Acordo entre o Grupo Cerber -concesionaria- e a Deputación de Ourense no día de hoxe para ofrecer a gratuidade do Parking do Hospital ata o 4 de Maio.
“Estamos ante unha crisis sanitaria na que temos que colaborar e que deberemos ser partícipes toda a cidadanía, para poder facer fronte a esta situación nunca antes vivida”, sinala Uriel Bernárdez, responsable do grupo. O obxetivo primordial é facilitar a movilidade individual e así protexer ó personal sanitario.
“É un momento excepcional e é necesario tomar medidas excepcionáis a favor da poboación e colaborar en todas as frontes -afirma Baltar-, recoñecendo a difícil situación que está a vivir a cidadanía e o papel fundamental do persoal sanitario,” expresou.
O documento indica que dende o 9 de Abril ata o 4 de Maio, que a ningunha persoa usuaria das instalacións do parking lle suporá custe algún, e para o persoal do CHOU renovarase durante un mes máis a duración do seu bono.
Segundo afirman as dúas partes, esta proposta non se puido formalizar antes debido aos procedementos administrativos, xa que os servicios técnicos, tivérona que analizar con detalle para que esto se poidese levar a cabo.
A modificación de precios do ano 2018 convertiron ó Santa María Nai, no máis barato de Galicia e con esta modificación, e agora convértese no pioneiro en ofrecer os seus servicios 24 horas de forma gratuita ante a emerxencia sanitaria do COVID-19.
Este grupo carballiñés tamén ofrece dende o pasado mes de Marzo, no Parking Centro Norte, situado en Madrid, 150 plazas gratuitas para personal sanitario do Hospital La Paz.