O voceiro do Partido Popular na Corporación do Carballiño, José Castro-Gil, cualificou de “partidista” a utilización que Espazo Común está a facer sobre o incremento das taxas domiciliarias por consumo de auga de depuración, derivadas do novo contrato asinado polo Concello e que entrou en vigor no pasado mes de marzo. Un tema que foi o punto de debate central da sesión plenaria celebrada esta mañá a petición de Espazo Común, e na que a maioría de votos do equipo de goberno do Concello rexeitou as propostas do grupo da oposición.
O tamén alcalde popular en funcións comparecía este mediodía ante os medios de comunicación, acompañado polas concelleiras Elvira Torres, Lorena Castro e Diana González, o concelleiro Miguel Fernández e o presidente da xestora local do PP, Antonio Cerdeira.
Castro-Gil lembrou que todo o proceso de adxudicación do novo contrato da auga foi riguroso, “dende o estudio de custes ata a elaboración dos pliegos de condicións, nos que xa viñan refrexados as taxas que agora se lle cobra a veciñanza”. “Queremos ter para O Carballiño a mellor rede de abastecemento e saneamento, xa que hai moitos anos que non se traballaba con ela”, apuntou o voceiro do PP.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ao respecto, lembrou a existencia dunha partida de 6,5 millóns de euros para investimentos contemplada no contrato da auga, ademais doutra de 1,5 millóns procedente do PERTE da auga e cuxas obras remataron a semana pasada e nas que se incluiron traballos na propia rede de abastecemento, de dixtialización dos contadores e acondicionamento da estación potabilizadora. Os proxectos cara o futuro comprenden a eliminación das tuberías de fibrocemento; a separación de augas fecais e pluviais na rede e a dotación dun servizo digno á poboación da zona rural do municipio, ademais da consignación dun fondo social de 13.000 euros anuais para atender as necesidades das familias con problemas económicos.















