O BNG comprométese a formar un goberno galego “sen ataduras”

noa presas

Noa Presas: “Este 12X temos que Anamirandizar a Xunta de Galiza e multiplicar a defensa incuestionable do país”

Ana Miranda: “No BNG queremos que as axudas sexan a fondo perdido para emprego e infraestruturas necesarias, sanidade e educación”

AVANTAR ACTIVIDADES

A candidata do BNG por Ourense, Noa Presas, e a voceira do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, mantiveron un encontro na cidade de Ourense alertando da mala xestión dos fondos europeos por parte da Xunta de Galiza. As nacionalistas adiantaron que o BNG non ten ataduras e a partir do 12X liderando o executivo galego poderán facer valer Galiza e Ourense nas negociacións que están por vir: “non podemos fiar o noso futuro nas mans dos recadeiros de Casado, Sánchez ou Iglesias”.

A formación nacionalista lembrou que antes da declaración do Estado de alarma, hai tres meses, a voceira do BNG no Parlamento Europeo acudira a Ourense para falar da importancia de que se producira en Galiza un cambio político: “que lle dea a este país o peso que merece nas negociacións de ámbito europeo” indicou Ana Miranda. Así mesmo, avaliou a fracasada xestión de Núñez Feijóo na Xunta de Galiza e sinalou os moitos recursos desperdiciados e oportunidades perdidas.

Paralelamente comezou a explicar a candidata do BNG por Ourense “se iso onte era unha necesidade, hoxe é unha cuestión vital”. Nesta crise do coronavirus víronse como en moitos casos a mellor cara das persoas e moitas institucións, mais a formación nacionalista engadiu que tamén se ten exemplos do contrario. “Vimos a sombra desa Europa insolidaria, neoliberal e ao servizo de intereses de determinados países por riba do colectivo como amosou o debate respecto da posibilidade dos coronabonos” engadiron desde o BNG.

noa presas
Noa Presas, candidata por Ourense do BNG

“Precisamos un goberno galego sen ataduras, que faga o que non fixo Feijóo nestes 11 anos, que marque posición nos grandes temas obedecendo exclusivamente ao interese de Ourense e de Galiza” afirmou Presas. Para a candidata do BNG non se pode confiar na negociación da letra pequena do noso futuro “nas mans dos recadeiros de Casado, de Sánchez ou de Iglesias. Con este motivo, o BNG preséntase como a garantía de facer valer Galiza e Ourense nas negociacións que veñen no futuro.