso. Entre as súas obras máis coñecidas destacan o inesquecibles “Crime e castigo”, “O xogador”, “O idiota” e “Os irmáns Karamázov”
1670
Morre en Copenhague, o rei de Dinamarca e Noruega Federico III. Durante o seu reinado Dinamarca cedeu o seu papel de potencia nórdica a favor de Suecia, país co que mantivo dúas guerras que puxo en perigo a propia existencia do seu reino

SANTORAL

2 de febreiro: Santa Aída e Santa Candelaria
3 de febreiro: Santa Olivia, Nuestra Señora de Suyapa, San Blas e Santa Ives
4 de febreiro: San Gilberto, Santa Verónica, San Teófilo y Santa Juana de Valoi
5 de febreiro: Santa Agata, Santa Agueda, Santa Felicia, Santa Ava, Santa Cintia e Santa Adelaida
6 de febreiro: San Pablo Miki, Santa Dorotea
7 de febreiroSanta Juliana, Santa Helenca, San Ricardo e San Adauco
8 de febreiro Santa Elisenda e San Tobías
9 de febreiro

AVANTAR ACTIVIDADES