A Deputación dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada por Inés Rodríguez

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Inés Rodríguez agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas, poñendo en valor a súa profesionalidade”

Con esta iniciativa, o goberno provincial realiza un recoñecemento especial en honra ás mulleres con profesións altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Deste modo, “promovemos ao longo de todo o ano a importancia das mulleres e o seu traballo facendo referencia a ditas profesións con figuras da provincia”, explicou a deputada de Igualdade, Teresa Barge

A Deputación de Ourense dedica o seu “8 de maio” á muller artesá, representada pola emprendedora Inés Rodríguez, que rexenta unha empresa de deseño téxtil artesán, Inés RIR&Co, quen agradeceu esta iniciativa que “contribúe a dar visibilidade ao traballo da muller no medio rural, especialmente nas profesións culturais e creativas poñendo en valor a súa profesionalidade”.

Así mesmo, Inés Rodríguez manifestou sentirse “moi orgullosa” desta referencia “na nosa provincia” no que respecta a esa artesanía que recupera a tradición e a une á innovación.

Con esta iniciativa “8M, mes a mes”, o goberno provincial realiza un recoñecemento especial en honra ás mulleres con profesión altamente masculinizadas ou de gran relevancia ao longo da historia. Deste modo, “promovemos ao longo de todo o ano a importancia das mulleres e o seu traballo facendo referencia a ditas profesións con figuras da provincia”, explicou a deputada de Igualdade, Teresa Barge.

Neste 8 de maio faise referencia á muller artesá baixo o lema “A (Arte)sanía da Muller”, que está representada por Inés Rodríguez, natural de Ourense. Inés é unha artesá do ámbito téxtil que mestura a tradición e a innovación no seu propio estudo situado en Allariz, onde elabora tecidos artesanais e únicos.

Conta cunha exitosa traxectoria que foi recoñecida en numerosas ocasións por diversos premios chegando a ser Premio Nacional de Artesanía 2023 na categoría Produto e finalista do Premio Nacional de Artesanía 2020 na categoría de Emprendemento.

A propia homenaxeada pola Deputación neste mes de maio explicou que o seu traballo “mestura a creatividade coa tradición artesán, o deseño e innovación para que a nosa cultura non se perda e evolucione cara o futuro mantendo a súa esencia”. Así mesmo, asegurou que “as profesión creativas e culturais son necesarias tamén nun medio rural vivo e poden ser unha oportunidade de traballo para moitas persoas, especialmente mulleres”.