O Irixo, escaparate centenario da emigración

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


País de destino195019551960196519701975197819801982
Arxentina38758135045830572446061571259871
Australia  79949993717733172570
Brasil14384*10206799216221323189706174
Canadá**547345164408984114
Cuba1833114234914771
México562361327475631270992477
Panamá371161931471479515924
Uruguay161860501277917053591161521
Venezuela829326277146449170535914471277417357

EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA  ESPAÑOLA (1950-1982).

AVANTAR ACTIVIDADES

*Brasil (1952)

** No ano 1957, a operación Bisonte implicou a varios veciños do Irixo (Saavedra).

CREACIÓN DO INSTITUTO ESPAÑOL DE EMIGRACIÓN

  O Instituto Español de Emigaración foi creado pola Lei de 17 de xullo de 1956, (BOE: número 200 de 18 de xullo), que, na exposición de motivos expresa de xeito xenérico o seguinte:”Las exigencias actuales, impuestas por la importancia del movimiento emigratorio y por el propósito de los países que lo reciben de dirigirlo de acuerdo con las necesidades de su economía, hacen necesaria una acción que valorice la emigración española y le asegure, en la medida de lo posible, su doble finalidad de proporcionar trabajo y prosperidad a los emigrantes y promover la utilidad y el progreso de las naciones que los acogen”.

 Correspondía a este organismo, entre outras competencias, as seguintes:

Diez. Establecer los proyectos de los contratos de trabajo que han de asegurar los intereses de los emigrantes,’

Once. Asistir a los emigrantes hasta su asentamiento en el lugar de destino y velar por el cumplimiento de los contratos de trabajo concertados por aquéllos, solicitando al efecto la intervención de las Autoridades españolas competentes.

Doce. Procurar que el emigrante provea a la subsistencia de sus familiares hasta que se reúnan con él, cuando quede asentado en el país que lo recibió.

Trece. Fomentar y encauzar el ahorro entre los emigrantes, facilitando, cuando proceda, su transferencia a los familiares residentes en España.

Catorce. Cooperar a la constitución y desarrollo de Empresas agricolas, industriales y comerciales en los países de inmigración que puedan dar empleo a los emigrantes españoles.

Quince. Obtener la colaboración de las Cámaras de Comercio, Centros y Sociedades benéficas constituidas por españoles residentes en el extranjero para el cumplimiento de la finalidad que el Instituto persigue.

Dieciséis. Mantener relaciones con los Organismos correspondientes creados por los países receptores de emigración y con las Organizaciones internacionales que realicen funciones conexas.

 Valla esta relación de actividades a modo de exemplo, ademais doutras que, por exemplo teñen que ver coa asistencia relixiosa, apoio docente para os fillos da emigración,asistencia sanitaria, convenios con empresas a efectos de contratación laboral, etc.

 Pois ben, no ano 2009  publícase :”Historia del Instituto Español de Emigración. La política migratoria de España y el IEE del franquismo a la transición” (Madrid, Mº de Trabajo e Inmigración), é a partir dalgunhas referencias -fundamentalmente estatísticas-  de onde partimos para ter unha perpectiva global sobre a emigración no Estado Español e, en particular, en Galicia.

 Nesta publicación recóllese unha información abondo completa sobre os movementos migratorios desde España a vinte e oito países aos que se dirixiron a maior parte dos emigrantes fóra de Europa entre 1950 e 1982, ano a ano, pero que nesta presentación seleccionamos só uns cantos lugares de destino e cunha periodicidade de entre cinco e catro anos, por considerar que os países de destino foron os maís comúns e as cifras dannos unha primeira idea da incidencia do éxodo migratorio.

Unha das mostras máis evidentes do movemento de persoas a Ultramar é esta relación de escadas en Galicia con varios  destinos a centro e Sudamérica no período de entreséculos XIX-XX
Revista “Vida Gallega” (1933). Galiciana. O protagonista da foto da esquerda, D. Camilo Nogueira, vén sendo o pai de don Emilio Nogueira Dacosta coñecido polo sobrenome de  Don Emilio ou o Inspector por ter acadado este nomeamento como Inspector de Educación na década dos setenta.

 A modo de síntese, e con respecto á emigración en xeral, e á Arxentina en particular, recollo algún parágrafo do historiador Ramón Villares que na súa “Historia de Galicia. Parte II” (La Voz de Galicia , 2020), resume o que segundo el “ A condición de Galicia como país de emigración é ben clara desde finais do século XIX. Ademais da tradicional emigración temporeira a Portugal e a Castela, especialmente ás segas de cereais, estableceuse desde 1880 unha emigración masiva con destino a diversos países iberoamericanos.”

 A continuación, e sempre segundo a opinión de Villares, a tendencia migratoria non só foi algo exclusivo de Galicia, porque houbo outras  rexións con máis taxa migratoria (Irlanda, Sicilia, Calabria, que case duplican a taxa de Galicia), que no caso do destino a Sudamérica presenta unhas caracteríticas propias: “Foi un fluxo migratorio con destinos moi estables ata os anos trinta: Arxentina acolleu a metade do éxodo galaico, a illa de Cuba un terzo e o resto espallouse por países como Uruguai,Brasil ou os Estados Unidos. Despois da Guerra Civil, Venezuela ou México incorporáronse á nómina de destinos predilectos dos emigrantes.”

 O mesmo autor apunta que as razóns de emigrar son moi variadas,considerando, entre outras, desde o carácter aventureiro ata a situación de miseria da agricultura, a existencia do caciquismo ou a usura.Ou o que en palabras de X. M. Beiras sería “unha renuncia á revolta ou nuha versión máis popular -Castelao-: “ O galego non protesta, emigra”.A todo o anterior, Villares engade que “non emigra quen quere, senón quen pode”, o que, de non ser por esta limitación non serían suficientes todos os vapores dispoñibles no Atlántico para os galegos facer “as Américas”.

 Polo tanto,”a emigración masiva responde a un proceso de mudanzas que teñen lugar no agro galego, que inicia unha fase de incipiente prosperidade, por outra banda intimamente anoada ao propio feito migratorio.Causa e consecuencia forman parte do mesmo proceso.”

 A emigración tamén ten, sobre todo, unha compoñente de atractivo económico, e para iso había que saber escoller os países de destino e a información do “boca a boca” era a principal vía de contacto, e unha proba de que estas “cadeas de contacto” funcionaban demóstrase pola concentración dos veciños ao redor de determinadas cidades, ademais dos “ganchos” que andaban polas aldeas, e o constante intercambio entre ambas marxes do Atlántico, o que en palabras de Villares viña a ser como “as andoriñas que cruzan o Atlántico segundo a sazón do ano”, nunhas ocasión para colaborar cos labores da casa familiar e noutras asistir ás celebracións festivas.

 EMIGRACIÓN GALEGA E ESPAÑOLA (1836-1960)*

SAÍDASESPAÑAGALICIA
1836-186023260293040
1861-187013414252315
1871-188018092470560
1881-1890399483156995
1891-1900491320180018
1901-19101050037400064
1911-19201209795460931
1921-1930777778290500
1931-193612327546043
1940-195016884572568
1951-1960543705218568
1836-1960:53119062041603

*Adaptación de  A. Eiras: Aportaciones al estudio de la emigración gallega.Un enfoque comarcal, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1993 (A partir de R. Villares, op. Cit.)

 Así como no gráfico incluído máis enriba trazaba unha panorámica sobre a emigración transoceánica entre 1950 e 1982, despois de ter selecionado aqueles puntos de destino máis comúns,o que precede sobre a Emigración española entre 1836-1960, na súa maioría con destino a Sudamérica, destaca dentro do conxunto español o elevado número de saídas da poboación galega con respecto ao resto do Estado Español.Así, por cada unha das décadas analizadas, se observa que practicamente a terceira parte do total de cada unha desas partidas correspóndese con Galicia.

 Á vista destes datos non debe sorprendernos o lamento e a denuncia social exercida polas voces poéticas do momento dos versos de Rosalía de Castro (23 de febreiro de 1837-1885) ou M. Curros Enríquez (1851-1908), que non miran para outro lado senón que expresan do xeito máis doente posible esta realidade que non deixa de reproducirse ciclicamente na Galicia moderna dos últimos douscentos anos.Como mostras senlleiras desta realidade, suxerimos unha visita aos versos que dentro de “Follas Novas”  (1880, ano de emigraión masiva a Bos Aires) aparecen agrupados en “Da Terra” ou “As viudas dos vivos e dos mortos” de Rosalía de Castro ou poemas tan populares como o de M. Curros Enríquez: “Unha noite na eira do trigo”.

Pra Habana
Éste vaise i aquél vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.

 As referencias á emigración na historia da literatura galega son unha constante desde ben antigo porque moitos dos autores, uns desde a solidariedade ou o compromiso social como é o caso de Rosalía, (emigración interior) pero outros, como no caso de Curros, Castelao, E. Blanco Amor ou Celso E. Ferreiro..(Ultramar)por tela experimentado nas propias carnes. Neste sentido recollo unhas verbas de Castelao dun relato titulado “Emigración” que, entre outras consideracións, apunta o seguinte:

O Ombú, árbore da bela sombra e nacional da Arxentina na Casa-Museo de Rosalía en Padrón, agasallo do Centro Gallego de Bos Aires á poeta en 1975,unha das moitas mostras de irmandade entre os dous pobos. Actualmente recoñecida como árbore senlleira pola Xunta de Galicia.

“Falemos da emigración galega, xa que me sinto emigrante”

Castelao, despois de facer esta declaración inicial e dar a versión lendaria da alma viaxeira dos galegos engade: “Esta é a lenda, que decote se adovía con mil pantasías; mais despois veu a historia e por ela sabemos que outros pobos diferentes chegaron á nosa Fisterra e que lle infundiron novo carácter; pero ningún invasor foi capaz de roubarlle a alma viaxeira, que xa camiñaba en direccións opostas do mesmo camiño: cara ó alén e cara ás orixes”..[….]”E a alma viaxeira de Galicia formou desde entón, no fondo do Atlántico, un camiño de esqueletos  -proseguimento do camiño das estrelas- para deixarmos testemoio oculto e dramático da nosa comunicación con América”  

 Os emigrantes galegos son empurrados por causas imponderables, que ninguén soubo desentrañar; pero que todos intuímos vagamente. Así os poetas fixeron da emigración o tema máis doroso das súas tristuras crepusculares; os humoristas dixeron que o noso pobo agardaba pola invención dos trasatlánticos para proseguiren a viaxe; os sabios albiscaron que Galicia fuxía da brétema, e que se alongaba en busca do sol como as plantas. E os economistas afirman que a emigración galega tería fin cando se suprimise a necesidade de emigrar…Quen sabe se a saudade galega non será outra cousa máis que a loita de dous anceios incompatibles: o de estar e non estar na Terra.”

Finalmente, despois de engadir a reflexión dun artista andaluz co que se atopa no porto de Vigo, sobre o que este lle indicaba a Castelao que “Os españois botan raíces na terra, coma se fosen árbores, mais as vosas (dos galegos) son elásticas, de tanta elasticidade que vos deixan dar mil voltas ó redor do mundo”, o rianxeiro remata suliñando que “Non hai dúbida de que a emigración galega revela unha diferencia de carácter cando se compara co sedentarismo castelán. Hai unha forza que nos empurra cara ó mundo e outra que nos xungue á terra nativa, pois se os camiños nos tentan a camiñar é porque deixamos unha luz acesa sobor da casa en que fomos nados, e alí nos agarda o fin da vida. Andar, andar, andar, e no remate dos traballos devolverlle á Terra o corpo que ela nos emprestou”.

 Con anterioridade -entre a ironía, o humor acedo,a dor,a retranca e a picaresca- suliñara que “Os galegos sabemos arranxa-los papeles e pedir una pasaxe de terceira; sabemos agacharnos nas bodegas dun trasatlántico cando non temos diñeiro; sabemos pillar estradas cun fatelo ó lombo ou empurrando a roda de amolar; sabemos abrir fronteiras pechadas e pedir traballo e tódalas linguas; sabemos, en fin, canto debe saber un bo camiñante, aínda que a viaxe sexa a primeira da nosa vida.En troque os casteláns sofren miseria e escravitude por non alonxarse da familia….Os cateláns non se moven do chan nativo ou vanse del para sempre”.

 Deixamos estas tres reflexións sobre a emigración, cuxo  punto de vista das  tres das personalidades máis senlleiras das Letras galegas de todos os tempos debe ocupar un lugar destacado cando se fala da emigración galega, aínda que o debate non se dá por rematadonin en pleno século XXI, e que os parámetros de análise do século XIX ou de mediados do XX fosen outros como o que Celso Emilio Ferreiro no seu poemario “Viaxe ao país dos ananos” (1968) denunciara certas actitudes dubidosas moralmente por parte dalgúns emigrados en Venezuela a onde el emigrara.

 De entre os países escollidos como destino polos galegos na emigración a Ultramar no período de entre séculos,sen lugar a dúbidas, hai que destacar o estado da República de Arxentina e de maneira especial a cidade de Bos Aires.Non esquezamos que, ademais de ser a cidade de exilio de A. D. R. Castelao tamén foi enterrado no cemiterio da Chacarita en 1950, e aquí repousaron os seus restos mortais ata que en 1984 foron transladados ao cemiterio de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval en Santiago de Comòstela. Son moitos os vencellos que tradicionalmente vén mantendo a cidade de Bos Aires con case todas as cidades galegas e con moitos concellos que os veciños  foron deixando a súa pegada no país coa multitude de centros galegos espallados ao longo daquela, e que aínda hoxe manteñan aceso o facho da galeguidade no exterior con maior ou menor éxito.

  Resulta imposible condensar nesta presentación todo os motivos que, na Arxentina  e na cidade de Bos Aires en particular, tiveron os seus antecedentes moitas  iniciativas que se desenvolveron aquí ou foron logo transladadas a Galicia.Neste sentido, propoño unha lectura da obra de R. Villares (Historia de Galicia II. La Voz de Galicia), que, de maneira sinxela, pero suficiente desde un punto de vista divulgativo, adica un capítulo a esta materia cuxo título resulta abondo ilustrativo: “Buenos Aires galega”, do que entresaco algunhas das seguintes observacións que considero como máis significativas sobre o que se chegou a coñecer como “quinta provincia galega” :

-Da relación establecida entre Federico García Lorca con Galicia despois dunha visita á cidade de Bos Aires en 1935, en cuxa data contacta con E. Blanco Amor, despois de que aquel mantivera con anterioridade relacións con intelectuais galegos que o levaron a publicar en galego, Seis poemas galegos, que inclúe o  poema: “O neno da tenda”, “no que recolle de xeito maxistral a percepción que o poeta ten da cidade co sentimento dos galegos alí residentes” (R. Villares).

Ao abeiro do desenvolvemento na terceira década do século pasado,  a cidade convértese nunha gran metrópole á que chegan vagas de emigrantes, non só galegos, pero esta colonia chegou a ser tan ampla que “gayego” era sinónimo de calquera inmigrante de orixe española. Se a esta situación se engade a partir de 1939 a chegada de moitos exiliados republicanos, temos os vimes para comprender a definición outorgada por Castelao como “metrópole da Galicia desterrada”.

-O caso de Bos Aires, como o da Habana, Montevideo, Caracas e México, constitúe unha das grandes orixinalidades da historia contemporánea galega, non só como terra de acollida, senón tamén como de volta á terra de orixe.

-Clara concentración de actividade arredor de determinados sectores: almaceneiros e comerciantes ao detalle, restauración e hostalaría, matadoiros e frigoríficos, transportes en xeral, e do taxi en particular.Ocupacións que co paso do tempo se irían trasformando e pasando de seren asalariados a autónomos e iniciar un proceso de capitalización que acadou un grao de influencia insospeitado entre a emigración estranxeira en sectores nos que se foran introducindo ata converterse nos seus propios xestores. Isto explica o nacemento, por exemplo, en 1905 do banco de Galicia y Buenos Aires e institucións de carácter lúdico e social:O Centro Gallego, refundado en 1907, que chegou a contar cun número de asociados inimaxinable para calquera institución galega naquel entón.

-De forma paralela á creación de asociacións mutualistas foron moitas as publicacións de prensa que nesta ocasión viron a luz e algunhas delas se mantiveron delongadamente (Almanaque Gallego-1898-1927, El Eco de Galicia..)

Desde o punto de vista político, é despois da Guerra Civil, cando Bos Aires se converte na “Galicia ideal ou desterrada” en palabras de Castelao, e así, por exemplo, a candidatura liderada por Rodolfo Prada de orientación republicana ao gañar a presidencia do Centro Gallego convértese en polo de atracción para os exiliados (Lorenzo Varela, Arturo Cuadrado, Rafael Dieste, Castelao, e unha longa nómina de persoas de sona como o foron tamén: L. Seoane (”Galicia Emigrante”-1954-1959), E. Blanco Amor,…

-Villares, ademais doutras consideracións, e para concluírmos esta andaina polo alén mar, introduce na súa exposición unha situación que nos últimos anos ten sido de atención especial para as institucións do goberno da Xunta de Galicia: O Censo de Españois  Residentes Ausentes que no correspondente ao ano 2010  acada a cifra de 355000 persoas, o que dá pé para considerar a Galicia como a “quinta provincia” electoral, e obxecto de constantes visitas á Arxentina con motivo dos procesos electorais das últimas décadas.Conclúe: “..na actualidade, a capital porteña segue sendo o primeiro núcleo urbano de Galicia desde o punto de vista da orixe étnica dos seus habitantes (en distintas xeracións) e tamén como censo electoral, aínda que a súa taxa de participación sexa notablemente baixa. “A principal cidade galega – Vigo- non acadou aínda a dimensión demográfica (297000 habitantes en 2011)que tivo Buenos Aires como capital dos galegos nos seus bos tempos. O cesamento da emigración masiva a América, a viraxe migratoria galega cara a diversos países de Europa occidental desde 1959 e a plena incorporación de España á CEE desde 1985, fixo de Galicia un país moito máis vinculado coa contorna europea…”

 A todo o anterior aínda se poderían engadir  outras moitas consideracións froito do intercambio entre a comunidade emigrante a Arxentina e os seus lugares de orixe, así son sobradamente coñecidas as aportacións realizadas para a creación das escolas Proval no Val Miñor, na Mariña lucense, etc. e sobre todo, o intercambio comercial e económico que permitiu a creación de importantes empresas e inxección de capital para levar a cabo iniciativas que, ademaís das ideas tamén aportaban  recursos para levalas a cabo. Por citar un exemplo, moi vencellado á cidade de Vigo, foi o de Martín Echegaray Olañeta que a comenzos do século XX promoveu, xunta outros emigrados e empresarios locais, a adquisición da illa de Toralla na que se levaron a cabo as primeiras investigacións arqueolóxicas, ou como primeiro director da compañía dos tranvías. Pero, neste caso, cítoo aquí porque desde Bos Aires vai ser el o responsable de traer ata a cidade olívica, outro OMBÚ, como o da casa De Rosalía, en agradecemento ao concello de Vigo polos intercambios comerciais relacionados coa activivade portuaria. Esta árbore, actualmente no recinto do Ies do Castro, tamén foi recoñecida pola Xunta  no ano 2016 como senlleira, precisamente polo simbolismo que encerra da unión entre as dúas comunidades. 

Manuel Rivas aloumiña “o pé de paquidermo” do Ombú, árbore nacional da Arxentina, no Ies do Castro en Vigo, que pouco tempo despois sería declarada como senlleira pola Xunta de Galicia

EMIGRACIÓN TRANSOCEÁNICA (1950-1982).Distribución por áreas de origen.GALICIA

 19501955196019651970197519811982
Galicia273812949313261821169601055385401
A Coruña674810998421626961831219162210
Lugo516133231064652605511219
Ourense548967923298224619834705961
Pontevedra99838380468326172541315152111

Se comparamos as cifras deste último gráfico coas do anterior referidos ambos os dous á emigración transoceánica, observamos que as persoas mobilizadas entre 1836-1960 superan amplamente ás destas tres décadas entre 1950-1980.Agora corresponde o relevo á emigración continental e interior

 Os destinos nestes casos a Latinoamérica, “tras Argentina y Venezuela, Brasil se convirtió en los años de la posguerra mundial en el tercer destino por orden de importancia de la emigración española” segundo o Instituto Español de Emigración.

 Outros destinos a Ultramar tiveron como puntos de referencia, por exemplo, Australia, a onde se dirixiron en 1976, unha cifra nada desprezable de arredor de 23000 españois e entre os que se contan algunhas persoas naturais do Irixo.

 O caso da emigración asistida a Canadá é conxuntural e concretouse en 1957 cun convenio de colaboración entre ambos estados coa chamada operación “Bisonte”, pola que 112 matrimonios, de entre eles algúns do lugar de Saavedra- O Irixo, saíran en 1957 con destino á provincia de Quebec,

Cara 1960 en Canadá, Eduardo e Anuncia de Saavedra. En Montevideo, Aquilino Conde de Santiso na compaña da súa muller,Pura Conde e familiares

marchando posteriormente 25 fillos chamados polos anteriores.A aquela operación uniuse outra posteriormente,coñecida como “Alce” con man de obra para a agricultura e unha última en 1960 integrada por mulleres solteiras para o servizo doméstico.

Carta manuscrita,ano 1969, á que dá contestación unha curmá de meu pai Eduardo Dobarro, con respecto a que este se viña interesando sobre a herencia dos seus tíos emigrados alá por 1920, e que finalmente se levou a cabo por medio de poderes e do consulado

 As remesas de divisas, á parte dos “embaixadores” que a banca mobilizou máis alá do continente europeo, tamén chegaban en forma de cheque ao portador para cubrir non só as adquisicións de bens materiais: rústicos (leiras, prados, montes) ou urbanos (soares, baixos, pisos, cafeterías,etc.), senón tamén para afrontar os gastos derivados dos internados dos fillos que, naquel entón, os institutos escaseaban e os colexios privados na cidade de Ourense ou incluso nalgunhas vilas se ofertaban un elevado número de prazas para acoller aos “orfos” do éxodo rural da emigración.

 Entre os anos 1950 e 1955 foron moitos os miles de galegos que emigraron máis alá do continente, tal e como pode verse polo gráfico de enriba, ata que na década dos sesenta toma  o relevo a emigración continental cara Centroeuropa e, o éxodo interior de cara ao País Vasco e Cataluña basicamente.

 Con respecto á situación actual da Galicia baleirada, e da que o concello do Irixo é un exemplo máis deste proceso que non parece ter volta; ou así ao menos o veñen demostrando os casos dos lugares que ano tras ano van quedando baleiros, a emigración, a pesar de todas as consecuencias negativas que incidiron nese proceso de abandono, na miña humilde opinión, aquela foi a táboa de salvación e sobrevivencia para saír, ao menos, da paupérrima economía de subsistencia.Atrévome a falar dun Irixo superpoboado en practicamente todo o século XX, pois non é doado aceptar que cunha poboación de 6787 habitantes no ano 1900 se puidese sobrevivir, cando, na actualidade con 1401, e na súa maioría pensionistas, a renda se mantén en límites moi baixos.   

Carta entre veciñas: a remitente en Cataluña e a destinataria en Casares do Campo.Cheque ao portador que os pais envían ao seu fillo en Santiago para sufragar os gastos na Universidade

Elixio Villaverde García (O Irixo,1954; Santiago de C. 2018), publicou en 2001 unha cumprida información de máis de 500 páxinas sobre a emigración a México. Inclúe unha ampla bibliografía xeral sobre o éxodo migratorio e unha detallada relación das entrevistas realizadas a persoas que de xeito directo ou os seus achegados lle facilitaron ao longo de varios anos de pescuda en Galicia e Ultramar. Como proba de agradecemento e en homenaxe a quen con tanto sacrifizo logrou sacar á luz esta publicación, reproduzo unha páxina do seu libro, que corresponde a unha desas entrevistas  cun dos familiares do fundador da fábrica de cervexa en 1906  

Elixio Villaverde García (O Irixo,1954; Santiago de C. 2018), publicou en 2001 unha cumprida información de máis de 500 páxinas sobre a emigración a México. Inclúe unha ampla bibliografía xeral sobre o éxodo migratorio e unha detallada relación das entrevistas realizadas a persoas que de xeito directo ou os seus achegados lle facilitaron ao longo de varios anos de pescuda en Galicia e Ultramar. Como proba de agradecemento e en homenaxe a quen con tanto sacrifizo logrou sacar á luz esta publicación, reproduzo unha páxina do seu libro, que corresponde a unha desas entrevistas  cun dos familiares do fundador da fábrica de cervexa en 1906  
Un dos principais “responsables” de que esta merecida homenaxe se lles tributara aos emigrantes, ausentes, ou presentes, que nese momento eran centos, foi, precisamente, Elixio Villaverde

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN DE FEITO NOS MUNICIPIOS DA PROVINCIA DE OURENSE (1900-2021): O IRIXO

1900191019201940195019601970198119962000
6787654668266649635758334105205122842185
2003200620092012201520172018201920202021
2092197118281689160015191477146614201401

 Entre 1900 e 1960 hai unha perda de poboación de aproximadamente 1000 habitantes,cando, entre 1960 e 2000 hai unha caída de aproximadamente de 1000 habitantes en cada década.Adaptación e ampliación sobre a base de “La emigración en la provincia de Orense-El retorno y sus perpectivas” (1984) Edita Caixa Ourense.

EVOLUCIÓN DA EMIGRACIÓN CONTINENTAL ASISTIDA. Distribuida por  áreas de origen

 1964196619681970197219741976197819801985
Galicia2365513640125002185026841185755289640580418223
A Coruña5512413432136358971787142508340744444714
Lugo18681134904153121221532319232255249
Ourense13051679674019321884642201231126014411213
Pontevdr.322415769824640615641091231150619012047

 Das táboas anteriores pode concluírse que a sangría migratoria en Galicia é unha das causas do abandono masivo do rural  -sen dúbida tamén a salvación para moitas familias-.Non resulta comprensible que nun período de aproximadamente cen anos a poboación dun concello situado xeograficamante no centro de Galicia, como é o caso do Irixo, puido reducir dun xeito tan escandaloso a súa poboación, pasando de 6787 en 1900 a 1401 en 2021. A pesar de ser unha tendencia necesaria polo cambio da sociedade que deixa de ser eminentemente agrícola, para acceder ao sector servizos e industrial, o caso do Irixo sitúase por embaixo da rendabilidade  doutros lugares que partindo dunha situación xeográfica máis adversa e unhas condicións orográficas peores, sen embargo, souberon diversificarse e reinventarse. Como? Cunha agricultura e gandería modernas a partir da transformación da superficie agraria superando o minifundismo, ordenación do sector forestal común e privado, incorporación dalgunha actividade industrial e de transformación dos produtos que foran rendibles, chámense estes os derivados da minería, do agro…

 En relación cos destinos da emigración da provincia de Ourense entre os anos 1960-1980, non incluída a emigración interior, segundo o concello de procedencia, seleccionamos os seguintes pola súa proximidade, ademais do Irixo:

   1960-1980                    ÉXODO TOTAL             EUROPA                         ULTRAMAR

AVIÓN362911702459
O CARBALLIÑO36152623992
O IRIXO15011118383
LEIRO13881021367

 Desta relación sobresaen os datos referidos ao concello de Avión con destino a Ultramar e, en particular, a México; mentres que, no caso do Irixo, o destino maioritario é, con diferencia a Europa, quedando a emigración a Sudamérica, reducida a Venezuela, que, ademais, case chega a quedar como algo illado no correr das décadas seguintes ata a actualidade.

 O destino escollido polos emigrantes destes concellos manifesta as seguintes preferencias:no caso da viaxe a Ultramar, case sempre tivo que ver con contactos iniciados por familiares no pasado e que seguen mantendo algunha actividade como autónomos, mentres que a emigración a Europa é case  exclusivamente como asalariada.  Período 1960-1980 en % segundo destino

Destinos            %AlemaniaSuízaFranciaOutros/.EuArxentinaMéxicoVenezuelaBrasilEEUU-Australia-Outros
Avión16.5011,91,21,50,1949,511,65,381,3
O Carballi.33,629,215,644,092,16,7413,62,132,9
O Irixo35,9726,118,993,394,13O,7912,792,535,26
Leiro35,6626,726,74,461,873,4512,6O,717,78
Dous exemplos de cartas familiares enviadas desde o estranxeiro nese espazo de tempo 1960-1980 

 En relación coa emigración europea, foi nestes anos cando se empezaron a subscribir convenios de colaboración entre a Seguridade Social española e os países con maior número de emigrantes atendidos: Francia, República Federal Alemana, Suíza ou Bélxica. A medida que as relacións entre países ían resultando máis fluídas e os intercambios maiores, tamén se ampliou o servizo ao ensino.Así, descubrimos que arredor do ano 1977 son varias unidades escolares de EXB as que están en servizo en : RFA-211; Francia-193; Suíza-56; Bélxica-55; Holanda-42; Inglaterra-44; e o alumnado escolarizado alcanza a cifra de 59.857 neses países.

 Hai, ademais, outros apoios con monitores de Ensino Medio a distancia para alumnado de ensino medio en 1977 (268); outro alumnado de ensino medio (2801); profesorado de educación de adultos (344) alumnado de formación profesioanl (2445)…Ademais das agregadurías/ oficinas laborais en Europa e América, así como a promoción da creación de centros e institucións españolas que no caso galego tiveron unha relevancia notable no caso de América: Europa-1004; América-865.

 Á hora de buscar as causas dunha emigración tan masiva en Galicia e, en concreto na provincia de Ourense, que se poden estender ao caso do Irixo cunha algunha singularidade, recollo as palabras que no traballo exclusivo sobre esta provincia publica a Caixa de Aforros Provincial de Ourense -unha das grandes beneficiadas das remesas dos emigrantes- e poden servir como síntese sobre un tema do que se teñen verquido ríos de tinta, pero sen acadar a verdadeira solución, que sería a de reducir ao mínimo a exportación de man de obra barata, -que,ata non hai moito tempo, contaba cunha baixa cualificación profesional-.

“Orense participa de los mismos condicionamientos económicos que explicaron la emigración en el resto de Galicia, aunque algunos de ellos agravados. Los principales son: el mantenimiento del sistema económico y social feudal hasta épocas muy tardías; la desigual destribución de la tierra; la economía cerrada; la falta de inversión en aparato productivo, determinada en parte por la escasa capitalización de sus clases pudientes; la falta de infraestructuras de comunicación que permita la fácil comercialización de sus productos, etc.”    

De xeito máis concreto: -A desamortización de Mendizabal non cambiou o réxine de tenza das terras (ata o ano 1930 non desaparece completamente o sistema de foro, alugueiro…)

 -O volume de poboación activa no sector primario mantense nuns niveis moi superiores á media estatal.

-A falta de alternativas no sector industrial, mantén a renta per cápita neses anos moi baixa.

-En relación co anterior, sulíñase un dato que pode chamar a atención para o caso do Irixo, pero que pode ter certa explicación: “Que Ourense é á vez latifundista e minifundista”. O caso do Irixo responde máis á segunda opción- como na actualidade-. O latifundismo podería ser o caso das catro ou cinco familias acomodadas que obtiñan unha certa rendibilidade á conta dos caseiros/xornaleiros

-Con respecto á poboación, e segundo pode deducirse dos datos demográficos para estes últimos 120 anos, a verdade é que, os autores desta monografía, sinalan que “Aunque  Orense tiene una densidad de población relativamentes escasa, más baja que la media nacional, en ocasiones existió una presión demográfica excesiva en relación a los recursos disponibles, como es el caso de algunos municipios de montaña muy pobres (Chandreja) o de llanuras fértiles muy pobladas”. En relación con esta variable, coincido con esta valoración, na medida que se comparamos esas taxas tan altas de poboación na primeira metade do século XX e a rendabilidade das terras, non cabe dúbida que a miseria acadou niveis preocupantes.-Senón que llelo pregunten aos protagonistas, que, como ben suliña meu pai, algúns nenos sobreviviron grazas “ao sol, a auga e a graza de Deus”.Ou, senón non hai que facer maís que un pequeno esforzo e transladarse mentalmente cen anos atrás e tratar de imaxinarnos cales podían ser as condicións de vida de aproximadamente 6000 veciños no concello do Irixo, cando na actualidade, e salvando algunhas distancias, somos 1401.

 Unha das causas máis directamente relacionadas coa perda de poboación na provincia, e no Irixo en particular, está no éxodo migratorio que, tal ecomo se pode deducir dos datos estatísticos, tería relación, entre outros, cos motivos seguintes:

-O Período 1900-1960 é o da emigración tipicamente ultramarina. “De 1911 a 1960 saíron para a América polos portos de Vigo e A Coruña, en época de outono-inverno sobre todo, 240.932 ourensáns” (Arxentina, Venezuela, México como destinos maioritarios, e outros de menor incidencia:Australia, Canadá, EEUU..)“Es frecuente que la mayoría de los emigrantes del mismo municipio elijan un país determinado. Algunos prefieren la emigración a Europa, otros a Ultramar. La población de Ginzo de Limia prefiere Europa, sobre todo Alemania (62% del total)…La población de Irijo conserva una mayor vinculación con los países de Ultramar y envía a Venezuela un porcentaje mayor que otros municipios (12,7%) del total de su emigración).Lo mismo ocurre en Carballino (el 13,6% del total de la emigración se dirige a Venezuela). En la emigración a Ultramar se acentúa aún más la selectividad de destino. Avión, Beariz y Boborás eligen Méjico.”.  Este dato, á parte da importancia que ten estatística e socialmente  é unha realidade clamoroso na comarca do Carballiño desde a segunda metade do século pasado ata os nosos días, aínda que con menos trafego humano e comercial.[-Onde van aqueles veráns nos que O Carballiño fervía nas rúas, feiras,festas, romarías da Pena da Sela, A Saleta ou a Madanela…as caixas,os bancos e comercios ateigados de persoas! Anque non sempre foi moi atinado o desenvolvemento urbano que as remesas da emigración inxectaron na construción de edificios cunhas alturas un tanto desproporcionadas, o que lle valeu á vila o alcume de “Niuiorciño” .A urbanización do Parque resultou maís racional.]

Conxunto escultórico na Estación marítima de Vigo,con máis sombras que luces:Porto e porta do Atlantico.Os retratos de M. Ferrol ou de Virxilio Viéitez tamén veñen á memoria

 -De 1960 a 1980 o verdadeiro protagonista do éxodo ourensán, e do Irixo especialmente,é o continente europeo, destacando os países de centro Europa: Francia, Alemaña, Suíza ou Bélxica, países nos que o proceso de retorno nas últimas décadas se vai completando, na medida que a maior parte deste sector da poboación xa entrou en idade de xubilación e o seu lugar de xúbilo, agás algunhas excepcións, soe ser no ámbito local,comarcal, provincial ou galego.No caso dos retornados de nacenza irixense, a maior parte, reubicouse no Carballiño, Ourense, Vigo, A Coruña, por esta orde. 

-Con respecto á emigración interior, considerando como tal a que se realiza dentro do Estado, o caso do Irixo non é alleo ao resto de Galicia, por unha cuestión básica que tivo que ver co desenvolvemento económico, especialmente do sector secundario e de servizos no País Vasco,  Cataluña e Levante, e de maior impacto no caso das dúas comunidades históricas, pois aínda na actualidade conservan a poboación que neses anos se asentou no País Vasco ou Cataluña ou que de xeito definitivo se integraron nunha das dúas comunidades.Os anos de maior mobilidade con estas comunidades foron os de 1963-1964, e unha década despois en 1973-1974 mantíñanse nunhas porcentaxes semellantes, aínda que Madrid empezaba a mostrar certo interese para os galegos e ourensáns en particular no sector servizos, especialmente no ámbito da administración.

 Sobre o grao de inmersión nunha das dúas sociedades e considerando que a lingua é un dos medios máis apropiados nese proceso, xa que estamos a falar daquelas que contan con lingua propia, pero que nese tempo aínda estaban pendentes de ser consideradas cooficiais, como no caso de Galicia, e non estaban incluídas no ensino, iso conleva que a maior parte dos galegos en calquera das comunidades sexan falantes habituais na lingua propia, pero do galego oral, sen a penas lectores ou que o escriban. Se isto o transladamos ás linguas propias de cada comunidade, a situación empeora, pois nin pais nin fillos, sequera o entenden, o éuskaro un 10%; mentres que no caso do catalán, as cifras invírtense: o 90% dos galegos instalados en Cataluña declara entender o catalán. De entre as dúas comunidades, a de destino máis común, no caso do Irixo foi o País Vasco, a que desde antes acolleu maior número de persoas desprazadas ata aquí, e, de xeito prioritario as que se introduciron no sector da construción, como asalariados ou autónomos.

O IRIXO ACTUAL EN RELACIÓN COA MOBILIDADE HUMANA

 Coas seguintes liñas, incorporamos algúns datos actualizados, obtidos fundamentalmente do IGE, relativos ao que eu vou chamar “Mobilidade humana” no concello do Irixo fronte ás denominacións máis estendidas de “éxodo, emigración (interna, externa) inmigración (interna, externa),para aplicalos á realidade concreta de noso.Así, ademais deses datos estatísticos, presento unha interpretación máis próxima ao que vén sendo a evolución do “saldo” migratorio desde un punto  de vista local.

 Tal e como se sinalaba en parágrafos anteriores, a emigración tradicional no concello do Irixo presentaba unhas características semellantes ás de moitos concellos da provincia de Ourense e de Galicia, tanto a de Ultramar, sobre todo na primeira metade do século XX, como a continental, na segunda metade do mesmo século, ou a interior, cuxa tendencia dos últimos anos en todos os casos  é a do retorno, ou, a da renuncia definitiva por parte de moitas persoas que optaron por asentarse no lugar de adopción. Neste caso, se a primeira xeración dos emigrados arredor dos anos sesenta non decidiu asentarse na terra de acollida, si o fixeron algúns dos seus descendentes porque xa naceron alí ou se incorporaron desde moi xoves á cultura do país de acollida. Esta última escolla deuse, tanto na emigración de Ultramar (Arxentina, Uruguai) como na continental(Francia, Alemania) ou interior (País Vasco e Cataluña, basicamente).

 O certo é que , segundo estes informes sobre mobilidade nos últimos anos, entre 2009 e 2021, o número de habitantes naturais do Irixo residentes no estranxeiro equivale  a case o mesmo número de habitantes empadroados nestes últimos anos, e, o máis grave é que se mantén en cifras semellantes ao longo desta década, cando todo parecía que esa tendencia se vira modificada substancialmente:

Poboación de nacionalidade española (do Irixo) residente no estranxeiro (IGE):

2009201020112012201320142015201620172018201920202021
995105610811104111811521167116211611153114711581150
De como Eduardo Dobarro desde O Canadá merca aos seus curmáns os bens que estes herdaran no lugar de Saavedra despois que o pai destes emigrara a Bos Aires ao comezo do século XX


 Os datos con respecto aos nacidos no estranxeiro e residentes no concello do Irixo, mantéñense practicamente estables nun periódo de tempo semellante, entre 2002 e 2021, o que é razoable tendo en conta que serán persoas retornadas con continuidade no concello, ou que algunha falleza entre cada período de tempo ou se sumen outras:

200220042006200820102012201420162018201920202021
8887921009998737378818899

 A maioría das persoas nacidas no estranxeiro  que foron empadroadas neste concello, e tendo en conta os destinos da maioría da emigración ao longo do século XX (América-Europa) é coherente que aquela se corresponda cos estados a onde foi maioritaria a emigración dos seus ascendentes, pois case sempre se vai tratar de descendentes daqueles ou persoas que perderan a condición de residentes. Dentro da poboación nacida na Unión Europea destacan, case en exclusiva, a que naceu en Francia e Alemania;e en América a nacida en Venezuela e Arxentina.É a partir da primeira década do XXI cando se documentan os caos máis extraordinarios de emigración procedente doutros estados (Rumanía, Portugal).

Poboación nacida no estranxeiro, empadroada no concello do Irixo:

ORIXE2002200820092012201520182021
U.E        FRANCIA ALEMANIA PORTUGAL RUMANÍA42   15 1148   17 846   17 845   16 9 626   15 8 1 225   12 7 3 327   11 10 3 2
AMÉRICA   ARXENTINA VENEZUELA BRASIL CUBA URUGUAI COLOMBIA ECUADOR PERÚ37   942   10 1843   9 20 242   8 1637   9 9   2 1 1 1    42   10 12 1 2 1 1   157   10 18 4 2 1 4   1

 En relación con estes datos, na poboación actual do concello do Irixo, segundo a condición da nacionalidade de orixe, obsérvase a presenza da incorporación dun número reducido de persoas de nacionalidade estranxeira pero que debe ser interpretado como un síntoma de que algo está cambiando. Acaso este lixeiro cambio de rumbo é unha volta dos  emigrantes ou os seus herdeiros que residían no estranxeiro, ou é esta nova corrente de adquisición de propiedades por parte dalgunhas persoas que sen teren ningún vinculo previo coa localidade deciden instalarse aquí por razóns diferentes (alonxarse das grandes urbes, posibilidade de traballo a distancia, prezos asequibles cando se trata de propiedades rústicas ou urbanas, ofertas de traballo que rexeitan os locais…). O certo é que agora se fala de que naquel lugar hai unha familia “inglesa”, na outra un “holandés”, naquela un “catalán”…que foron adquiridas algunhas propiedades coa idea de adonarse de todo o lugar, que se unha “aldea modelo”…Mágoa que moitos dos lugares que están na ruína e esquecidos non renazan das súas cinzas! A algúns deles, aínda que só sexa polo patrimonio material que acochan deberían visibilizarse e manter abertas as vías de acceso. Estou a pensar na Alén e Surribas de Froufe, nos Amieiros e Ramil de Loureiro, A Fraga de Cusanca, e outros que, máis cedo que tarde, están ás portas da extinción.

Con  todo este ir e vir dunha e outra xeración, aínda é posible atopar no faiado da vivenda ou na barra do palleiro este elemento inseparable das xeiras alén mar desde os portos galegos

 Propoñia ao comenzo deste apartado de empregar un termo menos técnico para referirme non tanto á “emigración externa” (outro estado, ou outra comunidade autónoma distintos aos propios) senón maís ben ao que vou denominar como “mobilidade”, entendendo como tal a transferencia ou asentamento  de persoas en novos espazos da contorna local, comarcal, provincial ou autonómica.

 Así, dentro da unidade local/concello, podemos diferenciar unha mobilidade intraparroquial ou extraparroquial.Cada situación está en boa medida relacionadas coa superficie e a situación que ocupa cada parroquia.Así,atopamos parrroquias que, ou ben pola súa maior extensión, poboación ou “mellor” situación contaban desde antigo cuns servizos mínimos,pero que, no mellor dos casos, non ía máis alá dalgunha taberna.As outras, nin iso.Cando as vías de comunicación se foron incorporando á paisaxe, en moitas delas o que se produce é un desprazamento interno dos veciños (intraparroquial) dalgúns lugares cara á estrada, dando lugar nestes casos como a novos núcleos urbanos ou anexos: A Pedriña; O Concieiro; As Laxas; A Esfarrapa-O Abanico; A Lama-A Estación; As Campinas; O Barrocal… Son desprazamentos espaciais  que teñen un impacto visual importante non só polo novo tipo de construción (planta alta, con baixo para actividade comercial e a superior para vivenda), senón tamén porque van trazando como unha liña continua, urbana, ao longo da estrada principal que se vai consolidando ano tras ano  con algunha que outra actividade industrial (serradoiros, fábrica de pretensados) e, sobre todo, do sector servizos: farmacia, centro de saúde,residencia de maiores,banca, oficina técnica, tendas….).

 A mobilidade extraparroquial si se pode considerar que foi intensa ao longo dos tempos, ou ao menos así se pode concluír despois de recoller algunhas consideracións sobre os veciños dalgúns lugares que, por exemplo no Catastro de Ensenada constan  como “forasteros” tratándose  de persoas que podían pertencer á mesma xurisdición ou a outra,pero de distinta parroquia (Lémbrese que o concello durante o Antigo Réxime estaba organizado en dúas xurisdicións: Orcellón, San Salvador de Pazos de Arenteiro, e o Couto de Corneda. Estas estremas, fundamentalmente con carácter recaudatorio, administración da xustiza e relixioso  foron superadas, sobre todo cando a igrexa deixou de exercer o poder omnímodo que desde a noite dos tempos se viña prologando coas cargas que aplicaba aos fregueses, aínda que tampouco eran menos as que algunhas familias fidalgas e os nobres como o conde de Monterrey viñeron exercendo ata praticamente os nosos días con privilexios como os de padroado sobre algunhas parroquias (Loureiro, por exemplo).

 Se ademais lembramos que a celebración das bulladas, magostos, entroido, feiras do Tellado e festas eran puntos de esmorga e de intercambio persoal, podemos afirmar que a permeabilidade entre as parroquias era óptima, máis ala de pequenas ribalidades gastronómicas, ou de mover os marcos no monte común, “tornar” as augas das presas para moer, regar ou para o uso doméstico.

 Por outro lado, algunhas veces a orografía ou a lonxanía, pero, sobre todo, a política, con respecto ao que foi a ubicación da casa do concello na Ponte, foi obxecto de polémica cando “Os Campinas” -do lugar do mesmo nome e da mesma parroquia- forzaron o translado a este lugar arredor dos anos trinte do século pasado, aínda que finalmente se recuperara a “capitalidade” na Ponte, despois da intervención do Gobernador Civil e a presión exercida pola familia de “Doña Manuela”, que era a dona das casas onde tiña a súa sé, tanto a casa consistorial como a escola e casa dos mestres.

 Como conclusión a todo o anterior, podemos sinalar que, agás  algún que outro incidente puntual, o entendemento e a mobilidade entre as parroquias ten sido aceptable, porque non me consta, por exemplo, que teña sido especialmente polémico o feito de crearse un único concello, baixo a denominación do Irixo, cando con anterioridade chegaron a ser catro: Parada, Reádigos, Corneda  e O Campo, aínda que nesta por coincidir unha serie de servizos derivados da “modernidade”: casa do concello, Grupo escolar, estación, banca, etc. tende a minorizar as demais, como é o caso con respecto á parroquia de Dadín, á que pertence As Laxas, aínda que neste momento presenta un maior número de servizos que A Ponte, pero tende a asimilarse á do Campo baixo unha denominación de “O Irixo”, como “capitalidade” do concello con dous núcleos, “ A Ponte e As Laxas”, o que podería ser respectable, pero non o de consideralos como unha unidade  a todos os efectos no “administrativo-oficial” e tamén no “espiritual”, ou na toponimia, segundo se propoñia en 1995 “O Irixo ou As Laxas” dentro do Campo,o que segue sendo un erro que debería corrixirse.

 Con respecto á mobilidade intra/extracomarcal, o concello do Irixo atópase xeograficamente instalado entre as comarcas do Carballiño e a do Deza-Lalín. Os montes do Pico Seco, A Madanela e o río Pedriña ao leste,e  ao norte os do Foxo e  A Cruz da Grade, separan os tres concello e á vez se relacionan coas vías de comunicación máis importantes.Con respecto á mobilidade con ambas cabeceiras das dúas bisbarras, pode sinalarse que cando as feiras tiñan unha maior repercusión na economía familiar, tanto as que se celebraban en Silleda, Bandeira, Lalín, ou A Gouxa  como  O Tellado eran punto de encontro e intercambio fluído co concello do Irixo.Paseniñamente esa colaboración foise perdendo, na medida que O Irixo entrou na cadea do éxodo migratorio na segunda metade do século XX, aínda que nas ultimas décadas se teña recuperado parte deses intercambios.

 Os sectores económicos que mobilizaron a economía de cada unha das comarcas son abondo diferentes. A bisbarra de Lalín, de base económica fundamentalmente agrogandeira, soubo diversificarse e atopou alternativas no sector industrial-téxtil e de servizos que foron absorbendo de xeito máis ou menos intenso os excedentes daquela, mentres que, O Irixo mantivo co Carballiño o que sería a súa principal fonte de actividade económica subdesenvolta, a agraria, e, como única vía de “modernidade”, a emigración. Todo isto ten como consecuencia un panorama abondo paradóxico que estamos a ver na actualidade: cando no Irixo o gando vacún que hai arredor de cen anos contabilizaba 16000 cabezas e mal coidadas, na actualidade son menos de catrocentas nun sístema híbrido de tenza, e “expórtase” herba cara ao Deza ou outros destinos.O que pon de relevo que, quizais neste sentido o concello do Irixo debería terse mirado máis no espello do Deza que no do Carballiño polas características da súa base económica tradicionalmente agrogandeira e forestal. De feito, un dos puntos de atracción económica, así como os desprazamento habituais e asentamento humano da poboación do Irixo na actualidade está  a ser a vila de Lalín, situándose esta en cuarta posición con doce persoas nos últimos vinte anos, ademais daquelas  que se desprazan diariamente aos seus  lugares de traballo; mentres que a vila do Carballiño mantén unha elevada proporción de habitantes de orixe irixense -192- que se ubicaron nela nese mesmo período de tempo, o que explica un elevado grao de mobilidade con esta pero por outras razóns: administración (pública e privada); comunicacións (liñas de transporte por estrada), servizos (banca, comercio..), e sobre todo, unha motivación de orixe claramente vencellada á emigración: moitas familias invertiron unha parte dos seus aforros na adquisición de propiedades urbanas que, ao retorno foron destinadas a vivenda.

 Sobre a mobilidade intra/extraautonómica, e dentro desta a da propia capital da provincia, a cidade de Ourense ten sido un dos principais polos de atracción do Irixo baleirado dos últimos anos:1996-2021: 55 persoas . Como tal capital da provincia, hai unha serie de  relacións ineludibles, rutineiras:


Edificio da Estación Marítima, onde se xestionaban as entradas e saídas do peirao vigués.  Reconstrución de pallozas no Castro de Vigo,última referencia da cidade desde as Cíes.Tenda (Goree -African Soul) do senegalés Cheikh Seck, no centro comercial A Laxe-Vigo, como unha mostra da integración dos inmigrantes na vida cotía da cidade.Nestes días estase mostrando a cara maís amarga da dureza do traballo no mar coa morte e a desaprición de varios mariñeiros galegos,ademais dos de nacionalidade peruana e ganesa enrolados nunha armadora Galega.Oxalá Galiza se convirta nunha gran Comunidade cosmopolita, máis alá da cor, raza ou relixión

administración pública, sanidade, xustiza, etc., e, neste sentido, tamén ten sido punto de destino para persoas que, ou ben ao retorno da emigración adquiriron algunhas  propiedades,basicamente urbanas, que desfrutan os seus donos primitivos, ou a familia herdeira, que se foron asentando  na capital por razóns de traballo ou lazos familiares.Algunhas familias acomodadas xa o fixeran antes.

 Con respecto ao resto das capitais provinciais e, neste sentido máis que a propia capitaal, as que tiveron un maior interese por parte das persoas naturais deste concello, como sucedeu na maioría dos concellos da provincia, foron as cidades de Vigo -37- e a de Santiago -5-. Estas cifras son relativas a estas dúas últimas décadas, porque no caso da cidade olívica, tanto para a primeira emigración retornada de América, como de Europa, foi a partir de 1960 a cidade de destino preferente,e, nalgúns casos a cidade da Coruña.

 Coa creación do estado das autonomías, a cidade de Santiago coas novas institucións arredor da administración autonómica (Parlamento-Xunta) tamén se converte nun punto de atracción, de interese por parte da cidadanía galega en xeral e, a do Irixo en particular, aínda que historicamente e a pesar da cercanía tampouco resultara moi atractiva, porque as posibilidades de acceder ao mundo laboral eran menos que no caso de Vigo.

 Sobre a “emigración interior” ou “extraautonómica”,  é dicir, a que se ten desprazado  a outras provincias do resto do Estado, o País Vasco segue a ser o destino case exclusivo dos nacidos no Irixo como  residentes  fóra de Galicia, mentres que Cataluña mantén algún vínculo co Irixo daquelas  familias que a mediados do século pasado se asentaran por alí de cando as fábricas do sector téxtil e do automóbil precisaban man de obra xa que a propia comunidade non era autosuficiente.

 A EMIGRACIÓN EN PRIMEIRA PERSOA

 Ata aquí a obxectividade dos números, cuxas conclusións deixamos ao criterio do sempre moi amable lector a súa interpretación.

 Que podo engadir  desde un punto de vista persoal sobre un guión no que fun actor principal e ao que o propio soporte dixital destas colaboracións –Badal Novas– considera como unha das razóns da súa existencia e inclúe unha sección exclusiva sobre o tema da “EMIGRACIÓN”. É certo que o tema ten sido obxecto de amplos e concienzudos tratados, pero que non teñen contribuído en moito a resolvelo ao que algunhas persoas tenden a cualificar como unha especie de maldición ou castigo divino e, á vez como algo cíclico na historia de Galicia dos dous últimos seculos.

 Pois, en contra da maioría pensante con opinión negativa sobre a emigración, pensamento comúnmente estendido entre a poboación galega e non galega, digo que, desde o punto de vista persoal e polo que se está demostrando se repite e se expande polos cinco continentes, a emigración non é mala por natureza, senón o xeito en que é entendida de forma egoísta e inxusta por parte dos países máis ricos que foron receptores de grandes vagas de emigrantes. Acaso non é de xustiza que un estado con recursos naturais ou industriais suficientes poida  ser auxiliado con man de obra foránea, especialmente cando esta  roza a miseria, a fame e a guerra por ter nacido nun país -non elixido- con menos recursos, ou nepotismo, ou loitas intestinas, de tal xeito que esas persoas inmigrantes e os países receptores poidan beneficiarse mutuamente?

 É sabido que as “Constitucións” de case todos os estados contemplan no seu articulado o dereito a unha vivenda digna, ao traballo na súa Terra, a unha asistencia sanitaria universal, e moitos  dereitos e aspiracións lixítimas por parte dos habitantes dun Estado, que na práctica este non pode satisfacer. Neste caso,que mellor alternativa que a solidariedade entre os pobos para que o reparto do benestar resulte máis xusto.

Como é posible que en pleno século XXI se sigan vivindo situacións de racismo, xenofobia, exclusión social…cando case todos os países teñen sido historicamente, por unha ou outra razón, vítimas de guerras, fame, translados, emigración.O caso de Galicia e o do Irixo é un espello onde mirarse e sacar algunha lección. 

Destinos máis comúns entre a poboación emigrante do Irixo no últimos cen anos

 Dicía que, desde o punto de vista persoal eu son un máis dos actores principais da condición de familia emigrante. Cantas familias do concello do Irixo poden “presumir” de que nestes case douscentos anos de “mobilidade”, sobre todo a América ou a Europa, non houbo ou non hai na súa familia alguén que durante un tempo fose emigrante por razóns fundamentalmente económicas?

 Convivín na infancia e na adolescencia con curmáns, e moitos veciños que despois marcharon por Europa adiante; no internado compartín longas horas con outros fillos de emigrantes e mesmo en París estiven aloxado na casa duns veciños cando eu como universitario fora á Alianza Francesa a practicar algo o idioma. O meu avó paterno e tíós-avós emigraran á Arxentina van para alá cen anos, o meu avó voltou, os demais nunca máis voltaron -aceptaron a compra da herencia polo que lles propuxo o meu pai utilizando poderes notariais e co intercambio de cartas-.

 Con respecto á xeración de meus pais, estes constitúen un caso especial dentro do colectivo do Irixo que emigrara a Canadá en 1957 dentro da operación Bisonte e cando aínda non se creara o Instituto Español de Emigración, porque eles, con todas as cartas en contra: o idioma, a climatoloxía, a mentalidade… e cunha capacidade de adaptación excepcional mantiveron durante máis de trinta anos vínculos con ese país e co que aínda gardan relación por motivos de xubilación e coas familias nativas. 

 Os meus tíos por ambas partes, todos eles con fillos, estes ocasionalmente asentados en Alemania, son un exemplo máis da emigración europea. Por parte do meu pai, un dos irmáns asentouse en Madrid por motivos laborais derivadaos da contenda da guerra civil, outro na administración local, e os maís xoves en Alemania e Venezuela.

 Tampouco podía faltar a emigración a Uruguai a onde unha familia completa, os pais e dous fillos, se desprenderon de todas as propiedades no Irixo para fixar a súa residencia na capital,Montevideo, onde viven na actualidade os descendentes, ao igual que o fixeron outros sobriños.[Como parentes que son, algunha vez fun o copista dalgunhas  das cartas da súa nai con destino a Ultramar]

 Polo tanto, a miña contorna familiar e a da maioría dos que fomos ou son habitantes do Irixo pode ilustrar todos e cada un dos destinos que aparecen nos traballos de investigación referidos á emigración de Galicia nos últimos cen anos.

 Neste días, o 21 de febreiro de 2022, o xornal “La Voz de Galicia” na súa edición de Ourense, baixo a denominación “De tal palo, tal astilla” facíase eco dunha situación moi semellante á de moitos emigrados do concello do Irixo que, como sinalabamos máis enriba, tiveron un punto de destino moi estendido entre os nosos veciños: Alemania.Os protagonistas son un matrimonio, ela do Campo e el de Loureiro que, despois de casar e teren unha filla, emigran á “terra prometida” deixando a nena ao coidado dos avós. A experiencia relatada e a mensaxe transmitida pola nai con respecto á filla -como sería a doutras moitas nais, incluída a miña- non pode ser máis elocuente: “”Dejar a mi hija fue horroroso. Hablaba todos los días con ella y no paraba de llorar.” O resto do relato corresponde á maioría dos que viviron esa situación: Retorno ao cabo duns anos “Y así, con los ahorros que hicieron en Alemania pudieron montar un negocio en la calle Brasil de O Carballiño”.Polo tanto, as dúas caras da moeda: unha,a do custe afectivo, a outra, a  da superación. Que, como en case todos os casos persoais, postas na balanza e con algo de optimismo soen deixar un sabor agridoce, pero, á fin e ao cabo, de superación. (Nota:Comparto coa protagonista, ademais da opinión de moitas familias sobre o tema obxecto de comentario nesta liñas, un dos apelidos máis populares do Irixo, “Ferradás” , do que nos debemos sentir moi honrados, por corresponder a un dos veciños máis ilustres/altruístas que ten dado a parroquia, Francisco Ferradás Dapena, natural de Orosa, quen propiciou co seu legado  “que en el año 1828, el párroco D. Pedro Álvarez Robleda, fundó en la finca de la iglesia denominada Campo de la iglesia, un casa esculela, con la donación de un legado que Francisco Ferradás Dapena hizo para esto…” Foi a primeira de todo o concello, aínda que, lamentablemente, na actualidade, no lugar de escola sexa empregada como velatorio, pero que se advirte na doazón que “en el momento en que se necesite para escuela, necesariamente tiene que volver a su destino…por ser voluntad expresa como consta en escritura pública ante el notario D. Francisco Antonio de Vales que se conserva en este archivo” (Igrexa parroquial do Campo.Asinado: David Ureña, párroco.1947)

 Polo tanto, a miña experiencia en relación coa emigración, sería moi semellante á da maioría dos mortais:un tanto contraditoria, agridoce, pero, en xeral satisfactoria, dada a Terra na que nos tocou nacer, que non foi nin é autosuficiente para concederlles aos seus habitantes un nivel de vida digno, pero que tampouco se nos queira ver ao emigrante e á familia como estigmatizados ou marcados por un fado sinistro e que se nos compadeza.

 Poño fin a esta andaina cunha lembranza a modo de homenaxe a todos os mariñeiros falecidos no naufraxio do “Villa de Pitanxo” e, en particular, aos que entre a poboación migrante formaban parte da tripulación de orixe ganesa e peruana, para lembrármonos que todos estamos no mesmo “barco”; chamémonos Xoán,Xulio, Roi, Adil, Shle,Falak, Ibrahima, “Moha”, Sidi, Cheikl,Edwin,Edemon Koufie,Pelungo…porque xa son miles os nacidos no estranxeiro e residentes en Galicia en 2021 (254.146) e aos que debemos integrar máis alá de como man de obra barata, porque, desde ben antigo, segundo o Evanxeo e a opinión popular xa nos advirten que “Coa vara que midas, así serás medido”.

O Irixo- Vigo; 25 de febreiro de 2022.

Xulio Dobarro Ferradás


Outros artigos de Xulio Dobarro

O Irixo: construcións adxectivas ou complementarias da casa vivenda e outras obras (IV)

O Irixo: Construcións do pagán ao Sagrado: Igrexa, Capela,Reitoral, Cruceiro…(III parte).

O Irixo: A casa-vivenda e a nosa contorna. Construción tradicional (II parte)

O Irixo: A terra dos mil cincocentos hórreos, muíños e fornos. Construcións Tradicionais (I)

O Irixo, unha inmensa fraga, fonte de osíxeno e depósito de dióxido de carbono

O Irixo: dous camiños de ferro “paralelos”.”crónica dunha morte anunciada”

Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV