O C.D. Arenteiro remata a Liga fronte o Polvorín

O sábado, o C.D. Arenteiro xoga a última xornada de liga. Será preto e contra un equipo galego, o Polvorín. Levarán con eles a Lugo un autobús ca súa afección. O encontro será o sábado, ás 17:00 horas, no estadio Anxo Carro.  

O domingo haberá festa en Carballiño para dar por rematada esta tempada única, con sesión vermú, xantar, xogos e acabará coa actuación da orquesta La Fórmula pola noite.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, o Sporting Carballiño tamén pecha a tempada o sábado, ás 18:00 horas, cun derbi fronte o Maside.