Carballiño e Maside entregan os informes sectoriais á Xunta para o novo polígono industrial

Os concellos do Carballliño e Maside remitiron nas últimas semanas ao Instituto Galego de Vivenda e Solo a documentación sobre a que os técnicos municipais estiveron traballando no proxecto do novo parque empresarial.

Trátase de información sobre a rede de abastecemento, con datos do consumo total de auga actual e o seu incremento unha vez que se poña en marcha o proxecto; tamén datos sobre a capacidade e rendemento da planta de tratamento de residuos.

AVANTAR ACTIVIDADES

Falamos dos informes sectoriais favorables de Adif, pola proximidade da liña do AVE; de Unión Fenosa relacionado con liñas de subministración eléctrica e centros de transformación; a Minas para a protección das augas termais de Caldas de Partovia e a Axencia Galega de Infraestruturas (para o Eixo do Ribeiro, estrada autonómica OU-504).

Recordamos que un dos primeiros pasos foi a aprobación e creación dunha comunidade de augas compartida, xa que é un dos requistos máis importante a nivel recursos para o novo polígono.