A directiva da Asociación Liga Carroza do Carballiño, competición que ten unha historia de máis de 30 anos, informa que, de non inscribirse máis equipos dos que actualmente están confirmados, podería non disputarse esta tempada 2023-2024.
Esta competición non federada, creada para afeccionados ao fútbol sala maiores de 30 anos, que dispón de seguro deportivo privado para cada participante, leva disputándose no Pavillón Paco Chao do Carballiño dende os tempos da súa inauguración.
Actualmente os custos por equipo eran de 40€ por temporada, para a xestión da liga, seguro RC, balóns e actas. Ademáis o seguro deportivo para cada xogador ten un importe inferior a 60€, tendo unha cobertura de atención sanitaria e indemnizacións por accidente na competición.
A organización esperará ata o 25 de setembro para tomar unha decisión, confirmando que de non haber cando menos 8 equipos, sería moi posible que a competición non se disputase esta tempada.
Calquera persoa ou equipo que queira participar, pode poñerse en contacto coa organización no mail ligacarroza@gmail.com
No pavillón Paco Chao do Carballiño tamén se dispón da información necesaria para explicar os términos da competición e a súas normas.
A organización quere agradecer á Fundación Galega de Fútbol Sala, Concello do Carballiño e ao resto dos colaboradores voluntarios que fixeron que durante estos últimos anos esta competición perdure no tempo, instando e animando aos aficionados das Comarcas do Carballiño e do Ribeiro a participar.