O C.D. Arenteiro viaxa a Compostela e o Sporting recibe ó Barbadás B

Un derbi, unha festa do fútbol galego e unha xornada para compartir xuntos. Este domingo, o C.D. Arenteiro viaxa a Santiago para xogar co Compostela, único equipo que conseguiu vencelos esta tempada. O encontro será ás 16:45 horas no campo Vero Boquete. Haberá un FAN ZONE coa actuación da orquesta Cinema antes e despois do partido, xogos infantís, pulpeiros e moito máis para o milleiro de afeccionados que viaxarán con eles.

O Sporting Carballiño recibirá na casa, na Uceira, á Unión Deportiva Barbadás B, tamén o domingo, ás 17:00 horas.  

AVANTAR ACTIVIDADES