Aínda quedan entradas para o derbi galego entre o Arenteiro e o Compostela

Un derbi, unha festa do fútbol galego e unha xornada para compartir xuntos. Este domingo, o C.D. Arenteiro viaxa a Santiago para xogar co Compostela, único equipo que conseguiu vencelos esta tempada. O encontro será ás 16:45 horas no campo Vero Boquete.

O club carballiñés chegará á capital cun milleiro de seguidores verdes, pero para os que aínda volo estades pensando, quedan algunhas en Autocares Rodríguez con dispoñibilidade de autobús.

AVANTAR ACTIVIDADES

Haberá un FAN ZONE coa actuación da orquesta Cinema antes e despois do partido, xogos infantís, pulpeiros e moito máis.