O C.D. Arenteiro enfróntase ao C.D. Lugo no Trofeo Festa do Pulpo

O C.D. Arenteiro está inmerso na pretempada, xogando xa encontros coma o de onte fronte o Pontevedra, que se saldou cun empate a uns. Mañá terán outra cita, neste caso co Trofeo Festa do Pulpo, que se disputará ás 19:30 horas no campo de Espiñedo.

Enfrontaranse dous grandes da categoría, os verdes e o C.D. Lugo, dous equipos que tamén se verán as caras esta tempada en Liga. Este será tamén o primeiro encontro no tempo de Espiñedo despois das obras que estiveron en marcha este verán, preparándose para as esixencias da Primeira Federación.

AVANTAR ACTIVIDADES