O concello de Leiro quere converter a antiga vivenda do secretario nun centro multiusos

O concello de Leiro comezou xa ca preparación dos orzamentos para o vindeiro ano 2023. Aínda que segundo o seu alcalde, Francisco José Fernández, esperan a comezos de ano para a súa aprobación, para ademais saber con seguridade as aportacións coas que van a contar por parte doutros organismos como o Estado, a Xunta de Galicia ou a Deputación de Ourense.

A pesar de que aínda queda moito camiño por diante, o alcalde ten claros algúns dos proxectos chave para o vindeiro ano. Por exemplo, a restauración da antiga vivenda do secretario para destinala a un centro multiusos para a realización de actividades de todo tipo. Para o alcalde sería un espazo esencial, ó carecer na actualidade dun salón de actos.

AVANTAR ACTIVIDADES