O C.D. Arenteiro recibe ó Guijuelo na penúltima xornada de Liga

De novo, fin de semana de fútbol, e quedan dúas para que remate a tempada de Liga. O C.D. Arenteiro recibe na casa este domingo ó Guijuelo. O encontro será ás 12:00 horas no campo de Espiñedo. Este será o penúltimo encontro antes das vacacións. O último será o vindeiro sábado, día 13, fronte o Polvorín. E o domingo 14 celebrarán no parque municipal unha festa de fin de tempada con todos os éxitos acadados.