Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Comentamos en colaboracións anteriores aspectos relativos  aos nomes propios e en particular os da toponimia maior (lugares e parroquias) e menor (microtopónimos ou eidos) do concello do Irixo; nesta volta achegámonos aos antropónimos ou nomes propios de persoa, non tanto os de pila como os apelidos, porque estes son máis fieis á tradición e máis resistentes aos cambios históricos e modas conxunturais.

 Ata onde alcanza a miña curiosidade -que non investigación- lévame  a concluír que nas últimas décadas, como tamén sucedeu cos estudos dos topónimos, teñen sido e seguen sendo moitas as páxinas e xornadas adicadas ao estudo dos antropónimos e, de xeito especial, os apelidos.Nestes traballos de investigación e difusión abórdanse, por exemplo, aspectos legais que se deben ter presentes á hora de normalizar e normativizar o nome propio e os apelidos [máis doado no caso do nome], asi como todos aqueles motivos que desde o punto de vista histórico e con criterios filolóxicos propoñen solucións normativas, tanto para uns como para outros. Estes traballos van máis ala e aínda reservan algún espazo para o estudo dos hipocorísticos (solucións abreviadas ou familiares como Farruco/ Fuco por Francisco ou  Pepe por Xosé, respectivamente), oicónimos (de familia) e alcumes ou motes de moi diversa motivación.

AVANTAR ACTIVIDADES

 Neste sentido, e aínda a risco de equivocarme nalgunha interpretación súa e con toda humildade, terei como referentes principais nas liñas que seguen os traballos de X. L. Méndez Ferrín[1],G. Navaza Blanco[2],X. Ferro Ruibal[3] e A. I. Boullón[4] . Polo tanto, sería moi cobizoso pola miña parte condensar de forma clara toda a complexidade que gardan os numerosos antropónimos galegos, tanto pola súa orixe como pola evolución histórica que, en moitos casos se viu alterada e deturpada polo empuxe do castelán.

En primeiro lugar, con respecto aos nomes de pía, hoxe é un clamor a comprobación da perda dos nomes tradicionais, aínda que dun tempo a esta parte se están recuperando algunhas formas autóctonas. Así foron aparecendo nomes como: Sabela, Aloia, Antía, Iria, ou Roi, Iago, Breogán, Uxío, etc.

Sen ir máis lonxe do séc. XVIII, e a modo de exemplo, observamos a presenza de “COSME”  “DOMINGO”  ou “ALEXOS” de forma reiterada no Catastro de Ensenada (1753), cando na actualidade están desaparecidos; e non digamos algúns anteriores como: García do Moredo, Gomes de Eira de Mouros, , Afonso de Cusanca, Juan d´Acosta, Vasco da Vina, Vasco Cardeyro, Calvo de Gomariz,  ou  Calvo de Banga, entre outros,  [1467:Testamento de frey Juan de Loureiro,comendador del Santo Sepulcro de los bienes de la Orden (en Galicia)]

As palabras de Méndez Ferrín, neste sentido, son clarividentes: “Ou sexa que os nomes de pía veñen e van,segundo as modas, en Galicia e no mundo, sometidos ás tirapuxas da historia e das tendencias e relacións sociais que estudian os sociolingüistas.

 Polo contrario, os apelidos proceden do fondo da Historia e véñennos impostos, xa non polos nosos pais senón polos pais dos nosos pais e polos pais destes.[]

 Os apelidos fálannos desde moito máis lonxe que os nomes de pía, lévannos ás raiceiras da nosa nación e da nosa cultura.Ás veces, os nosos apelidos sitúannos en espazos e lugares prehistóricos e poucos saberían descifrar os seus escuros significados orixinais”.

 En conclusión e sen querer quitarlle importancia -que a ten- á escolla do nome de pía por parte dos nosos antecesores, e que hoxe a legalidade vixente nos permite cambialo, son os apelidos os que nos identifican cunha estirpe, cunha terra e cunha carga afectiva especial. Por iso os apelidosgalegos forman parte do nos patrimonio inmaterial[Ferrín,2007]



[1]X.L. Méndez Ferrín: Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos. Edi. Xerais, 2007.Vigo

[2]Varias publicacións, entre outras, :Estudos de Onomástica galega, II.Edita RAG,2017

[3]X. Ferro Ruibal: Diccionario dos Nomes galego, Edit. Ir indo, Vigo, 1992

[4]A. I. Boullón e outros: Cartografía dos apelidos de Galicia. ILG. Http://ilg.usc.es/cag Consultado[30-01-21]

ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS SOBRE OS APELIDOS DO CONCELLO DO IRIXO

 A continuación, e tal e como se indicaba en O Irixo. Patrimonio Cultural”[1] os apelidos deste concello, ao igual que case todos os de Galicia, en maior ou menor medida, gardan unha relación moi estreita cos topónimos do mesmo.Iso non é impedimento para que dentro dos apelidos galegos atopemos resultados coincidentes co castelán. O que non debe sorprendernos xa que a historia e a cultura da península ibérica, unhas veces de xeito amistoso, e as máis  por imposición, son un exemplo de interferencias continuas desde a noite dos tempos, chamémoslle a esa cultura prerromana,celta,greco-romana, xermánica,árabe ou galego-castelá. Vai ser esta última, a castelá, a que vai determinar en grande medida a evolución do idioma galego dos últimos cincocentos anos, sobre todo desde o momento que a escolarización en castelán e a igrexa como cómplice estenderon os seus tentáculos alienables entre nós.Non esquezamos a consigna do erudito F.Antonio de Nebrija que lles inculcara aos Reis Católicos aquilo de  “La lengua es compañera del Imperio” que ao seu pesar, nin Católicos nin Borbóns, conseguiron borrar, pero si detrurpar, empobrecer e nalgúns momentos históricos en grave risco de desaparición. Foi nesa etapa da Literatura Galega coñecida como Séculos Escuros (XV-XVIII),cando atravesaría un dos peores momentos,porque é cando a imprenta se estende e o idioma galego convértese nuha lingua ágrafa. Se a iso engadimos o analfabetismo xeralizado en castelán contamos con todos os ingredientes para o que foi un ermo cultural, tanto en castelán como en galego. Aínda habería outros momentos difíciles, pero algo diferentes, moi próximos aos nosos días, daqueles que sufrirían nas súas carnes non só as penurias económicas, senón tamén culturais da ditadura, ou o que en termos xerais se coñece como A Longa noite de pedra en versión metafórica de C. E. Ferreiro.

 Cando no ano 1978 se aproba a Constitución Española  e se constitúe a España das Autonomías, aínda que xa houbera historicamente algúns momentos de certo esplendor (Rexurdimento-S.XIX; Irmandades da Fala-Xeración Nós (1ª metade do XX), ábrese un horizonte de esperanza co Estatuto de Autonomía e a Lei de Normalización Lingüísitca de cara á recuperación do idioma non só na escola, na administración e nos medios de comunicación, e con elo a necesidade de dotar o idioma dos recursos necesarios para a Normalización. Neste contexto nace o Instituto da Lingua Galega, ao amparo da Universidade de Santiago que xa creara os estudos de filoxía galego-portuguesa, e co apoio da Real Academia Galega, ábrese camiño para a investigación en todas as disciplinas lingüísticas inherentes ao idioma.Ademais doutras tarefas encoméndaselles ao ILG/RAG o estudo da toponimia e da antroponimia e inícianse os traballos do que hoxe coñecemos como Cartografía dos apelidos de Galicia, que na versión de 2001 recolle uns datos abondo diferentes do que é a versión actualizada do IGE que se pode consultar en liña e que reproducimos a seguir.Estas diferencias nos datos entre as dúas versións están directamente relacionadas coa demografía, porque,tal e como podemos comprobar a orde de aparición é a mesma pero cun número abondo inferior de persoas por cada un deses vinte e cinco apelidos máis representativos. Así, e a modo de exemplo, se tomamos os números totais de cada apelido do Concello do Irixo dos cinco primeiros  da táboa sobre 315 concellos de Galicia naquel momento, cun número de apelidos de 5088457 e un total de 9279 apelidos diferentes, observamos con tristeza o estrago que se leva producido nos últimos vinte anos:

GONZÁLEZ: 2001: 243 // 2018:171

RODRÍGUEZ:2001:219 // 2018: 165

NOGUEIRA: 2001: 213//  2018:149

LÓPEZ: 2001:214 // 2018: 126

PÉREZ: 2001: 132 // 2018: 99

E así nunha proporción similar para os demais, porque.por exemplo, o apelido Silvares,o penúltimo da táboa,  case exclusivo do Irixo [atrévome a pensar que os que aparecen en Vigo: 21, no Carballiño: 19; Ourense: 11; e Esgos: 7, tivesen orixe no Irixo] tiña no 2001:  45 unidades, e en 2018: 28.

1º apelido 2º apelido Indistinto
 
Apelido Número Número Número
GONZALEZ 81 55,48 97 66,44 171 117,12
RODRIGUEZ 89 60,96 80 54,79 165 113,01
NOGUEIRA 80 54,79 78 53,42 149 102,05
LOPEZ 76 52,05 60 41,10 126 86,30
PEREZ 47 32,19 53 36,30 99 67,81
GARCIA 64 43,84 35 23,97 97 66,44
FERNANDEZ 44 30,14 56 38,36 96 65,75
TABOADA 38 26,03 45 30,82 80 54,79
CERDEIRA 33 22,60 31 21,23 63 43,15
COVELA 28 19,18 28 19,18 53 36,30
BERNARDEZ 23 15,75 24 16,44 47 32,19
OTERO 25 17,12 21 14,38 44 30,14
IGLESIAS 22 15,07 20 13,70 42 28,77
DOMINGUEZ 19 13,01 22 15,07 40 27,40

[1]X. Dobarro Ferradás: O Irixo. Patrimonio Cultural, Gráficas Tórculo, Vigo, 2020

PENEDO 19 13,01 18 12,33 37 25,34
FERRADAS 15 10,27 21 14,38 36 24,66
ALVAREZ 23 15,75 12 8,22 35 23,97
GIL 24 16,44 11 7,53 35 23,97
VAZQUEZ 13 8,90 21 14,38 32 21,92
BARREIRO 17 11,64 15 10,27 32 21,92
LORENZO 17 11,64 14 9,59 31 21,23
DES 14 9,59 16 10,96 30 20,55
TRIGAS 15 10,27 14 9,59 29 19,86
SILVARES 8 5,48 20 13,70 28 19,18
LAMAS 13 8,90 17 11,64 27 18,49

Estes son os vinte e cinco apelidos máis representativos do concello do Irixo, segundo os últimos datos disponibles do IGE. Observamos con tristeza como os números van a menos desde os que se recolleron no 2001 par ao ILG. Non se altera a orde pero si as cantidades de xeito significativo, é dicir, a perda de poboación dá arrepío.

 Desde o punto de vista lingüísito o profesor e mestre de filólogos, G. Navaza Blanco, ten proposto a clasificación dos apelidos desde o punto de vista semántico ao redor de tres tipos.Neste sentido, e de xeito resumido,os apelidos da táboa anterior quedan agrupados así:

1.Patronímicos:derivados na I. Media dun nome persoal:González, Rodríguez, López, Pérez, Fernández, Bernárdez, Domínguez, Álvarez, Gil,Vázquez, Des. (Gonzalo, Rodrigo, Lopo, Pero, Fernando, Bernardo, Domingo, Álvaro, Vasco, Diego?).

2.Toponímicos:derivados dun nome de lugar: Nogueira, Taboada, Cerdeira, Covela, Otero, Iglesias, Penedo, Ferradás, Barreiro, Trigás, Silvares, Lamas.

 Estes, á súa vez, poden relacionarse con diferentes motivacións, por exemplo, fitónimos e orónimos, predominantemente, relativos á vexetación (Cerdeira) ou constirución do terreo (Barreiro).

3.Alcumes ou motes: Non aparecen nesta relación algúns que si son comúns no concello como: Ferreiro, Fariñas (alcume de Maquieiro/Muiñeiro), como apelidos, pero hai outros moitos como alcumes (Os do Albeite). Tamén neste caso se poden agrupar por categorías como: cargo/dignidade: Os de Rei, Os do Conde, Os do Frade; cualidade física: O Pequeno da Lama; O Grande de Saavedra,Os do Manco; animais: Os do Cuco, Os do Lobo,Os do Zorro,Os de Lagarto; de diversa motivación: Os do Lambete, Os de Marcón, Os de Canchés, Os de Calatrón, Os de Galleiro, Os de Garanduxo, O Picolas, Os do Ríos…

 Con respecto a outros apelidos non incluídos nesa clasificación, case estamos en condicións de afirmar que algúns como Subirol  (12), Trigás (42), Marnotes (24), Des (30), Covela (53),  (Lousado (10) ou Dejuáne/z (17 toda Galicia),Silvares (28) ,*Prejigueiro(16 en toda Galicia) se nón exclusivos son moi característicos do concello do Irixo, e desde aquí migrarían a outros puntos xeográficos máis próximos ou de mobilidade urbana ao Carballiño, Ourense ou Vigo maioritariamente. O caso de Dobarro (19 no Irixo e 217 en Lalín)  é unha mostra do que puido ser un apelido “autóctono” da zona estremeira entre os dous concellos xunto coa área do Ferrol.

 A continuación algunhas mostras das inscricións funerarias que seguirán mantendo acesa a nosa memoria no camposanto de cada parroquia       

      

Estas inscricións serven como pretexto para relacionar algúns topónimos do concello con algúns apelidos locais e alleos

Relación dalguns topónimos do Irixo con apelidos 

X. P. Docampo (Escritor-lugués) SANTA MARÍA DO CAMPO
Carlos Casares Mouriño (escritor-ourensán) CASARES
Modesto Hermida García (escritor-ourensán) M. Hermida López (xurista-Parroquia de S. Cosme-O Irixo) A ERMIDA
X. Filgueira Valverde (pontevedrés-Escritor-profesor-político-académico..) A FILGUEIRA
A. Lamapereira López (lugués-director teatral) A LAMA
Argimiro Marnotes (pai e fillo,alcaldes do Carballiño) MARNOTES
Alberto Vilanova Rodríguez (ourensán-ensaísta) M. Vilanova  Rodríguez(escritor, Barbantes) VILA
Luís Docasar Bertolo (médico psiquiatra) O CASAR (Cangues)
José Couso Permuy (ferrolán-xornalista) COUSO
Alcume de familia de Casares:Os de Nabás NABÁS (A Cidá)
X-L. Couceiro (profesor Univ.Santiago) O CONCIEIRO
J.L. Outeiriño (ourensán-editor La Región) OUTEIRO
M. Soto Ferreiro (ourensán-alcalde de vigo) SOUTELIÑO
Fray Alonso de Cusanca (bispo/Ourense-1440) SAN COSME DE CUSANCA
Andrés Lapique Dobarro (ferrolán-cantautor) BARRO
Francisco Castro Meije (xurista,raíces irixenses) O CASTRO
Emilio Nogueira Dacosta (Inspector-Cusanca)  A COSTA
M. Cabaleiro Fabeiro (Médico-Ourensán) FABEIROS
M. Fraga Iribarne (Lugués-Presidente da Xunta) A FRAGA
M. Iglesias Corral (Coruñés-Político) A EIREXE
Agustina del Carmen Otero I. (A Bela Otero) O OUTEIRO
Pablo Pedrouzo Somoza (Avogado-Carballinés) O PEDROUZO
F.J. Río Barxa(lugués-xeógrafo-académico) O RÍO
J. A. Gómez Segade (Profesor U. Santiago) SEGADE
M. Rivas Barrós (escritor) SURRIBAS
Dadín: Apelido pola parte do Salnés SAN PEDRO DE DADÍN
Prefabricados “A Bugalleira” O Irixo A BUGALLEIRA
Adegas “As Laxas” -Arbo-Pontecedra AS LAXAS
M. de Cervantes Saavedra (El Quijote) Pegerto Saavedra Fdez.(historiador-académico) SAAVEDRA
I. Seara Morales(ourensán-arquitecto-ensaísta) A SEARA
J. Carballeda Pérez (futbolista-carballinés) CARBALLEDA (A Espiñeira)
Apelido con 560 ocorrencias en Galicia MUNÍN
E.Duro Peña (cóengo-arquiveiro-historiador )natural do lugar de Froufe,enterrado na Cidá SAN XOÁN DE FROUFE
A. García Alén (pontevedrés,historiador) A ALÉN
Pío Blanco Silvares (natural de Cusanca) SILVARES
Apelido exclusivo do Irixo-O Carballiño SUBIROL
J. Loureiro Quiroga (Crego da Cidá e Parada) SANTA MARIÑA DE LOUREIRO
Enrique Ramil (cantautor, coruñés) RAMIL
Rubén Rúa (avogado carballinés) A RÚA
Ángel Parada Penedo (profesor,de Baxín) SAN XULIÁN DE PARADA DE LABIOTE
Camilo Nogueira Román (enxeñeiro,político) NOGUEIROA
Lápida en Parada: “Pregigueiro” PREXIGUEIRO
Riádigos:Apelido estendido pola terra de Deza SANTA BAIA DE REÁDIGOS
M.A. Castiñeiras González (profesor)  A CASTIÑEIRA
Francisco Ferradás Dapena (Orosa-O Irixo-XIX).Fundación que levou o seu nome FERRADÁS
J. A. Santiso Blanco (profesor USC) SANTISO
M. Regueiro Tenreiro (D.X.P.Lingüística) SAN PEDRO DO REGUEIRO
M. Cerdeira Lorenzo (alcalde do Irixo) CERDEIRA
Cesáreo López Pinal (Carballinés, poeta e boticario ) OS ESPIÑEIROS
Augas do Paraño (O Regueiro de Abaixo) O PARAÑO
Anta:apelido común no Carballiño  AS ANTAS