Xulio Dobarro: “Penedo da Ucha – Crónica”

Xulio Dobarro Ferradás.  Profesor xubilado e veciño do Irixo


O IRIXO: CUSANCA -SAN COSME/-COSMEDE DE CUSANCA E O PENEDO DA UCHA

AVANTAR ACTIVIDADES
 A. López Carballeira:”El hidalgo de San Cosme”.Vida Gallega nº 95. 1917 (Galiciana)

Un dos debates abertos nestes días con respecto á toponimia é o de se é posible ou non proceder á supresión da advocación do santoral que acompaña os nomes de parroquias e lugares á hora de fixar os topónimos. Así, con respecto aos topónimos cualificados como haxiotopónimos, por exemplo, Santiago de Compostela, non se pode suprimir á referencia ao santo/-a xa que este é inherente ao nome, pero si naqueles demais casos nos que o topónimo se pode individualizar con respecto á advocación, como é o caso obxecto de comentario nesta reflexión sobre a parroquia de San Cosme ou de San Cosme/Cosmede de Cusanca e “A posta en valor do xacemento Penedo da Ucha

 O certo é que, dentro do concello do Irixo e as doce parroquias que o configuran, non hai ningunha outra á que de maneira máis transparente e popular se lle puidera adxudicar o de parroquia de San Cosme, haxiotopónimo, porque esta denominación non só está viva entre a veciñanza, senón que ademais é a que predomina sobre a de Cusanca, topónimo. Unha das razóns que pode explicar esta preferencia local pola solución San Cosme, no lugar de Cusanca, cando están a referirse á parroquia pode ser para evitar a confusión co núcleo de poboación, lugar do mesmo nome na parroquia, Cusanca, ou pola sentida devoción ao Santo protector das pestes e enfermidades.

 Con respecto ao topónimo Cusanca e a súa relación con esta parroquia do Irixo, aquel ten sido obxecto de  reflexión e de especulacións sobre a súa orixe e, de xeito destacado a súa antigüidade, pois, tal e como se sinala en diferentes estudos sobre aquel, é un dos que xa aparece documentado desde mediados do século sexto no “Parrochiale Suevico” (572-582), polo tanto prerromano,  e en moita documentación medieval como a que en 1126 delimita  a que se coñece como ”Herdanza de Cusanca” , na que, entre outras conclusións e segundo os lindes alí sinalados, ocupa unha superficie moi superior á da parroquia actual.E así seguiría sucedendo aínda en etapas posteriores cando, por exemplo, se fixa o “Partido de San Cosme de Cusanca”, dependente da Xurisdición de Pazos de Arenteiro ata a súa extinción a principios do XIX cando se crean os concellos modernos.

 Con respecto á parroquia, xa dixemos noutra ocasión que foi a que contou e segue contando a día de hoxe cun maior número de núcleos de poboación, aínda que estes teñen sido motivo de agrupamento nalgún caso, e noutros pola súa extinción; situación esta última que está sendo máis preocupante neste século XXI: As Cales, O Foxo, A Fraga, A Felgueira, Chelos, Lagorzos,…uns xa morredizos  e outros fosilizados. Todo isto, a pesar de que a parroquia acollera no lugar do Tellado a feira quincenal que, desde a antiga baiuca se mantivo viva ata ben avanzado o século XX.

 Neste sentido, traemos aquí, unha vez máis, a crónica que vai para alá un século (1917) chegou ata nós da man de A. López Carballeira, sobre o seu admirado amigo, Román García Nóvoa, , “El Hidalgo de San Cosme” cuxa ilustración superior corresponde a esa crónica con fotógrafía de   Don Marcelino Saavedra Padín e que xa fora obxecto de tratamento polo historiador J. Hervella Vázquez algunha desas fotografías. Concretamente a que aparece na páxina anterior co número VII: “Una curiosa piedra sobre la cual discurre el arqueólogo Sr. López Carballeira alrededor de la idea de si se tratará de un ara cáltica”, o Historiador J. Hervella, que inclúe esa mesma fotografía na antedita publicación inclúe o seguinte pé de foto: “Posible lugar de culto e ritos ó deus Bandua. San Cosmede de Cusanca.(Non conservado)”.”O penedo do Demo” debe ser sobre o Pedrouzo.

“O PENEDO DA UCHA”:Entre a lenda,tradición, historia ou espellismo?

 Mágoa que o profesor Hervella non puidese desfrutar da visión deste enigmático “penedo”que, polo que se deduce das súas andainas e con casa familiar ben preto do sitio onde se atopa, pasaría ben veces a rentes del, e, segundo algunhas notas manuscritas tivo pensado facelo nalgún momento.

 Digo que, mágoa por el, porque recentemente ten sido catalogado como Penedo da Ucha pola Xunta de Galicia, e polo que se ve, aínda que pasaron máis de cen anos desde a ilustración á que el fai referencia ata a actualidade, non cabe dúbida que se trata do mesmo penedo e do mesmo motivo, de tipo arqueolóxico segundo esa clasificación do “Catálogo Patrimonio Cultural”, actualización 2020: Nome: Penedo da Ucha; Código: GA32035048/ X/Y ETRS89 UTM29.

 Se voltamos á crónica antedita, e con respecto a algúns deses puntos obxecto de interese dentro da da visita ao prezado amigo don Román, destacariamos dous en particular. Un, o que fai referencia á feira do Tellado e o “tipo predominante del país” que el clasifica como “tipo montañés genuino” , que  “la dureza de la montaña se refleja en sus rasgos fisonómicos”, “una cosa llamó nuestra atención:los novios en plena feria, se acariciaban públicamente y se besaban al despedirse. Reina cierto paganismo en las relaciones de ambos sexos”.

E o outro, voltando ao actual Penedo da Ucha, o cronista engade que “en otra expedición visitamos el castro que se alza sobre el lugar de So-Iglesia y domina todo el valle.Se aprecia perfectamente su doble corona. En la falda del castro y en medio de un bosque solitario de robles hallamos una curiosidad  que reproduce la fotografía número 7. Es un enorme roca de unos veinte  metros de largo, por unos ocho  de ancho y cinco de alto,de forma redondeada.Abundan mucho tales rocas en aquel paraje. En su extremo presenta labrada intencionadamente una á manera de pila que no llega a metro y medio de largo, y al lado una honda cavidad circular; junto a esta, al descombrarla descubrimos un estribo lateral, también perfectamente labrado en la piedra.

 Dadas las dimensiones y la disposición de estos huecos no parece que se trata de una sepultura. Soñemos a la manera de los arqueólogos. Si se comprueba que su data es antigua¿no podría llegar á adivinar en este monumento uno de esos hombres que resucita el pasado, dada su situación en un robledal al pie del castro, una prehistórica ara céltica, para los sacrificios de animales? ¿no podría ver la adaptación de esos huecos a la posición de la res que se sacrificaba, colocada de tal modo que el sacerdote druídico  desde el estribo lateral, pudiese hundir en la cerviz el cuchillo?He ahí un problema.

 El lugar no puede ser más apropósito para un acto hierático de esta clase.Casi nos dieron tentaciones de celebrar con aquellos celtas, que nos rodeaban, una reproducción de la solemne ceremonia, ahora, que se habla del resurgimiento del espíritu céltico en Galicia”.

Penedo da Ucha na actualidade, parte posterior da rocha descrita por A. López Carballeira en 1917 (Galiciana:Vida gallega. Nº 95).Canle natural ou manual?

 Pois ben, o pasado día 31 de outubro, nas vésperas de defuntos, e despois de escoitar que se están levando  a cabo os traballos de catalogación do que ata agora fora interpretado como ara, ou lugar de sacrificios,na liña do que vimos de reproducir segundo a interpretación do arqueólogo Lópèz Carballeira a principios do século XX, que Hervella, arredor de 1990, considera como “posible lugar de culto e ritos ó deus Bandua”, segundo a ficha publicada trátase dun ben arqueolóxico[non se fai a descrición] que se pode considerar como un lagar[1], -aínda que por esta latitudes as viñas non fosen moi abondosas-. Do que non queda dúbida é que a descrición que realizara o crego e amigo de don Román responde ao que podemos admirar cen anos despois no 2021.

[1]Lamas Bértolo, Jorge(arqueólogo):Posta en valor do xacemento Penedo da Ucha. Ga32035048(O Irixo- Ourense).A petición do concello do Irixo estase levando a cabo o estudo e posterior musealización da contorna.

 Por outro lado, e con respecto a esa liña de interpretación sobre a posible orixe de influencia céltica, non esquezamos que xusto nese ano vén de falecer o que sería o máximo expoñente do celtismo en Galicia, Eduardo Pondal (1835-1917), e, polo tanto, é comprensible que historiadores e arqueólogos se deixasen levar por esta corrente decimonónica, quizais, maís movidos polo corazón que pola cabeza, ademais doutras razóns culturais de tradición celta que aquí omitiremos.

 Na fotografía  anterior tamén se inclúe unha mención ao lugar coñecido como Pena do Demo,outro dos puntos que foron obxecto de visita polos ilustrados camiñantes,na contorna da parroquia e sobre o que se sinala que :”visitamos la abrupta altura llamada Pena do Demo,donde entre un conglomerado de enormes peñascos, se eleva en la cresta una gran piedra oscilante.A la falda de este monte hay unos molinos…”. Completa a descrición deste punto cunha lenda ou crenza que lle relataron, segundo a cal, o mozo máis forte da parroquia acompañado dun rapaz foi vítima “de una legión de pequeños monstruos parecidos a chivos que le cercaban… que por la mañana apareció (el mozo) allí reventado de luchar”,que incluso dan o nome do mozo e da súa morte misteriosa.

 Con respecto a este punto, e a falta de completar a información, todo apunta a que se trate dun espazo comprendido entre o lugar do Castro e o das Cales -hoxe abandonado- ou por enriba do Pedrouzo,porque a microtoponimia apunta a ese espazo que se coñece como Penedos, que, ademais, eran varios os muíños que se localizaban nesa área, aproveitando as augas que baixaban do recén nacido Viñao.

 Polo tanto, esta crónica de cen anos atrás, á marxe dalgunha consideración ideolóxica ou científica,  debe ser considerada un agasallo senlleiro, que a pluma de A. López Carballeira nos ten legado e da que se poden extraer datos relevantes, amáis das detalladas referencias biográficas e documentais do cusanqués don Román.

 Con estes antecedentes, e na data sinalada, tiven a oportunidade de achegarme ata ese enigmático lugar, despois de cruzar a vía, á entrada do desgrazado túnel de San Cosme, ao pé da que foi A Cantina, testemuña de esmorgas e sobre todo de desgrazas, no lugar hoxe coñecido como Baluarte.

O Penedo da Ucha, 31 de outubro de 2021

 A sorpresa foi maiúscula cando, unha vez localizado o penedo, unha especie de xigante durmido e espido de costas para baixo, no extremo nordeste xorde a pía, lagar, ou o que naquel intre non me ofrece dúbida, unha ara, porque, xusto ao pé, un año moribundo, estaría a punto de ser sacrificado ou xa o fora. Como vira, pastando en liberdade e sen amo aparente, un pequeño rabaño de ovellas por entre a abondosa vexetación de castiñeiros e carballos, cabilei que aquel formaría parte do rabaño e sufrira algún accidente. O caso foi que, voltei ata O Baluarte, onde queda algún veciño que, de xeito esporádico ou permanente, habita por aqueles lares. Non consigo falar con ninguén, o único interlocutor é un can que con malas maneiras responde á miña chamada.Desprázome ata á Eirexe para dar conta do sucedido, pero non consigo que ninguén dea noticias do dono do rabaño. Volto ata o Penedo da Ucha e o año, algo eivado dunha perna, recupera a mobilidade con dificultade ata que consigo que se una ao rabaño. Desde logo, aínda que sexa “lagar”, naquel intre todas as miñas sospeitas se resolvían ao favor de J. Hervella e de A. López Carballeira. Ou non?

 Aínda está pendente a sinalización [que se inclúe no proxecto de Posta en valor] que pode ser desde o indicador que na estrada do Tellado á Eirexe, á man esquerda nos dirixe ata O Baluarte, ou ben desde a Eirexe, seguindo o trazado da vía ata practicamente a boca do túnel, e unha vez aquí, a aproximadamnte uns 250 m., ao cruzarmos o lugar atoparemos o misterioso ben, ou desde a igrexa.

 Se as últimas pescudas conclúen que se trata dun lagar, a verdade é que semella moi da feitura dos que se levan catalogado na comarca de Verín ou do Ribeiro, aínda que cunha difernza notable, que a parroquia de Cusanca non sexa considerada como terra de viño, pero, ao mellor, de mazás. A esta versión engádese outra de carácter folclórico relacionada con tesouro no solsticio de primavera e de aí a súa forma rectangular ,”ucha”.

 O que si parece ser unha constante na parroquia de San Cosme é a devoción polo seu patrón que, segundo Hervella, ten moito que ver co culto ás augas que, por alí son obxecto de admiración, e todo iso mesturado coa devoción polo “señor San Corme”.

 Así, ao tratar de explicar as orixes da igrexa parroquial, segundo o historiador, os veciños “invocan tres razóns fundamentalmente” para xustificar que a igrexa primitiva sería levantada no lugar de Cusanca e a actual foi transladada, e que partes daquela foron levadas, ademais de á Eirexe á ermida de Segade, onde se construíra na honra do San Bertolameu. Que hai unha serie de “lendas e tradicións alusivas e relacionadas cos Baños do señor san Cosmede, os cales -unhas pías- estaban situados entre os actuais lugares de Igrexa e Zacarade.Alí acudían os doentes en súplica ao santo protector para curar as súas doenzas. Precisamente en Zacarade situaban A CALEXA DO SEÑOR SAN COSMEDE”, enfronte da casa dos Meleiro.E alí chegaba un manancial de auga… e alí os enfermos lavábanse coa auga milagreira”.

 Acaso o Penedo da Ucha non puido ser utilizado tamén como lugar de culto para a realización destas prácticas nas que se mestura o profano e o relixioso, nunha combinación de culto animista e cristián? Ademais, resulta sorprendente que non teña sido obxecto de destrución cando tan preto se levaron a cabo as obras de construción do túnel e toda a contorna se viu alterada con movementos de terra e extracción de croio.

O mesmo Hervella, ao referirse a un antigo núcleo da parroquia, sinala: “PENASANTA,era un conxunto de casas, unidas na actualidade ó lugar de Soeirexe, que no seu momento se situaban preto dunha pena con cavidade, que en todo momento contiña e aínda segue a conter auga e polo tanto foi tida polos veciños como lugar -zona máxica, de carácter profiláctico e sanador de verrugas”. “En último extremo, engade, é a cristianización dun lugar de culto pagán ás  augas”

 Completaríase o ritual co recitado dun *Padrenuestro,e a aportación dun can de cobre” para facer desaparecer as verrugas,acompañado do recitado seguinte: “verrugas traio, verrugas deixo, non falo con ninguén e marcho correndo”.

 De todo o anterior podemos concluír que os poderes sanadores dos santos Cosme e Damián e a devoción dos fregueses non eran suficientes e, por iso en máis dun lugar da parroquia, se botou man das augas milagreiras.

 As pregarias, ao xeito de GOZOS, que se cantaban na novena na honra dos “médicos mártires” eran do estilo de “Al estudio consagrados/ la medicina aprendísteis/ y a los pobres socorrísteis/en sus males desgraciados/ con milagros portentosos/ahuyentásteis sus dolores (bis los dos anteriores) SED NUESTROS INTERCESORES/ OH COSME Y DAMIÁN GLORIOSOS.

 Non debe sorprendernos que esta devoción teña o seu reflexo nos nomes de pía da parroquia, cando alá pola metade do Séc. XVIII, (Catastro de Ensenada, 1753), o nome de Cosme era dos máis comúns entre os homes, así xunta a aquel acompáñano os apelidos: López, de Seixas, Vigide, Menaze, dos Ríos, Crespo…

 Sobre a observación realizada por Hervella con respecto a ese lugar coñecido por PENASANTA, considero que, quizais, no lugar de tratarse de “Soeirexe” se trate da “Eirexe”, onde, moi preto da igrexa parroquial, hai unha fonte con dúas pías, e dous canos, unha desas pías presenta unha forma antropomórfica, polo que, ben puidera tratarse da peza na que se faría a inmersión na auga ou como parte do ritual.El mesmo indica:”Para a súa curación debían somerxerse nos baños de santo e recoller para a bebida a auga da Fonte”.

 Sobre outros nomes de lugares da parroquia tamén se refire ao da CRUZ, na actualidade separado do Coto pola estrada, e que inclúe un orixinal conxunto de casa tradicional, recíos e pombal.O padre Sobreira tamén engadía a todos os demais o de “Casas Vellas” (quizais As Cales?)

 A Eirexe, outubro de 2021
Lugar de Cusanca. Este óculo, visible nunha construción, pode ser a pegada da antiga igrexa?

De andaina pola contorna do Penedo da Ucha, e se seguimos a estrada que vai ao Baluarte desde o Tellado, á nosa esquerda atopamos un vestixio de “arqueoloxía industrial”, de cando foi a construción do ferrocarril entre Ourense e  Santiago inaugurado en 1958. Trátase dun “polvorín” que, segundo consta na prensa da época se solicitara autorización para a súa construción en 1931. Ao pé do lugar da Eirexe, con esas pías, igrexa parroquial e camposanto coa escultrua adicada á memoria dos traballadores falecidos na construción do túnel, atópase A Sueirexe coa reitoral en ruínas e a vedraña casa fidalga de don Román, con hórreo ricaz, pombal señorial e eira lousada.

 *Polvorín, outubro de 2021, estrada do Tellado ao Baluarte

Fotografías que acompañan ao proxecto de “Posta en valor do xacemento Penedo da Ucha.Ga 32035048( O Irixo, Ourense).Jorge Lamas Bértolo.Arqueólogo.2021.

Descrición: Código: GA32035048; Coordenadas:X-573924; Y:4.710.530

“Trátase dun gran bolo granítico que presenta no seu extremo noreste un rebaixe cuadrangular con dous furados aos lados,un deles tronncocónico e outro cuadrado e un pequeno rebordo frontal que semella ser un lagar  ; [ ].O folklore do penedo refire as formacións como unha ucha (rectángulo pricipal) e unha pía (furado troncocónico) na que o abade da igrexa gardaba un tesouro.Noutra versión sinálase que no solsticio de priamvera o sol indica a posición do tesouro segundo a aliñación entre o corte da rocha e a parede lateral da igrexa”

 Sobre a posible pegada entre o nome do “Penedo da Ucha” e a microtoponimia da contorna, semella que aquela denominación queda reservada para “O penedo”, xa que non consta, ou, ao menos no Catastro non se atopa, como microtopónimo, sendo ese punto identificado como “A Braña”, e os lindeiros como “Gorgullón”, “Agro da Eirexa” , “Toxal Carballeira”, “As Pireiras”, “As Pireiriñas”, todos eles na contorna do actual O Baluarte (Nomenclátor), antes “A Cantina”, pola razón xa exposta, de que, onde actualmente se atopa unha construción adicada a vivenda e granxa, foi, durante a construción do tunel nº 124 (trazado ferroviario entre Ourense e Santiago,inaugurado en 1958)  lugar de esmorga e de queixumes.

 Ilustración que documenta a existencia do Penedo da Ucha no proxecto “Galicia Nomeada.Toponimia colaborativa (Xunta de Galicia-Real Academia Galega”

Adaptación do plano de localización do Penedo da Ucha, segundo o Plan Básico Autonómico, Xunta de Galicia)

Adaptación do plano de localización do Penedo da Ucha, segundo o Plan Básico Autonómico, Xunta de Galicia)

Adaptación da ficha do Plan Basico Autonómico (Xunta de Galicia.Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Dirección Xeral do Territorio e Urbanismo.Resolución de 25/05/2020): Penedo da Ucha” e contorna de protección de Grao II de tipo arqueolóxico, recollido no Plan Xeral de Ordenación Municipal, en fase de aprobación inicial, así como no visor de aproveitamentos forestais da Xunta de Galicia

Libro de consulta: Hervella Vázquez, J.:O Irixo, natureza,historia  e arte nun municipio da Galicia interior. Concello do Irixo, 1999.


Xulio Doabrro Ferradás. O Irixo, novembro de 2021.


Outros artigos de Xulio Dobarro

Xulio Dobarro fai a crónica da andaina solidaria “Camiña pola Igualdade” que tivo lugar este sábado no Irixo

O Irixo: andaina :”Camiña pola Igualdade”. roteiro: “O Campo Grande”

Jesús González González (Saavedra-O Irixo,1917; Señorín-O Carballiño,1996).Mestre Canteiro-Escultor

O Irixo: Saavedra de Dadín Introito ” Entre Maus”

O Irixo: alcaldes en democracia (1979-2021)

O Irixo: A feira do Tellado. Unha feira

O Irixo: Ramo lírico ( III )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( II )

O Irixo: Ramo lírico para as doce parroquias ( I )

O Irixo – San Pedro de Dadín: Romaría da Pena da Sela

O Irixo: parroquia a parroquia (XII): O Regueiro

O Irixo: parroquia a parroquia (XI): Reádigos

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (II)

O Irixo.Patrimonio Escolar: da primeira escola do concello, na Lama, ao grupo escolar da Ponte (I)

O Irixo: Parroquia a Parroquia (X): Parada de Labiote

O Irixo: Parroquia a Parroquia (IX): Loureiro.

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VIII): Froufe. Do Solleiro Subirol ao Avesío Cebral

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VII) (A Espiñeira ): ”Na Estrema”

O Irixo: Parroquia a Parroquia (VI)(Dadín): ”Entre Vías”

O Irixo. Parroquia a Parroquia (V) : Cusanca, Terra de fronteira

O Irixo. Parroquia a Parroquia(IV): Corneda

O Irixo. Parroquia a Parroquia(III): A CIDÁ

O Irixo. Parroquia a Parroquia(ii): Cangues

O Irixo. Parroquia a Parroquia(i): O Campo

O Carballiño-O Irixo ou “Camiño Nós” “no camiño de San-Yago”: presentación e segunda etapa

Na chegada ao Irixo da primeira locomotora .ano 1958

Inauguración da liña do ferrocarril O Carballiño-O Irixo-Santiago

Sobre apelidos e topónimos no concello do Irixo

Microtoponimia ou nomes dalgúns eidos na parroquia de Dadín (O Irixo)

Proposta de normalización da toponimia das parroquias e lugares do Irixo

De Santo Estevo de Ribas de Sil con Emilio Duro Peña a María Oruña con o “Souto dos catro ventos”.


VIDEO SPOT O IRIXO en BADAL TV