14 de febreiro: “Día Europeo da Saúde Sexual”

O 14 de febreiro, coincidindo co Día de San Valetín ou Día dos Namorados celébrase o Día Europeo da Saúde Sexual. Celébrase desde 2003 a iniciativa da Alianza Europea para a Saúde Sexual ( ESHA), organización non gobernamental que trata de concienciar e sensibilizar a homes e mulleres sobre a necesidade de adquirir e manter hábitos sexuais saudables.

O certo é que a sexualidade forma parte do ser humano, xunto co amor e a intimidade. Todos estes factores contribúen ao benestar da persoa e en definitiva á súa felicidade. Por iso é tan importante fomentar a saúde sexual da poboación, mediante o acceso á sanidade para todos os aspectos que poidan afectala, a educación dos nenos e os mozos, o fin dos tabús sobre sexualidade e moitos outros aspectos que inflúen na saúde sexual.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis información en diainternacionalde

EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS

14 de febreiro: 1859
Nace en Galesburg, Illinois (EE. UU.), o enxeñeiro estadounidense George Washington Gale Ferris Jr., que en 1893 e con motivo da exposición universal celebrada en Chicago, deseñará a primeira noria de atracción moderna, unha inmensa construción de 80 metros de altura e un diámetro de 76 metros, con 36 góndolas de mader
1766
Nace en Dorking (Reino Unido) Thomas Malthus, economista inglés e pai da demografía. Será máis coñecido pola súa teoría de que o crecemento da poboación, en progresión xeométrica, tende sempre a esgotar a subministración de alimentos, polo que continuamente deberá coidar os límites da reprodución

EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS

14 de febreiro: 1779
James Cook, explorador e navegante inglés morre asasinado no transcurso dunha escaramuza cos indíxenas das illas Sandwich (concretamente na baía Kealakekua, Hawai).
1571
Falece en Florencia (Italia) Benvenuto Cellini, ilustre renacentista, escultor Manierista, refinado ourive e escritor italiano que realizou xoias e adornos con exquisito gusto

SANTORAL

14 de febreiro: Cirilo y Metodio, patronos de Europa. Nostriano, Elecaudio, obispos; Adolfo, confesor; Valentín, Vidal, Zenón, Ammonio, Cirión, Casiano, Agatón, Moisés, Dionisio, Próculo y Filemón, mártires; Antonio y Auxencio, abades.