Presentacion do libro de Carlos Méixome: “O Terror nas Tebras e outras catas na memoria “

IES CHAMOSO LAMAS

Será este próximo xoves ás 20:00 h en Ourense. O noso colaborador Carlos Méixome presentará o seu libro “O Terror nas Tebras e outras catas na memoria “

Naceu en Lalín pero pronto foi para O Carballiño. Estudou Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela. Foi profesor de Xeografía e Historia en centros da comarca de Vigo e o Val Miñor. En 1999 participou na fundación do Instituto de Estudos Miñoranos, do que foi director ata o 2015. Colaborou co Instituto Galego de Análise e Documentación (IGADI) publicando sobre a IugoslaviaCuba e Rusia. Desde o 2005 leva unha boa actividade memorialística sobre a persecución franquista no Val Miñor e no sur da provincia de Pontevedra.[1]

HIPER MASIDE

En 2015 publicou unha recompilación dos seus artigos xornalísticos co título Daquí e dacolá. Follas voadeiras. Desde 2014 mantén o blog Pé do Galiñeiro. Tamén colabora con A Nova Peneira.

Fonte : Galipedia