A Audiencia Nacional falla a favor dos veciños da comunidade do monte veciñal ” Costas de Xuranzás” nun litixio contra Adif

IES CHAMOSO LAMAS

Nun recurso de apelación interposto pola letrada carballiñesa Rita Alén Pérez a Sala do Contencioso Administrativo ( sección octava ) da Audiencia Nacional acababa de dictar sentencia favorable aos veciños da comunidade do monte veciñal ” Costas de Xuranzás” nun litixio contra Adif.

O problema orixinouse cando fai xa algúns anos ardera o comunal despois de pasar un tren e un dos vagóns fixo moitas chispas por rozamento o cal deu orixen o incendio.

HIPER MASIDE

As reclamacións dos veciños diante da Adif non diron resultado e o tema acabou nos tribunales.

A Sentencia dictada o día 5 de novembro de 2019 polo ” Juzgado Central de lo Contencioso Administrativo nº 7″ non lle deu a razón aos veciños

Estes apelaron e ahora a Sala do Contencioso dalles a razón e revoca e estima parcialmente o recurso contencioso-administrativo recoñecendo o dereito a unha indemnización de 68.718,91 € e que se han de actualizar aplicando o interese legal do diñeiro desde a reclamación en vía administrativa.

A sentencia é susceptible de recurso de casación