O Arenteiro enfróntase mañá ao Burgos nunha nova cita coa copa do rei

O equipo do Club Deportivo Arenteiro ten mañá outra cita histórica no campo de Espiñedo coa segunda eliminatoria da Copa do Rei, na que enfrentará, dende as 4 da tarde, ao conxunto do Burgos C.F., que milita na Segunda División do fútbol nacional. Os verdes conseguiron eliminar ao Avilés no seu propio campo (0-1) o pasado 1 de Novembro na primeira ronda desta competición.

Os xogadores verdes manteñen a moral alta logo de vencer cun contundente 2-0 ao Sabadell na pasada xornada de Liga, e o seu estado físico foi destacado polo seu adestrador, Javi Rey:

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, o Sporting Carballiño mediráse tamén mañá ao Atlético Arnoia dentro do programa de competicións da ‘XLIII Copa Deputación’. A cita será a partir das 4 da tarde no campo municipal da Uceira.