A antiga Casa da Escola da localidade de Cotelas, no municipio de Piñor, acolle mañá, 21 de novembro, a presentación do libro “La tableta de chocolate” por parte da súa autora, Sonia Moral.
No acto, que comezará ás 18,30 horas, estará acompañada polo historiador e profesor Juan Manuel Rodríguez, integrante do Centro de Estudios Chamoso Lamas da comarca do Carballiño.
Sonia Moral compartirá co público asistente o principal motivo que a impulsou a crear esta publicación, sendo o estado de demencia do seu pai, falecido hai seis meses, o seu punto de partida, baixo o epígrafe “unha vida de resistencia”.

















