A Igrexa de Santa María do Campo, no Irixo, sufrirá unha obra de rexeneración

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pasado 11 de maio asinouse un acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o concello do Irixo, co obxecto acometer as obras de rexeneración do conxunto de Santa María do Campo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O orzamento base de licitación deste contrato ascende á 123.205,27 €, cun valor estimado do contrato de 101.822,54 €.

O prazo de admisión das proposicións rematará aos 20 días, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio.

As obras consistirán na demolición, explanación e limpeza do terreo, escavación de gavias, construción de tubaxes de augas e liñas de comunicación e condución, pavimentación de rúas e explanación de parques.

O prazo de execución destas obras é de cinco meses.