Xulio Dobarro: “O Irixo-O Campo do Camiño Nós e as estremas coas terras dezás e Dadín.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


“Ás cinco e meia chegamos á Hermida do Fondo, onde hai casas de laxas bastante boas, inda que son poucas todas teñen moi bos cabaceiros. A hermida estaba pechada e foinos imposibre o sabere que santo tiña”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

 Deixabamos aos intrépidos camiñantes desta segunda xeira do Camiño ás portas do concello de Lalín, que, se nos atemos ao lugar e á hora indicados, non era para menos que non se preocupasen para poder chegar á vila de Silleda, que, como xa lles adianto, sería contra a unha da noite, despois de pasar por sitios habitados invisibles, escoitar rumores infundados  e preguntarse:

 “Onde estará Silleda?   E andamos xa mais en silenzo. A noite, nin quente nin fresca, mais o suor cola y escorrega polo lombo, e molla a tea do morral que vai pegada a chaqueta. Tropezamos con pedras. Imos cansos”.

O Campo, maís alá dos seus lindes históricos, unha etapa importante do Camiño NÓS.

 Esta segunda etapa [“xornada que tiña de ser a mais penosa de todas”] do día nove de xullo de 1926 inicíárase no Carballiño, despois de ter pernoitado no hotel Carlos da vila do Arenteiro [na actualidade, no que é a fachada da cafetería Capri, loce unha placa homenaxe], que o imponente Otero Pedrayo , “que é un home de moita pantalla pra por enfrente de calquera, foi o encarregado, coa sua diplomacia  de presentar as nosas credenciales â autoridade, [a Garda Civil], que se deu por satisfeita” ,  que, despois de pasar a Ponte de Veiga, admirar as carballas centenarias no pazo de Madarnás e algúns detalles no interior, chegan á Ponte Irixo a tempo para saborear un menú local, facer a “toilet”, reparar o calzado e botar unha sesta, afrontan a parte  máis difícil que era superar o alto da Romiña e empezar o descenso cara á terra de Deza.

 Sobre os lindes do concello do Irixo co de Lalín e , en consecuencia, coa provincia de Pontevedra, o cronista Xavier Pardo Bedia, que se basa nas notas tomadas por Risco ao longo da travesía, e seguindo o trazado do mapa de Galicia de Fontán, primeiro sinala que aquela “a de Pontevedra, escomeza xa na Hermida do Medio, para a que inda temos moito que andar”.

 “Son as sete da serán e estamos nó outo da Hermida do Medio. A hermida? en si, está algo desviada do noso camiño, â direita e despois de pasar unha outura grande . Hai alí unha casa nova, e oucénse os golpes do martelo petando no ferro do yunque d-unha ferreiría. Estamos máis altos que o pobo, e ollamos ao lonxe Castro Maior, Lalín, etc.”

   Este parágrafo, -despois do abafante lume do ano 2022 que arrasou con case a totalidade da contorna desde a Cruz da Grade ata Trabazón, dános pé a visualizar elementos da paisaxe que estaban acochados na maleza e dos que tomaran boa nota os correcamiños- e fixarnos na microtoponimia deste tramo que en grande medida marca as estremas entre os concellos de Lalín e O Irixo. Os nosos lindeiros dezaos xa o son de vello; así, segundo o Catastro de Ensenada (1753) a parroquia do Campo “ocupa de Levante a Poniente una legua, y de N. a S. un quarto, que en circunferencia será dos leguas y media, y se handará en tres horas y media. Y demarca por la parte del L. con el marco de Regualdo [monte de Casares-Loureiro, quizais a marca que aínda hoxe se observa en Pena Grande: L=Loureiro, C=Campo)] de allí al sitio das Cruces das Moas, siguiendo a la Fuente dos Vidos con la feligresía de Loureiro; por el sur con el marco da fuente dos Vidos, e por el abaxo hasta la Puente de Eirixo (con la Feligresía de Dadín jurisdición de pazos de Arenteiro); por el P. con el arroio de Liñares, y por el arriba, siguiendo al lugar de Nabás de la feligresía de Ciudad, de dicho lugar a la Cruz de Hermida do Fondo con la feligresía de Froufe, y por el N. con el Coto de Pena Albura, de allí al Coto de Mestis con la feligresía de San Pedro de Doade de la jurisdición de Deza, de allí al marco de Lagartelas, siguiendo al de Mámoa Verde, y de este al citado de Regualdo, que fue principio de la demarcación”.

 Con respecto á “esa hermida” na Ermida do Medio (Lalín), descoñezo se existiu ou quedan mostras da súa existencia na actualidade, pero si que hai un topónimo no Catastro actual que obedece ao nome de “Capilla” e “Tras da Capilla” -xusto onde está sinalado o punto do Coto societario de caza de Lalín, por enriba do lugar-. E outro topónimo menor que se di “Camiño Grande” tamén pode levarnos a cabilar no que era o camiño tradicional dos arrieiros ou variante a Santiago que seguiran os do Grupo Nós. Lembrar, acaso, que na Ermida do Fondo (O Irixo), sí está perfectamente conservada a ermida da que xa se falou

 Polo que toca á esa “outura grande” , quizais se trate do topónimo que fai referencia a “Pena Albura / Pena Alghura”, [a segunda é a variante local no Irixo, pero trataríase simplemente dun cambio  fonético froito da similitude de fonemas oclusivos, ademais da gheada]. A orixe deste microtopónimo, en canto ao significado, ou ben se crea por oposición ao “Pena Negra”, ao sur, ou pola presenza de abundante seixo ou cuarzo no subsolo. O linde actual sitúa “A Pena Albura” no concello de Lálín, e pola parte sur “O Rañadoiro” (O Campo).

 O espazo que no catastro se identifica como “Pena da Edra”, é unha curiosa formación rochosa na que ao seu redor se pode observar a presenza abondosa de restos de seixo e pizarra, que presenta coma unha especie de cova, quizais formada, en parte de xeito natural, ou como canteira para a extracción de pizarra, da que quedan moitos restos ao redor. Tamén pode ser esa “outura grande” do cronista

 A día de hoxe, semella que os marcos entre concellos se manteñen inmóbiles desde tempo atrás. Sen embargo, si se están movendo de forma inconsciente ou interesada entre as parroquias de Dadín e do Campo, que, como xa advirtiamos noutra ocasión,  o feito de que a capitalidade do concello poida ser compartida entre As Laxas e A Ponte, non debe modificar os lindes tradicionais entre elas, que deben responder ao que se recolle documentalmente e se debe revisar o que está reflectido  na documentación administrativa e cartográfica actualmente.

 Unha vez superado ese punto máis elevado:”As sete e dez, estamos no punto máis outo da serra, camiño do Espiño, marca o altímetro que levamos, 880 metros”. …”Á esquerda de iste pobo, vemos o monte Candán”.

Couso, O Espiño da Espiñeira e O Espiño de Lebozán

“Seguimos polo lugar de Castiñeiras na parroquia de Lebozán, De eiquí imos a Saborida e Dodeirón da mesma freguesía. As nove e quince, estamos en Vilatuxe, dende onde se olla, tamén à esquerda  o monte Chamor.”

A Pena da Edra, paralela ao camiño, por enriba de Trabazón, preto da Ermida do Medio

“Son as dez. Cai a noite, e camiñamos entre lusco e fusco cando pasamos pol-o campo da feira de “Carballiñas”, que é un lugar fermoso …O campo da feira é moi grande, cadrado, arrodeado de casetas moi longas de taboas, todas pechadas, e prantado de outísimos carballos e algúns castiñeiros que xuntan as ponlas convertindo o campo en un fermoso túnel”.

Despois de levar “andado moito tempo sen atopar nin casas, nin xente. Faguemos unha pousa no pretil de unha ponte …camiño de Silleda que cada vegada se nos antoxa mais lonxe de nosco”.

 Conque se cruzan ou escoitan: “un can, dous camiñantes, un só, ninguén, un home montado n-un burro. É un fogueteiro vello, que leva diante, abrazados, coas canas para riba, en feixe, coma se levara unha bandeira, o menos tres ducias de bombas.”   

Anguriados pola situación, “Por fin hai casas con lus â veira da estrada. N-unha síntese

Mouteira  de entrada ao concello de Lalín e de despedida-recepción do Irixo

falar :  petamos na porta, e sainos ao corredor u-nha muller ; preguntamos o que falla pra Silleda: dinos que duas legoas”.

 Diante semellante situación: “Non falla de nós quen pense si seremos xoguete de un engano do trasno, e que Silleda, a cada volta afasta mais de nós. Casos de istes teñen pasado, e non hai boyeiro, nin carreteiro, nin arrieiro que non seipa de algún que lle pasou a il. Estaranos pasando outro tanto a nós?.

Medo, imaxinación e algo de humor retranqueiro formaban parte da aventura… –Digo eu.

 -A estrada de cote silandeira…Onde estará Silleda?

“O Feixóo, Otero Pedrayo e máis eu [Xavier Pardo] parámonos a roer un pouco chicolate, e a descansar un anaquiño …non vimos nin rastro do Risco e do Sánchez, Chamámolos primeiro, logo berramos, sen resultado. Tememos por eles, coidando que se  perderan, e apretamol-o paso. Chegamos a unha gran renta , unha perspeitiva versallesca, entre duas ringlas de outos albres…

-Andamos, e pasamos diante de un pau con luz como os da via do tren …Parez que imos chegar a unha estación do tren … [En todo caso estaría en estudo ou construción, tanto o trazado como a estación, porque algúns veciños da contorna xa lles preguntaran se ía pasar por alí a vía. Sería en 1958 cando se inaugurase a liña Ourense-Santiago].

Unha paisaxe  de vindeover –á parte doutras consideracións- na“Casa de Chedas”

-Por fin estamos en Silleda: alá está a estrada de Ourense. Chegamos a ela e atopamos ao Sánchez e o Risco, sentados n-un banco de pau e ferro diante de unha casa.

-É a unhada madrugada. [Desde as  seis e media que sairán do Carballiño “cando, agás, da pousadeira que a isa hora ía pra misa, ninguén había inda pol-as ruas”, a xornada fora completa e , ás veces, traxicómica segundo o relator…pero a cousa aínda non rematara…]  

´-”Inda non tiñan de ficar eisí as emocións de esta etapa, faltaba o pior: en Silleda todo estaba fechado, e nón non sabiamos onde estaban as pousadas.Petamos en dúas portas sen resultado, ata no Consisitorio…Por fin pasou un camión cargado de pelexos de viño, e un patrón non moi vello, que era o dono, ofreceuse moito e ainda nos dixo que nos levaba â sua casa, a dous Kilómetros de alí indo para Sant´Yago, onde polo menos, según nos dixo, atopariamos herba para nos deitar, e sinon o pasábamos mais ben pasabámol- o mais mal. O bon do arrieiro que trocou o carromato pol-o camión, foi a nosa providencia….en duas casas nos dixeron que non tiñan sitio, non sabemos si de certo ou por medo âs “pintas” que levábamos.. De aquela o noso home dixo que iamos â casa de Trabazo [actualmente:Albergue turístico Trabazo en Silleda:na penúltima etapa da Via da Prata do Camiño de Inverno],  e que si alí non nos collían , nos levaba â sua casa , porque, -decía il- :”Eu non sei quen son, mais sexan quen sexan, mais ladrós que a min non han  ser”.

Igrexas parroquiais da Espiñeira-O Irixo e Lebozán-Lalín

-Gracias a íl tivemos pousada e cea na casa de Trabazo. Ceamos abaixo na mesa dos arrieiros. Logo fómonos dormir, mais non había sinon duas camas e un xergón. Que deitamos no chan e de xeito que catro tivemos que durmir aparellados

….Dormimos coma lirós até meia mañá do outro día.

Lugares polos que transcorre parte da segunda etapa, Lalín-Silleda.

-Na nosa accidental pousada había un comedor de “respeto” do que fixemos sala de redacción e alí estivemos escribindo gran parte do que vai xa pubricado.

 Despois de baixar ao comedor dos “siñores”,  con estampas de Venecia e xardíns románticos, comparten mesa e mantel cunha dona que presidía a mesa :”de faciana enérxica, un pouco vella, de ollos craros, fermosos dentes, bo colore, cabelo cortado a “garçonne”, collar de duas bancas e negras e ideoloxía de moda de U. P.”. “que era de Toral de los Vados, e maiestra nacional de unha escola de perto de Silleda” . Así, entre o respecto e a retranca do retrato :Teremos compreto o dibuxo da nosa presidenta de mesa…., di o cronista.

Continúa engadindo : “a nosa dona, que ao principio mostrábse moi reservada, foi entrando na conversa, e ao fin, emprincipiou, c´unha dialéitica desenfadada e as vegadas agresiva, unha heroica defensa contra todol-os que a arrodeábamos, da Hespaña, da muller hespañola, da “airosa” mantilla, do cabelo curto, do matrimonio por amor, etc.

 Non cabe dúbida que os camiñantes, a pesar da canseira do dia anterior aínda tiveron folgos para “desfrutar” do alegato nacional-patriótico da mestra berciana.

 Despois da sobremesa  e “xa un pouco cansos de ouvir a verba da pedagoga”, foron durmir a sesta, namentres agardaban pola chegada do Castromil que saíra ”d-Ourense pol-a mañá”, e no que viaxaban o Cuevillas e Monxardín para completar nese día a ruta ata A Ponte Ulla, despois de pasar por San Ciprián de Chapa -onde houbo Hospital de pelegrís-, “seguir pra Bandeira, onde bebimos gaseosas n-unha tenda”, pasar por “San Pedro de Orazo”, onde hai unha fábrica de campás. Son as once da noita cando chegan á Ponte Ulla: aquí cearán a base de chourizos, ovos, bon viño da Ulla con agulla, e molete de Sant´Yago”.

 No día seguinte contan de facer a rubida ao Pico Sagro ,”onde nos agardaban queridos irmáns de ideal”. 

 Así foi como a mañá seguinte, domingo, dez de xullo de 1926,: “de súpeto, un de nós coidou ollar xente no Pico acenando unha bandeira”.

 Na aba do Pico invádeos a emoción e a espiritualidade: “O Risco e o Otero Pedrayo, cairon de xeonllos no chan e todos, polo baixo, recitamos a pregaria tradicional: “ Pico Sagro, Pico Sagro, líbrame do mal que eu trayo!”.

 O momento de maior emoción foi cando no alto do Pico, unha enorme  bandeira branca os saudaba e eles ataron na punta dos seus paus uns panos como resposta. O Risco, Cuevillas e Monxardín ruben pola dereita, mentres O Feixóo, O Sánchez e Xavier Pardo o fan polo medio. 

 Alí uníranse, entre outros, O Tobío, Martínez López, Requejo, Noya e algúns maís que viñeran desde Sant-Yago, ao tempo que os recibían berrando “Terra a Nosa”. Desde o cume xa se ollan ao lonxe as torres da Catedral, o Convento de Santa Clara, o Monte Pedroso…

 Os lugares que se citan desde o Pico Sagro son: San Verísimo de Sergude, Rodiño, A Susana, O Castiñeiriño, A Ponte Pedriña, onde xa escoitan dar as dez no reloxo da catedral “cando faciamos a nosa entrada pol-as tortuosas e sempre suxestivas rúas de Sant-Yago, a cibdá que garda nas súas lousas venerabels, relembros dos pasados tempos de eisprendor”.

 A impresión parece que chega á éxtase cando nas últimas liñas da crónica todo parece sublime: “A emoción que sentimos ao pisar Sant-Yago, dimpois de catro días de longo camiñar pol-o corazón da Terra, non é fácilmente descrpitibel: a nós, as fortes e rexas pisadas que dabamos debaixo dos porches maxestuosos, deixando pouco a pouco nas lousas, o polvo do camiño percorrido con unción, cal si fora a ofrenda que traguiamos pra o Apóstol soábannos  a fortes badaladas das campás da Catedral, que ían repercutindo no noso corazón acugulado de fondas emocións” .

“Como perenne lembranza de iste noso camiñar pol-a terra en precura do Sant-Yago, gardamos todos , a “Compostela”, diploma valioso que ao correr dos anos, terá a virtud de nos falar sempre d´unha das mais groriosas etapas da nosa vida.

 ¡Ouh Santa e diviña emoción da pelegrinaxe, de ti  non saben os que nos chaman tolos”.

                          (Xavier Pardo: A Nosa Terra; 1º de abril de 1927).

Desde A Pena da Edra, o camiño na estrema entre O Irixo-Lalín-A Ermida do Medio.Ao fondo O Candán.

A reprodución literal de todos os textos, segundo a versión de Xabier Pardo B., que foran  publicados  no xornal “A Nosa Terra”  en cuxa cabeceira consta o eslógan de  “Idearium das Irmandades da Fala”, teñen o mérito del e non meu de reproducilos, ademais dos que con aquel propuxeron esta “fazaña”. Porque, como ben entenderá -o sempre prezado lector-en pouco se parece á dos actuais camiñantes que peregrinan a Santiago, non só polos medios cos que contaron, que tamén, pero, sobre todo pola teima que os movía, ademais de deixarmos constancia do estado de vulnerabilidade-inestabilidade da lingua escrita nese momento, coas características dunha lingua oral chea de variantes locais do galego central en particular, o da área lucu-auriense, ou, se se quere ourensao. Por algo, a Xeración NÓS ten moito de ourensanía. Así,  ademais dos que aparecen na andaina, aínda non debemos esquecer a un dos principais ideólogos de orixe boborense, Antón Losada Diéguez, ou unha mención para o rianxeiro A. Daniel R. Castelao, que neste 2024 veñen de cumprirse oitenta anos da súa “repatriación” a Santiago, despois de permanecer outro trinta e catro enterrado en Buenos Aires.

 Que este 17 de maio de 2024, dia sinalado para a poeta homenaxeada, Luísa Villalta Gómez (A Coruña:1957-2004) sexa tamén de lembranza inmorredoira para todas aquelas persoas que teñen contribuído á “subsistencia” da Lingua e da Literatura galegas, piares básicos para o presente e futuro dunha cultura propia e senlleira. Porque, tamén se fai “camiño” ao andar. “Anque nos chaman tolos”  -Beizón pola vosa comprensión!

Desde a estrema.  Xulio Dobarro Ferradás.


Outros artigos de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro: “O Irixo. A Ponte, a capela d´a Fatima e o Camiño Nós”

Xulio Dobarro: “Celebración da festividade de San Marcos no Concieiro-Corneda-O Irixo “

Xulio Dobarro: “O Irixo. Na estrema do Pico Seco. lembranzas e presentes “

Xulio Dobarro: “O Irixo: Parada de Labiote, Basilio Álvarez e San Bertolameu”

Xulio Dobarro: “O Irixo: xúbilo dos “guillotes” ou riadaguenses. A garda civil restitúe o ladroízo, coincidindo coa festa do San Lourenzo”

Xulio Dobarro:”O Irixo-Corneda : festas na honra da “Santísima Virxe das Dores” e outras devocións”

Xulio Dobarro: “O Instituto de Estudios Carballiñeses na cimeira das publicacións en lingua galega en Galicia”

Xulio Dobarro: “O Tellado (parroquia de Cusanca, O Irixo) feira bicentenaria”

Xulio Dobarro: “A Pena da Sela, romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín)

Xulio Dobarro: “O Irixo : as pegadas dos ferrocarrís”

Xulio Dobarro: “O Irixo: celebración do san Marcos na capela do Concieiro-Corneda e outras ermidas”

Xulio Dobarro: “O Irixo: Cangues (Santo Estevo), parroquia cativa, pero senlleira “

Xulio Dobarro: ” O Irixo. Patrimonio Mineral “

Xulio Dobarro. O Irixo : Froufe: das raíces en Cebral,Toro na Alén e Cotela en Parteme

Xulio Dobarro. O Irixo: Francisco Ferradás da Pena, ágrafo, mais, filántropo-promotor da primeira escola do concello (1828)

Xulio Dobarro: “O Irixo, miscelánea sobre patrimonio inmaterial”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: Requiem por un patrimonio morredizo”

Xulio Dobarro: ” O Irixo: O ano do Bosque “

Xulio Dobarro: ” Reloxos de sol, cruceiros e inscricións varias no Irixo “

Xulio Dobarro: U-los castros do Irixo?

Xulio Dobarro: Escolma artesanal-Oficios varios III

Xulio Dobarro: Escolma artesanal II

Xulio Dobarro: Outono de vida e morte

Xulio Dobarro: Escolma artesanal

Xulio Dobarro. O Irixo: A Pena da Sela plató de “Carballeira” -Tvg: fusión de tradición e modernidade.

Xulio Dobarro. “O Irixo: “trabucos” e “remesas” sen retorno”

Xulio Dobarro: “O Irixo: augas, fontes e seca “

Xulio Dobarro: “O Irixo: auga e lume confrontados. tradición (culta) e popular”

Crónica de Xulio Dobarro: O monte de Saavedra (o Irixo):”o Penedo dos Corvos”: un ben cultural e natural calcinado

Ao pé do Viñao (o Irixo) e o Arenteiro

Carmen Conde Abellán, afectos e saudades galegos (Dadín-O Irixo)

O Tellado (parroqia de Cusanca, O Irixo) Feira bicentenaria

A Pena da Sela, Romaría única no concello do Irixo (San Pedro de Dadín )

O Irixo-Dadín, berce da poeta Carmen Conde Abellán, mártir, heroína e primeira muller en sentar na R.A.E.

O Irixo: Corneda castrexa,señorial e dona de seu

O Irixo. maio florido, maio festivo :da Fátima ao Tellado

O Irixo: a Fraga-San Cosme de Cusanca plató de cine de…

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” II

O Irixo: ” Un vindeover/ Espectaculo Primaveral ” I

O Irixo: ” Un vindeover no cadabullo ( I ) “

O Irixo, escaparate centenario da emigración

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.