Araújo: “O PP debe aclarar se está cos veciños da Ponte ou con Jácome”

IES CHAMOSO LAMAS

O portavoz de Cidadáns Ourense sinala que a asociación leva meses sufrindo ataques por parte de Democracia Ourensana

O portavoz do Grupo Municipal de Cidadáns, Pepe Araújo, pediu ao Partido Popular que aclare se está ao lado dos veciños da Ponte ou se está con Jácome, tras os ataques sufridos por esta asociación durante os últimos meses.

HIPER MASIDE

“A asociación de veciños da Ponte leva meses sufrindo unha persecución inxusta contra os seus asociados e dirixentes. Agora mesmo veñen de incumprir cun acordo que había para recuperar o espazo”, así o explicou o portavoz de Cs, tras a xunta de área de participación cidadá.

Nesta liña, Araújo insistiu en que “Jácome leva anos desprezando ás asociacións de veciños, considéraas unha cuestión menor. Pedimos ao PP que se posicione”.