Ribeiro en Común pide unha subvención directa do Concello á Cruz Vermella e a Caritas.

Ribeiro en Común rexistrou o pasado xoves sendas propostas para que o Concello favoreza a estas dúas Asociacións que axudan mensualmente a ducias de familias de Ribadavia e do Ribeiro en situación de necesidade.

O Concello de Ribadavia non pode continuar sen aplicar medidas sociais, cando quedan só dous meses para rematar a fiscalidade 2020 na cal existe desde maio 160,000 euros para axudas e gastos sociais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o goberno local, e a escasos 2 meses de pechar o exercicio 2020, continúan sen investir a partida creada, a proposta da Oposición, para gastos sociais.

Desde Ribeiro en Común consideramos que as Administracións non poden ser insensibles nin vivir de costas á realidade social de Ribadavia e do Ribeiro, mais cando lle consta a todo o mundo a dureza que viven moitas familias.

Diante desta deixadez e falta de sensibilidade, Ribeiro en Común volve tomar a iniciativa e ven de rexistrar pola vía de urxencia que o Concello destine parte das Axudas Sociais aprobadas en maio, e das cales apenas foi investido nada en axuda social, para que se axilice o seu obxectivo e se deriven a dúas asociacións que si van aproveitar moi ben estes recursos públicos para axudar a quen máis o necesita.

As axudas e as atencións que prestan estas dúas asociacións disparáronse coa crise social que nos está deixando a Pandemia. De feito, si xa antes realizaban unha labor encomiable neste momento Cruz Vermella e Caritas son indispensables para chegar a fin de mes para ducias de familias.

Neste sentido, Ribeiro en Común tivo os primeiros contactos con Cruz Vermella e Caritas para plantear esta proposta de colaboración desde o Concello, a cal foi moi ben recibida. Así mesmo, Ribeiro en Común ten solicitada unha xuntanza formal con ambas directivas para afondar aínda máis en outro tipo de colaboracións e poder explicar detalladamente a nosa proposta.

Un Nadal especial para todos.

Ribeiro en Común sabe que nestas datas e na campaña de nadal é cando máis gasto teñen estas asociacións, por iso o noso grupo presentou por vía de urxencia esta proposta, porque considera que hai que facer un esforzo maior para chegar a tempo á campaña de nadal. Inxustizas e situacións que se fan máis visibles nestas datas tan especiais.

O nadal é moi especial para os nenos e as nenas, polo que si todo ano as Administracións deben garantir unha infancia xusta e digna a todas as persoas, nestas épocas de crise debemos ser moito máis sensibles e solidarios.