O Arenteiro remata a pretemporada con derrota fronte o Deportivo

O C.D. Arenteiro recibiu na casa, en Espiñedo, ao Deportivo da Coruña, dentro da pretempada. A pesar de que os do Carballiño loitaron, os coruñeses impuxéronse no marcador 0-3.  

Encontro con caras coñecidas e cun Espiñedo cheo tanto da afección local coma visitante, onde tamén houbo obsequios entre ambos equipos, que poñían punto final a esta previa antes da competición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para Javi Rey, o seu equipo foi quen de competir, e en liñas xerais está contento coas sensacións desta pretemporada. Aínda así, os erros servirán para afrontar a tempada en Liga que comeza esta semana.