A Deputación porá en marcha un plan para potenciar a Marca Ourense

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) co Consello Asesor de Agro Alimentario da Provincia de Ouresne. Acompañan a Manuel Baltar Juan Manuel Casares Gándara (Presidente D.O. Ribeiro), José Luís García Pando (Presidente D.O. Valdeorras), Lara Da Silva (Presidenta D.O. Monterrei), José Manuel Rodríguez (Presidente D.O. Valdeorras), Guillermo Budiño Cajaraville (Presidente C.R.I.X.P. Pataca de Galicia), Jesús Quintá García (Presidente I.X.P. Castaña de Galicia), Milagros Prada Pardo (Presidenta Pementos de Oímbra), Francisco Vázquez González (Presidente I.X.P. Pementos da Arnoia), José Antonio García (Presidente AA. Produtores de Aceite), Carlos Rodríguez (Presidente C.R.I.X.P. Pan de Cea), Rosendo Fernández (Presidente do I.N.O.R.D.E.), Servando Álvarez Pousa (Técnico Centro Agropecuario de Xinzo), Artur Juste (Xerente Grupo Cuevas), Emilio Rial (Xerente Coren), Elena Pérez Canal (Xerente Aceites Abril), Francisco González Conde (Presidente AA. Apícola Ourensá), Emilio González (Presidente Plaza de Abastos), Andrés Mazaira (Coordinador Observatorio Económico Ourensán), Emma González (Xerente de Expourense), Pedro Rodríguez Parente (Presidente Agromacen), María Teresa Joga Martínez (Presidenta Adegal) e Raquel Rodríguez Martínez (Asesora Centro Apícola A Veiga).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe a importancia estratéxica que o sector económico da arte e a cultura ten para a provincia de Ourense, e considera prioritario que na fase de desescalada e reactivación económica póidanse comezar a planificar canto antes os eventos culturais e artísticos, para que a partir do 1 de xullo este importante ámbito da economía ofreza a súa programación, se a situación sanitaria e a normativa así o permiten, expresa o presidente.

Videoconferencia Manuel Baltar (Presidente Deputación Ourense) co Consello Asesor de Agro Alimentario da Provincia de Ouresne. Acompañan a Manuel Baltar Juan Manuel Casares Gándara (Presidente D.O. Ribeiro), José Luís García Pando (Presidente D.O. Valdeorras), Lara Da Silva (Presidenta D.O. Monterrei), José Manuel Rodríguez (Presidente D.O. Valdeorras), Guillermo Budiño Cajaraville (Presidente C.R.I.X.P. Pataca de Galicia), Jesús Quintá García (Presidente I.X.P. Castaña de Galicia), Milagros Prada Pardo (Presidenta Pementos de Oímbra), Francisco Vázquez González (Presidente I.X.P. Pementos da Arnoia), José Antonio García (Presidente AA. Produtores de Aceite), Carlos Rodríguez (Presidente C.R.I.X.P. Pan de Cea), Rosendo Fernández (Presidente do I.N.O.R.D.E.), Servando Álvarez Pousa (Técnico Centro Agropecuario de Xinzo), Artur Juste (Xerente Grupo Cuevas), Emilio Rial (Xerente Coren), Elena Pérez Canal (Xerente Aceites Abril), Francisco González Conde (Presidente AA. Apícola Ourensá), Emilio González (Presidente Plaza de Abastos), Andrés Mazaira (Coordinador Observatorio Económico Ourensán), Emma González (Xerente de Expourense), Pedro Rodríguez Parente (Presidente Agromacen), María Teresa Joga Martínez (Presidenta Adegal) e Raquel Rodríguez Martínez (Asesora Centro Apícola A Veiga).

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

De feito, o plan de reactivación da cultura en Ourense inclúe, precisamente, que se dea prioridade ás actuacións e espectáculos de artistas locais. Así o acordou a Comisión de seguimento e programación da Rede de Auditorios Provincial (reaOU), impulsada pola Deputación de Ourense, que aprobou onte esta iniciativa, exposta xa no encontro que Manuel Baltar mantivo co Comité asesor de Cultura o pasado 14 de maio, no que supuxo a reunión constitutiva deste órgano.

A comisión, integrada a Deputación de Ourense e representantes dos concellos que pertencen á rede de auditorios, debateu a proposta do presidente Baltar de abrir a programación cultural ao exterior, iniciativa que levará ao pleno do próximo venres, e ao mesmo tempo centrar a programación en artistas locais da provincia de Ourense, proposta que se aprobou onte por unanimidade por parte da comisión reaOU. Desta maneira, nos próximos días elaborarase un novo catálogo de espectáculos para poder programar, a partir do 1 de xullo, a nova axenda de actividades da rede de auditorios.

Neste sentido, considérase que a oferta ourensá é o suficientemente ampla como para cubrir a programación no que resta de 2020, xa que actualmente dentro do catálogo da propia rede xa figuran incluídos 150 espectáculos de artistas locais. Tamén se acordou na reunión paralizar até 2021 a incorporación de novos concellos a esta rede, que actualmente está integrada por 36 concellos.

A prioridade que para a Deputación de Ourense supón o ámbito da cultura foi destacada polo presidente Baltar na reunión constitutiva do Comité asesor de Cultura, un órgano impulsado polo goberno provincial e que ten como obxectivo pór en marcha, coa cooperación dos diferentes representantes culturais da provincia, un Plan de reactivación do sector cultural en Ourense de face á etapa poscoronavirus.

Nese encontro, que contou coa participación do presidente Baltar e de representantes de 25 entidades, actores, xestores culturais, cantantes, directores de teatro, técnicos e produtores artísticos, avaliouse a actual situación no ámbito da cultura ourensá e puxéronse sobre a mesa proxectos e iniciativas para relanzar este importante sector de actividade económica na provincia de Ourense.

Baltar sinalou que desde a Deputación imos seguir impulsando medidas a pesar da crise, mantendo unha liña política contundente no referido á cultura; imos seguir apostando por ela con maiúsculas, dixo.

O presidente avanzou que o goberno provincial xa traballa nunha reprogramación de actividades, somos sensibles -destacou- ás iniciativas que nos chegan do ámbito da cultura e cremos que nos meses que quedan deste 2020 seremos capaces de reactivar este sector, tan importante como o do turismo ou o agroalimentario, como todos aqueles con os que mantivemos este tipo de reunións que son enriquecedoras e que van de man do Comité do Día Despois, que creamos cos empresarios e autónomos para fixar unha folla de ruta de reactivación económica da nosa provincia , remarcou Manuel Baltar.