Xa están dispoñibles as entradas para o Celta B – C.D. Arenteiro

O C.D. Arenteiro volveu hoxe aos adestramentos para preparar o próximo encontro de Liga, que será este próximo domingo. Neste caso, o rival será o Celta B.

Dende hoxe e ata o venres (incluído) estarán á venda as entradas na oficina do clube cedida por Inmobiliaria Cer&Ber na rúa Rosalía de Castro. O horario das oficinas será de 10:30 horas ata 13:30 horas e 17:30 horas ata 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

As entradas terán un prezo único de 15€ e non será posible mercalas a través da web oficial do club.