O encontro Arenteiro vs Burgos de Copa será o día 6 de decembro en Espiñedo

Onte celebrábase o sorteo da segunda eliminatoria da Copa do Rei, e xa pola tarde a Real Federación daba a coñecer cando e onde serían os enfrontamentos. O C.D. Arenteiro recibirá a un equipo de Segunda División, o Burgos C.F.. Finalmente, o encontro será o día 6 de decembro, ás 16:00 horas, no estadio de Espiñedo.

Esa semana, o clube xogará co domingo fronte ao Sabadell, o mércores Copa e a fin de semana en Madrid do Rayo Majadahonda, polo que a data do encontro é a ideal para a recuperación dos xogadores.

AVANTAR ACTIVIDADES

Como xa afirmaban na primeira eliminatoria, están moi ilusionados con esta competición.