O Concello do Carballiño dá continuidade no outono á súa ampla e destacada actividade cultural do verán.

A andaina «Camiño de Nós» e a primeira das representacións da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón abrirán o programa.

A Concellería de Cultura do Concello do Carballiño promove unha ampla programación de actividades, de xeito directo ou en colaboración coas entidades, colectivos e asociacións da vila, para dar continuidade á oferta cultural e de lecer que se desenvolveu durante os meses de verán.

AVANTAR ACTIVIDADES

Comeza este novo ciclo de propostas culturais con dúas citas para este sábado: a andaina Camiño de Nós e a representación de Farandoleiras Cabaré.

A segunda edición da andaina cultural <Camiño de Nós 1926-2022> inclúe o percorrido entre o centro do Carballiño e a Insua dos Poetas. O punto de encontro e de partida é a Praza Maior do Carballiño, de onde partirá a andaina ás 11.00 horas. Haberá o develamento dunha placa alusiva á estancia dos membros do Grupo Nós no antigo Hotel Carlos (actual cafetería Capri) que é onde fixeron noite, o 8 de xullo de 1926, os cinco galeguistas de Nós: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Lois Feixoo, Antón Sánchez e Xavier Pardo.

Dende o centro do Carballiño o percorrido segue pola Ponte Veiga, A Costiña, Barro, pazo de Madarnás, igrexa de Madarnás, A Esgueva e Ponte do Eixán, para chegar logo á Insua dos Poetas.

Ao rematar a andaina haberá degustación de produtos da comarca na propia Insua dos Poetas.

Tamén o sábado, neste caso a cita é ás 20.00 horas no Auditorio Manuel María, haberá representación teatral no Carballiño. O grupo Farandoleiras Cabaré ofrecerá a súa montaxe «Olimpo’s».

Coa proposta escénica abrirase a décimo quinta edición da Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón, unha iniciativa da compañía carballiñesa Tiruleque Teatro que se ten convertido nestes anos en cita obrigada para as mellores compañías de teatro amador de Galicia.

Un novo congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas do Carballiño, na vindeira fin de semana, a programación habitual cinematorgáfica dos venres no Auditorio Manuel María (a cargo do Cineclub Carballiño), a música coral ou unha nova edición do Arenteiro Fotográfico serán parte das propostas da Concellería de Cultura do Concello do Carballiño para este outono.

Adxuntamos a programación con datas e actividades.

CONCELLO DO CARBALLIÑO.  

OUTUBRO CULTURAL 2022

II ANDAINA CULTURAL “CAMIÑO DE NÓS” 1926-2022

Día 1

Saída as 11:00 h da Praza Maior

XV MOSTRA DE TEATRO AMADOR TERRAS DO ORCELLÓN

Hora: 20:00 H

Lugar: Auditorio Manuel María

Día 1: FARANDOLEIRAS CABARÉ presenta OLIMPO´S

Día 12: A TEQUERRETÉ presenta O ENREDO

Día 15: GARGALLADA TEATRO presenta UN DESASTRE DE FUNCIÓN

Día 22: LA CAJA DE PANDORA presenta SEMPREA NOS QUEDARÁ VENECIA

Día 29: C. C. OLLOMAO presenta O DOCUMENTO

Día 30: ACHÁDEGO TEATRO presenta NADAL NA CASA DOS LAMELO

Día 5 e 6 de novembro: TIRULEQUE, GRUPO DE TEATRO presenta MICROTIRULOS

XII CONGRESO MANUEL CHAMOSO LAMAS

VALORIZACIÓN E XESTIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL E MEDIOAMBIENTAL
Días 7, 8 e 9. Mesas, coloquios, proxeccións e excursións culturais

Día 7: acto inaugural ás 10:30 na Casa da Cultura.

Día 8 na Casa Bexanca, Belvís-Cabanelas.

Día 9 na Casa Bexanca, Belvís e na Adega Pazo Tizón, Moldes-Boborás.

Ás 20:30 Clausura

CINE CLUBE CARBALLIÑO

Ás 20 e 22:30 horas no Auditorio Manuel María

Día 7: LA LEY DEL TEHERÁN

Día 14: TENÉIS QUE VENIR A VERLA

Día 21: LA HIJA OSCURA

Día 28: EL AMOR EN SU LUGAR

VII FESTIVAL “OUTROS PAÍSES, OUTRAS MÚSICAS”

Día 15

Ás 20:30 h no Templo da Veracruz

Este festival está organizado polo CORO DE CÁMARA “MÚSICA VIVA” co fin de amosar os  compositores galegos que foron pioneiros e que  deron mostra da súa creatividade, e que foron recoñecidos en  diferentes foros tanto nacionais como internacionais.

As corais participantes este ano son a CORAL P. DE AGOLADA, de Agolada (Pontevedra), Coral P. Estelas do Mar, de Mugardos (A Coruña) e o Coro de Cámara Música Viva, do Carballiño (Ourense).

ARENTEIRO FOTOGRÁFICO OUTUBRO

Día 8: MASTER CLASS IMPARTIDA POR VARI CARAMÉS

Horario: de 10 a 14 h e de 16 a 20 horas na Casa da Cultura

Fotógrafo coruñés autodidacta, interésalle o cotián e o ordinario sexa extraordinario, busca evocar, suxerir e facer soñar ó espectador.

Día 9: INAUGURACIÓN

Ás 12:00 horas na Casa da Cultura

Daranse a coñecer tódalas exposicións e terá lugar a entrega de premios Concurso Fotográfico 2022 “Tema libre” e a homenaxe a Vari Caramés pola súa ampla traxectoria na realización e exposicións premiadas. Tamén se proxectará un vídeo coas exposicións deste ano.

Nesta edición a maioría das exposicións poderán verse nun local céntrico do Carballiño propiedade da familia Varela, que cederon amablemente para as exposicións (rúa Principal, nº 6 antigo Hobby Sport), e que estará aberto as fins de semana.

SALASOUTUBRO
CONCELLOA. F. O POTIÑOS: “A Feira”
BAIXO RÚA PRINCIPAL Edificio Ramón GarcíaIES CHAMOSO LAMAS: Memoria viva do Río Arenteiro
RÚA PRINCIPAL n.º 6 Antigo local “Hobby Sport”   Horario: Venres e sábado: 18:30 a 21 h Domingo: 12:00 a 14:00 h                  18:30 a 21:00 h    A. F. O POTIÑOS: Soños TETÉ D. ESTATE: Liñas rurais BEATRIZ CABANELAS: Las caras del valle del Omo MARCELO CABALLERO: 4 movimientos JOSÉ MIGUEL MARTÍN ORDOÑO: Ausencia-presencia CONCURSO FOTOGRÁFICO LIBRE

OBRADOIRO ANIMACIÓN Á LECTURA. Programa Ler conta moito

MEIGAS E BRUXAS DE JOSÉ RIVERA

Día das Bibliotecas

Día 24

Ás 17:00 horas na Biblioteca municipal

Os rapaces e rapazas de 5 a 14 anos poderán participar neste obradoiro creativo no que se ensinará a práctica de pequenos efectos de ilusionismo ó seu alcance, e o xeito de mellorar e aprender máis, enfocando á lectura como ferramenta e espertando nos nenos o gusaniño da maxia, mellorando a súa creatividade e estimulando a súa imaxinación, ao tempo que se desenrola o seu pensamento crítico.

A entrada é de balde.