Os nenos estrean un parque colorido

O parque infantil da Alameda reabriu, unha vez rematadas as obras, completamente reformado para que os máis pequenos poidan gozar deste espazo recreativo situado no centro do Carballiño.
A reforma cambiou completamente a estética da Alameda onde só se mantén a pista polideportiva para os menores de 12 anos, substituíndo os vellos xogos por outros de gran cor, á vez que se reforzaron as medidas de seguridade para os usuarios. . Tamén se realizou unha intervención nas pirámides que dan luz ao aparcadoiro subterráneo, cubríndoas con paneis de fotografías de monumentos, lugares e eventos representativos da vila.
Publicidade