Save the Children organiza o 23 de outubro o Día Mundial de Acción para a Supervivencia Infantil. O obxectivo é deter a mortalidade de nenos menores de 5 anos e nais, por causas que se poden previr, como a pneumonía, a diarrea, as complicacións derivadas durante o parto ou a desnutrición
Mellorar a nutrición e a saúde, asegurar o acceso a auga potable e saneamento, e promover hábitos saudables logran previr e tratar as principais causas de mortalidade infantil ofrecendo a todos os nenos a oportunidade de crecer sans e desenvolverse plenamente.
África Subsahariana é o lugar con maior índice de mortalidade no mundo. Un de cada 12 nenos morre antes dos cinco anos de idade.
O 23 de outubro tamén se celebra
– Día Internacional do Leopardo das Nieves
– Día Internacional do Síndrome de Kabuki
Facer Clic nas IMAXES
19 de outubro : Día Internacional do Cancro de Mama
20 de outubro: Día Mundial da osteoporosis
21 de outubro: Día Mundial do Aforro de Enerxía
22 de outubro: Día Mundial da Tartamudez
23 de outubro: Día Mundial de Acción para a Supervivencia Infantil
24 de outubro: Día Internacional contra o Cambio Climático
25 de outubro: Día Europeo da Xustiza
Máis información en :
https://www.diainternacionalde.com/mes/outubro
BOLETINS OFICIAIS : Información de interes :
EFEMÉRIDES DE NACEMENTOS
19 de outubro | 1862 En Besancon, Francia, nace Auguste Lumiere, que xunto ao seu irmán Louis estudará as posibilidades das imaxes en movemento e inventarán o proxector cinematográfico. (Hai 157 anos) |
20 de outubro | 1632 Nace en East Knoyle (Reino Unido), o arquitecto, matemático e astrónomo inglés Christopher Wren, que dirixirá a reconstrución de Londres, despois do incendio de 1666. A súa obra principal e máis coñecida será a catedral de San Pablo, na capital. (Hai 387 anos) |
21 de outubro | 1914 Na cidade norteamericana de Tulsa, no estado de Oklahoma, nace o matemático e divulgador da ciencia Martin Gardner. Escribirá libros de matemática recreativa que alcanzarán gran popularidade. (Hai 105 anos) 1833 En Estocolmo, Suecia, nace Alfred Nobel, inventor e químico sueco, descubridor da dinamita con cuxa patente conseguirá unha enorme riqueza á vez que un certo complexo de culpabilidade polo mal e destrución que o seu invento pode causar á Humanidade nos campos de batalla. Por iso, dispoñerá que á súa morte, a súa gran fortuna sexa doada a unha fundación, a Fundación Nobel, que outorgará premios a todas aquelas persoas destacadas pola súa inestimable axuda á Humanidade. (Hai 186 anos) |
22 de outubro | 1811 Nace en Raiding (Hungría), o compositor, director e pianista húngaro Franz Liszt, unha das personalidades máis importantes do seu tempo e precursor do recital para piano. Compoñerá preto de 350 obras. Entre as súas obras de piano destacarán as vinte Rapsodias húngaras. (Hai 208 anos) |
23 de outubro | 1940 Nace en Tres Coraçoes, Brasil, Edson Arantes do Nascimento, ao que se coñecerá mundialmente como “Pele” e será alcumado o “Rey”. Consideraráselle o mellor futbolista de todos os tempos. Coa súa gran técnica de toque de balón, dará ao seu país tres vitorias na Copa do Mundo nos anos 1958, 1962 e 1970. (Hai 79 anos) |
24 de outubro | 51 Nace en Roma Tito Flavio Domiciano, o fillo menor do emperador Vespasiano e de Domitila, que será Emperador romano do ano 81 ata a súa morte en 96, último emperador da dinastía Flavia, que exercerá unha autoridade ilimitada de maneira desapiadada pero eficiente e cuxos programas de goberno obterán bos resultados. (Hai 1968 anos) |
25 de outubro | 1881 Pablo Picasso, pintor español, que será talvez o artista máis influente do século XX, nace na bonita cidade de Málaga (España). Baixo a influencia de Cézanne e en compañía de Georges Braque, Picasso iniciará o cubismo. (Hai 138 anos) |
EFEMÉRIDES DE OBITUARIOS
19 de outubro | 1745 Falece en Dublín, por mor dun tumor cerebral, Jonathan Swift, escritor irlandés, autor da obra satírica “As viaxes de Gulliver” que, sorprendentemente, converterase nun éxito da literatura infantil. (Hai 274 anos) |
20 de outubro | 2011 En Sirte, Libia, Muamar o Gadafi morre pouco despois de haber resultado ferido nun ataque aéreo da OTAN e liquidado polos rebeldes. A súa morte e a toma desa cidade, na que naceu hai 69 anos, significan o fin das hostilidades en Libia, que comezaron hai 8 meses en Bengasi, e a vitoria do Consello Nacional de Transición. Anúnciase a formación dun goberno de transición, seguido de eleccións para unha Asemblea Constituínte en oito meses e eleccións parlamentarias e presidenciais un ano despois. (Hai 8 anos) |
21 de outubro | 1805 Na costa andaluza, fronte á localidade de Barbate (España), morre durante a Batalla de Trafalgar na nave Vitoria, vítima do disparo dun francotirador francés, o Vicealmirante británico Horatio Nelson. No ” Redoubtable”, un francotirador apostado na cofa a uns doce metros de altura sobre a cuberta teno fácil xa que o Vicealmirante é coñecido polo rechamante do seu uniforme e máis en concreto polos brillantes distintivos que normalmente loce na pechera. Con coidado observa entre o fume da batalla, e ve o despampanante uniforme que exhibe Nelson. Contén a respiración e dispara. A bala do mosquete alcanza o brazo esquerdo do Vicealmirante, perfóralle o pulmón e detense na base da súa columna. Nelson cae sobre a cuberta. “Por fin acabaron comigo”, dille ao capitán Hardy, mentres o levan ao seu camarote, “atravesáronme a columna vertebral”. Morre tres horas máis tarde coincidindo co fin da Batalla. (Hai 214 anos) |
22 de outubro | 1973 En San Juan (Porto Rico) falece Pau Casals un dos músicos españois máis destacados do século XX, considerado un dos mellores violonchelistas de todos os tempos. (Hai 46 anos) |
23 de outubro | 1921 Falece en Dublín (República de Irlanda), o veterinario John Boyd Dunlop que inventou e patentou, en decembro de 1888, as primeiras rodas de pneumáticos con cámara de aire. Fundou a compañía Dunlop Tyres, de pneumáticos e derivados do caucho. (Hai 98 anos) |
24 de outubro | 1601 Falece en Praga (República Checa) Tycho Brahe, astrónomo danés de familia nobre e carácter intrépido que, a pesar de viaxar moito, sempre estivo dedicado aos estudos de astronomía. Os seus instrumentos para observar o Universo, son os máis perfeccionados da época. Foi o último dos grandes astrónomos da era previa ao telescopio. (Hai 418 anos) |
25 de outubro | 1647 Afectado de pleuresía, falece en Florencia (Italia) Evangelista Torricelli, físico e matemático italiano quen, entre outros descubrimentos, enunciou o principio do barómetro, polo que pasará á posteridade, demostrando así a existencia da presión atmosférica. (Hai 372 anos) |