O PSOE do Irixo acusa de “gasto desmesurado” ós 55.000 euros dunha páxina web

O PSOE do Irixo criticou o gasto feito polo concello con respecto á plataforma dixital de venta da Marca O Irixo. Fíxoo a través da información obtida por parte das facturas. A nota que fixeron pública é a seguinte:

“O ALCALDE DO IRIXO gastou 55 MIL EUROS nunha soa factura pagada a unha soa persoa para unha web de compra venta da marca Irixo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ademais súmanse o mesmo fin mais facturas… unha de preto de DOS MIL EUROS MÁIS por campañas de marketing dixital…. E outra mais de case DOS MIL EUROS a mesma persoa para traballos relacionados ca mesma web de compra venta.

Todo elo faría case un total de 60 MIL EUROS despilfarrados, e os pobos do Irixo abandonados….

Os socialistas consideran un despilfarro e lamentan que nun concello onde máis da metade dos pobos non teñen saneamento e moitos teñen graves problemas de subministro de auga ou acesos precarios que non accede unha ambulancia ou un coche de bombeiros, se poda despilfarrar esta cantidade desta forma.

Lamentan tamén os socialistas os comportamentos e despilfarros do alcalde Manuel Cerdeira que non visitou os pobos do Irixo en 4 anos pero si viaxou por España adiante a cargo do concello, así solo nun destes viaxes  cobrou do concello case 700 euros en concepto de dietas por viaxar a Madrid e Valladolid a unha suposta Feira Internacional de Turismo entre outras actividades.

Outro despilfarro serían comidas pagadas polo concello para preto de 50 persoas ca única xustificación de “MENUS ADULTOS” ou pulpadas pagadas polo concello que suman entre ambas uns MIL EUROS.

Tamén detectan os socialistas facturas por valor de mas de 10 MIL EUROS sobre presuntas obras e materiais facturados directamente por unha persoa de fora do Concello, facturas das que os socialistas teñen mais que dúbidas razoables.

Entre outros moitos gastos, dos que os socialistas só puideron revisar menos da metade da facturación do concello do ano 2021 no día de onte”.