O C.D. Arenteiro recibe ao Logroñés este domingo

O C.D. Arenteiro comezou a Liga a pasada semana en Tarragona, cunha derrota que pelexaron ata o final. As esixencias desta nova etapa en Primeira Federación xa se comezan a notar.

Este domingo estréanse na casa, en Espiñedo, fronte ao Logroñés ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Os socios de calquera tipo terán acceso pola porta 2 á Grada Principal, coa presentación do seu carné desta tempada. O público xeral terá acceso pola porta 3. As entradas terán un prezo de 20€ salvo para os menores de 16 anos, que será de 10€.

As entradas despacharanse dende hoxe na oficina do clube no local cedido por Cer&Ber na rúa Rosalía de Castro, e o día do partido na taquilla dende as 17h.