A competición da Liga Carroza comezará o 18 de outubro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Logo de celebrar a reunión cos equipos participantes na Liga Carroza a tempada pasada, tomaron os seguintes acordos para a tempada 2023-2024, que se disputará no Pazo Paco Chao, coa colaboración do Concello do Carballiño.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A competición comenzará o 18 de outubro de 2023, e rematará o 31 de maio de 2024, coa celebración da Final de Copa e posterior Cena-Gala de fin de tempada, coa asistencia de todos os equipos, patrocinadores, e autoridades colaboradoras.

Cada equipo para ser inscrito debe ingresar antes do 2 de outubro na conta da Asociación Liga Carroza 150€, dos cales 50€ se corresponden en gastos da tempada (incluido seguro de responsabilidade civil) e 100€ correspondentes a fianza, que será compensada na cena de final de tempada.

O seguro sanitario obrigatorio ten un custo de 60€ por xogador, que será exclusivamente persoal e para partidos oficiais da competición. Como todos os anos, o xogador que non teña pagado o seguro non aparecerá na acta do encontro, polo que non podería disputar o partido.

Como novidade, este ano cada equipo poderá ter un máximo de 2 xogadores federados en fútbol por tempada. A condición é que ditos xogadores terán que ter cumpridos os 30 anos e non xogar en categoría superior a PRIMEIRA GALICIA. En caso de baixa de estes xogadores non se aceptará alta de novos xogadores federados na mesma tempada. Dado que esta novidade nas normas pode producir a aparición de algún novo equipo, a Liga Carroza amplía o prazo de inscrición ata o 2 de outubro de 2023.

Os partidos disputaranse os mércores e xoves as 20:30 e 21:30 horas. Si os xoves soamente houbera un partido sería as 21:00 horas.Todos os interesados en inscribirse ou ter información poden enviar un mail a ligacarroza@gmail.com e a organización poñerase en contacto con eles.